Deportes
O Concello de Viveiro acolleu a presentación da regata III Bandeira de Bateis Concello de Viveiro, organizada polo Club de Remo Celeiro. Terá lugar no porto de Celeiro o día 8 de marzo, sábado. O evento deportivo comezará ás 15:30 horas.
Participaron na presentación a alcaldesa, María Loureiro, e tres representantes do club: a súa presidenta, Belén Pérez Pérez; a tesoureira, Lucía Esquerdeiro Cabarcos; e o secretario, Óscar Canoura González.
Participarán na proba entre 10 e 12 clubs do norte de Galicia en todas as categorías, dende alevín a veteranos. Todos os clubs participantes proveñen da provincia da Coruña agás o propio Club de Remo Celeiro, único representante da provincia de Lugo.
“É unha excelente noticia que se celebre un ano máis esta regata, que se realiza grazas ao enorme...
leer másOs Sendeiros de Foz continuarán así a realizar o Camiño dos Faros coa ruta prevista para o 9 de marzo. Segundo explican haberá unha ruta curta de 4 quilómetros e fácil de facer e 12 quilómetros de dificultade media. O xantar será en Corme.
A saída será ás 7 da mañá desde Foz e ás 7:15 horas desde Ferreira. O prezo para os socios federados é de 50 euros, para os non federados de 55 euros e para os socios temporais 60 euros. O xantar está incluído.
O último día para anotarse é o 4 de marzo. Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo.
O concello de Cervo será o escenario o domingo 2 de marzo da tradicional Ruta de Enduro Medela MTB, que xa vai pola XIV edición.
Esta cita deportiva foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; o edil de Deportes, David Rodríguez, e polos membros do club organizador David e Víctor Riera na contorna da piscina municipal, que será o punto de saída e a meta da proba.
O Concello de Cervo explica que “a carreira, de dificultade media-alta, será duns 30 quilómetros, 1.200 metros de desnivel acumulado e permitirá desfrutar de 4 tramos acondicionados polos membros do club durante os últimos meses con moito traballo e esforzo para que os amantes do enduro poidan gozar da competición ao máximo”.
A alcaldesa e o concelleiro quixeron agradecerlles, unha vez máis, aos integrantes do club o...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola ruta do Mazo de Meredo, no municipio asturiano de Vegadeo, para o día 22 de febreiro, sábado. A distancia a percorrer son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Piantón.
A saída será ás 08:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 15:00 horas do xoves 20 de febreiro. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta ao Chao do Pousadoiro en Ribeira de Piquín. Será o sábado, 15 de febreiro, con saída ás 8:30 horas da estación de autobuses.
Será un percorrido de 9 quilómetros, de dificultade fácil. A organización recomenda levar bastón e calzado axeitado. O prezo para os socios é de 35 euros e para os non socios de 45 euros. Inclúe autobús, xantar e seguro.
As persoas interesadas en participar poden anotarse n grupo de whatsapp da asociación ou nos teléfonos: 666 60 98 75 e 676 02 31 77 antes do xoves, 13 de febreiro.
O Concello de Trabada e a asociación Trabada paso a paso organizan a primeira ruta de sendeirismo do ano 2025 dentro do seu programa de actividades. A cita terá lugar o día 2 de marzo, domingo, e percorrerá o traxecto entre Vilapercide e Vilaformán.
O Concello de Trabada anuncia que “a ruta, cunha distancia de 10 quilómetros e unha dificultade media, incluirá visitas puntos de interese patrimonial e cultural, como a Igrexa de Vilapena e a antiga escola de mestres. Ao remate do percorrido, os participantes poderán gozar dun xantar no Teleclube de Vilaformán, en compañía dos veciños e veciñas da parroquia”.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta iniciativa: “desde o Concello apoiamos as actividades elaboradas en conxunto coas diferentes asociacións, dado que cremos que debemos manter un...
leer másEste domingo, día 9 de febreiro, ás 17 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz presentarase a primeira parte dun documental de homenaxe ós máis de 40 anos de vida do C.D. Alfoz.
Nese vídeo recóllense anacos de historia da boca de moitos dos protagonistas dos anos dourados do club, explican os organizadores desta actividade.
O pavillón da rúa Alfredo Deaño acollerá o vindeiro domingo, 2 de febreiro, desde as 11 da mañá unha xornada da liga autonómica benxamín de hockei liña, que contará coa participación de equipos de A Coruña (Brigantium), Lugo (Meigas e Lóstregos), Asturias (Guajes) e Ribadeo (Os Trasnos).
A cita está organizada polo Club de Hockey Isla Pancha. Colaboran: Concello de Ribadeo, Federación Galega de Patinaxe, Xunta de Galicia e Deporte Galego.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “van participar 70 xogadores procedentes de varios puntos de España. O torneo vaise disputar nas modalidades de individual, dobres e dobres mixtos. Dará comezo ás 9:30 horas e rematará cara as oito da tarde coa entrega de trofeos”.
Silvent subliñou que “é un Máster puntuable para o circuíto nacional de bádminton”.
O edil ribadense dixo que “Ribadeo aumenta as súas modalidades deportivas locais. Consideramos que para os amantes do bádminton é un aliciente poder presenciar un evento destas características na nosa vila, xa que estamos a falar dun Máster a nivel nacional”.
Colaboran co Club de Bádminton da Mariña o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 9 de febreiro, domingo, unha ruta pola Serra do Edramo, no municipio de Samos. A saída desde Foz será ás 07:00 horas e ás 07:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 4 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e destaca: “haremos parte de la ruta de la Sierra del Edramo, en concreto caminaremos 9 kilómetros, para después...
leer más