Deportes

14/11/2026

A proba Ciclocross Viveiro disputarase este domingo, día 15 de novembro, desde as 10:00 horas nas inmediacións da piscina municipal de Celeiro. Na presentación deste evento deportivo participou a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, xunto con representantes da organización.

A competición, organizada pola Peña Ciclista Lar Viveiro, forma parte do calendario do Superprestixio Ciclocross 2026-2027 e reunirá participantes nesta modalidade deportiva nas inmediacións da piscina municipal de Celeiro.

O Concello de Viveiro agradece o traballo da Peña Ciclista Lar Viveiro e das entidades colaboradoras na organización desta cita deportiva e anima “á veciñanza a achegarse e desfrutar dunha mañá de ciclocross”.

Etiquetas:
12/11/2026

Foz prepárase para vivir unha nova edición de ARENKA VII, un evento que este sábado, día 14 de novembro, reunirá “deporte, espectáculo e convivencia arredor do kickboxing e do K1, consolidándose como unha das citas destacadas desta disciplina na provincia de Lugo”, anuncia o Concello de Foz, que explica: “nesta edición disputaranse un total de 13 combates, nos que 13 deportistas representarán ao club Ari Foz, demostrando o traballo, a dedicación e o esforzo que hai detrás de cada preparación. Ademais estarán en xogo tres cinturóns ARENKA, que terán como protagonistas a Rodrigo, Javi e Alberto, este último recentemente chegado dun Mundial, o que engade un atractivo especial á velada. Os deportistas visitantes chegarán de diferentes puntos de Galicia, entre eles Ourense, Vigo, A Coruña e Pontevedra, convertendo Foz nun punto de encontro para clubs e afeccionados...

leer más
Etiquetas:
09/11/2026

Nas últimas horas foi presentada a V marcha BTT A.D. Augas Santas que é organizada pola asociación deportiva que lle da nome á proba e coa que colabora o Concello de Barreiros. Ao acto de presentación asistiron a alcaldesa, Ana Ermida, o concelleiro de Dinamización e deputado provincial, Dani García, o xefe provincial de deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, así como membros da entidade organizadora. 

A marcha é unha proba cicloturista non federada e non competitiva que discorre polo concello de Barreiros, pasando polos miradoiros de Penabor e Comado e polas inmediacións do Santo Estevo do Ermo. A maioría do percorrido transcorre por camiños e sendeiros que estarán sinalizados mediante cintas de balizamento, spray biodegradable e frechas de cor vermella. 

Nesta edición ofrécense dúas opcións de percorrido: Unha...

leer más
Etiquetas:
05/11/2026

Muras acollerá o este domingo, día 8 de novembro, a novena edición do Trail das Bestas, organizado polo Concello de Muras coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que anuncia: “medio milleiro de persoas inscribíronse para participar na proba que, nesta edición, suma unha nova modalidade de participación, un Mini Trail, de 8 quilómetros e un desnivel de 350 metros, que serve como primeiro contacto con este deporte. Poderase participar nesta modalidade a partir dos 14 anos. As outras modalidades de participación son: Maratón, de 43 quilómetros e 2.100 metros de desnivel, o Trail Classic, de 27 quilómetros con 1.400 metros de desnivel, Trail Curto, de 12 quilómetros e 700 de desnivel, e a Andaina, de 8 quilómetros de 350 metros de desnivel”.

O deputado provincial de Rural, Daniel García, e o alcalde de Muras, Manuel Requeijo...

leer más
Etiquetas:
02/11/2026

Barreiros acollerá este domingo, 8 de novembro, a oitava edición da carreira popular Ao Son do Masma, un evento “xa consolidado no calendario deportivo do municipio que organiza o Colectivo Cultural Ollomao en colaboración co Concello. A cita servirá un ano máis para poñer o punto e final ao circuíto municipal de carreiras populares +KmsBarreiros, concibido para promover a vida saudable, o contacto coa contorna natural e a dinamización do tecido veciñal”.

