Trabada

Etiquetas:
19/05/2026

O Concello de Trabada vén de rematar as obras de mellora no Teleclub de Sante, local social da parroquia, nun proxecto que supuxo un investimento de máis de 50.000 euros e que foi posible grazas a un convenio asinado coa Deputación de Lugo. Con motivo da finalización dos traballos, o alcalde de Trabada, Rubén García, convida á veciñanza a participar nun acto de inauguración que terá lugar este venres 22, a partir das 20:30 horas, no propio local social, especialmente aos veciños e veciñas da parroquia de Sante.

O Concello de Trabada explica que “as actuacións permitiron renovar tanto o exterior como o interior destas instalacións municipais. No exterior levouse a cabo a construción dunha rampla de accesibilidade, ademais do pintado integral do edificio. Xa no interior realizouse unha reforma completa coa instalación dun novo teito, novo...

leer más
Etiquetas:
14/05/2026

A Xunta de Galicia anuncia que renova o seu apoio á Asociación de Veciños San Xulián de Sante, no municipio de Trabada, para a organización do II Descenso de Carrilanas, que se celebrará na parroquia o sábado 30 de maio. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do evento xunto a membros da entidade organizadora, entre eles o seu presidente, Miguel Linares.

A proba “discorrerá por un itinerario de 2.150 metros, con saída desde o barrio do Castro e chegada ao barrio da Igrexa. O trazado destaca pola súa rapidez e dificultade técnica, con fortes pendentes e tres tipos de asfalto distintos ao longo do percorrido. Como particularidade, inclúe un punto radar nun dos tramos de maior desnivel, no que o ano pasado o vehículo máis rápido acadou os 93 quilómetros por hora”, anuncia a Xunta de Galicia, que...

leer más
11/05/2026

O Concello de Trabada abrirá este martes, día 12 de maio, o prazo de inscrición para participar tanto no campamento de verán como no campamento xuvenil, dúas iniciativas que volverán desenvolverse durante os meses de xullo e agosto nas instalacións municipais. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 5 de xuño. Ambos campamentos celebraranse de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O campamento de verán está dirixido a nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2022, mentres que o campamento xuvenil está enfocado á mocidade nacida entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013.

Desde o Concello destacan “a elevada participación que o campamento de verán vén rexistrando nos últimos anos, consolidándose como unha das actividades máis demandadas polas familias...

leer más
Etiquetas:
07/05/2026

O alcalde de Trabada, Rubén García, xunto cos membros da asociación Cabaleiros de Trabada, presentaron o cartel dunha nova edición da celebración de San Fernando, que terá lugar o vindeiro sábado 30 de maio na Capela de San Fernando, en Valboa.

Este evento, organizado conxuntamente polo Concello de Trabada e a asociación Cabaleiros de Trabada, “volve apostar pola recuperación e posta en valor das tradicións locais, cunha xornada completa de actividades para todos os públicos.

A programación dará comezo ás 9:30 horas coa saída a cabalo desde o pavillón municipal ata a capela de San Fernando. Ás 12:00 horas celebrarase a misa e procesión, acompañada de gaitas, e a continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada por The Sound Project. Ao longo da xornada tamén haberá exposición de gando cabalar, degustación...

leer más
30/04/2026

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño (Foz), representará en Trabada a comedia titulada O Autobús. Será este sábado, día 2 de maio, ás 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.

O Concello de Trabada anuncia que “o ciclo teatral continúa coa representación de O Autobús, unha comedia do grupo O Centiño, escrita e dirixida por Pepe Peinó”.

Etiquetas:
29/04/2026

O Concello de Trabada ultima os detalles para a celebración da VII Festa Gastronómica da Enfariñada, que terá lugar este domingo, día 3 de maio, a partir das 12:00 horas na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque.

A poucos días da celebración desde o Concello fan un chamamento á veciñanza e visitantes para que se acheguen “a gozar dunha das citas máis destacadas do calendario local, que cada ano reúne a centos de persoas arredor da gastronomía e a tradición”.

A festa contará, como é habitual, coa elaboración en directo da enfariñada por parte de máis de 40 veciños e veciñas voluntarios, “mantendo viva esta receita tradicional que se converteu nun símbolo do municipio”.

Un ano máis, a Asociación Saúde Mental A Mariña encargarase da elaboración das cuncas da festa, dentro da...

leer más
21/04/2026

O alcalde de Trabada, Rubén García, recibiu este martes no Concello aos membros da Asociación Saúde Mental A Mariña, entidade coa que o municipio mantén unha colaboración continuada ao longo dos últimos anos. Esta asociación foi a encargada de elaborar as cuncas que se empregarán na vindeira edición da Festa da Enfariñada, “reforzando así o vínculo entre o Concello e este colectivo, que desenvolve un labor fundamental no ámbito social”. Desde o Concello de Trabada destacan tamén “a importancia de apoiar iniciativas como esta, que contribúen á inclusión e á visibilización do traballo que realiza Saúde Mental A Mariña”. Ademais no marco da celebración da Festa da Enfariñada, que terá lugar o próximo 3 de maio, os propios membros da asociación estarán presentes cun posto no que ofrecerán diferentes produtos.

O alcalde, Rubén García, sinalou...

leer más
Etiquetas:
16/04/2026

O Concello de Trabada anuncia que celebrará o domingo 17 de maio unha nova edición do tradicional Encontro dos Maiores, “unha xornada especialmente emotiva que reúne a veciños e veciñas de todas as parroquias do municipio para compartir un día de convivencia e homenaxe. Este encontro, dirixido ás persoas maiores de 65 anos e aos seus cónxuxes, converterase un ano máis nun espazo de recoñecemento á dedicación e ao traballo de toda unha vida, nun ambiente de celebración e unión veciñal”.

A programación dará comezo ás 13:00 horas cunha sesión vermú no pavillón municipal de Trabada, seguida do xantar ás 14:00 horas. A xornada completarase coa entrega de agasallos e baile para todas as persoas asistentes.

Nos vindeiros días as persoas destinatarias recibirán unha carta nos seus fogares coa invitación e información...

leer más
Etiquetas:
14/04/2026

Trabada acollerá o domingo 3 de maio a partir das 12:00 horas a VII Festa Gastronómica da Enfariñada, que nesta edición se celebrará na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque. “Debido ao crecemento continuo do evento foi necesario ampliar o espazo”, explica o Concello de Trabada, que engade: “esta festa, xa consolidada no calendario local, destaca pola súa esencia tradicional e pola implicación da veciñanza. Máis de 40 voluntarios e voluntarias participarán na elaboración da enfariñada in situ, mantendo viva unha receita tradicional que cada ano reúne a centos de persoas”. Ademais destaca que “nesta edición volverá haber opcións sen glute, reforzando así o carácter inclusivo do evento. Ademais repetirán as fiolleiras de Muimenta, que elaborarán as súas tradicionais filloas, e como novidade, contarase coa participación da Sociedade Cultural Ledicia, que...

leer más
13/04/2026

Trabada acollerá os días 25 e 26 de abril, sábado e domingo, unha nova edición da romaría de San Marcos, “unha das festas e feiras máis emblemáticas e con maior tradición do municipio, que terá lugar na área recreativa da A Cadeira”, anuncia o Concello de Trabada.

O alcalde, Rubén García, acompañou aos veciños e veciñas da parroquia de Órrea na presentación do cartel desta edición, destacando “a importancia de manter vivas as tradicións e de seguir apoiando este tipo de eventos”.

O programa dará comezo o sábado 25 de abril coa feira anual de gando cabalar e a exposición de gando a partir das 12:00 horas, así como o concurso morfolóxico oficial de cabalos de pura raza galega, con seccións de sementais, eguas e poldros ata 3 anos. A xornada completarase coa misa solemne e procesión ás 13:30 horas e sesión vermú...

leer más