O Concello de Barreiros explica tamén que “o circuíto desembarca en Celeiro de Mariñaos cun aliciente deportivo máximo: tras varias citas ao longo do ano, os puntos finais en xogo decidirán as clasificacións xerais, onde as diferenzas son mínimas e a emoción está garantida ata os últimos metros. A xornada arrancará ás 10:30 horas coa andaina popular (con opcións de 8,6 e 5,6...

leer más
21/10/2026

A Gladiator Kids volve a Ribadeo con carácter solidario. A proba de obstáculos infantil terá lugar este domingo, 25 de outubro. O importe das inscricións será doado integramente á Cruz Vermella ribadense.

A Gladiator Kids regresa a Ribadeo, unha proba de obstáculos para os máis pequenos da casa cun fin solidario. A carreira está dirixida a nenos e nenas entre 3 e 12 anos.

Dita xornada, patrocinada por Mediolanum Aproxima (o proxecto solidario de Banco Mediolanum), pola Fundación Mediolanum en España e polo Concello de Ribadeo, será na Praza de España a partir das 12:00 horas. O custo das inscricións é de 6,20 euros e pode abonarse a través da web oficial da carreira:...

leer más
Etiquetas:
14/10/2026

A primeira edición da Milla Internacional do Cantábrico (MIC) celebrarase esta fin de semana, os días 17 e 18 de outubro, en Viveiro, con máis de 500 persoas inscritas segundo o total, xa pechado, publicado pola organización. A cita, que conta co apoio da Deputación de Lugo, reunirá atletismo de elite, deporte popular, carreiras para as categorías base e unha proposta inclusiva, cun programa que combina competición e actividades para achegar este deporte á cidadanía.

Carmela López, a presidenta da institución provincial, participou este mércores na presentación do evento, promovido polo Concello de Viveiro coa colaboración do CD CAMOVI. No acto estiveron tamén a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde; o presidente do CD CAMOVI, Felipe Martínez; ou o deportista Adrián Ben, entre outras autoridades.

López destacou a importancia de que...

leer más
Etiquetas:
13/10/2026

O Concello de Cervo colabora co Club Xadrez San Roque, de Viveiro, na organización de clases de xadrez que se desenvolverán os mércores, de 16:45 a 18:00 horas, na Casa do Mar.

A presentación da actividade correu a cargo da alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada por Aitor López, presidente do Club Xadrez San Roque e mestre desta disciplina, que será o encargado de dirixir as clases.

O Concello de Cervo explica que esta iniciativa “ofrece ás nenas e nenos do municipio a oportunidade de achegarse ao xadrez, aprender e mellorar as súas habilidades nunha actividade que fomenta a concentración, a memoria, a paciencia, o razoamento lóxico e a toma de decisións”.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou a importancia de apoiar propostas deportivas e de lecer dirixidas á infancia e á...

leer más
Etiquetas:
13/10/2026

A décimo terceira edición do Aberto de Billarda Vila de Ribadeo disputarse este domingo, día 18 de outubro, ás 11:00 horas no campo do Outeiro, que está na parroquia de A Devesa.

Esta proba deportiva, que está organizada polo club ribadense Billardeiros Musicais, forma parte da segunda xornada da Liga Nacional de Billarda (LNB).

09/10/2026

Ribadeo acollerá a proba Gravel Rebels de ciclismo o día 24 de outubro, sábado. Está organizada por Galician Gravel Cycling, que conta coa colaboración do Concello ribadense.

A inscrición está aberta ata o día 23 deste mes e hai tres modalidades: Gravel Rebels track grande; solo menú picoteo acompañante + 1 extra; e Gravel Rebels track pequeno.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anuncia que “os amantes do ciclismo teñen unha importante cita o vindeiro 24 de outubro en Ribadeo coa Gravel Rebels, na que se darán cita un máximo de 60 participantes. O aforo destas convocatorias é moi limitado. As saídas fanse en varios grupos de forma escalonada”.

Os organizadores explicaron que “é unha modalidade recente que ten aspectos de aventura, integradora e inclusiva, que conectará...

leer más