Boimente
A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que promocionará a carne de poldro de Pura Raza Galega da rapa das bestas de Candaoso, en Boimente, no concello de Viveiro, que se celebrará o 5 de xullo.
A través do programa de promoción de produtos de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto, a área dirixida polo deputado provincial Daniel García ofrecerá unha degustación de hamburguesas de poldro, “poñendo en valor a cría de cabalos en liberdade nos montes de Buio e Lerín como actividade produtiva e provedora de alimentos de calidade”.
Na presentación desta colaboración, Daniel García destacou que “a rapa de Boimente é unha mostra da importancia que o cabalo ten na configuración da cultura, da paisaxe e da actividade gandeira na Mariña” e explicou que “o obxectivo destas actividades de degustación é ...
leer másA parroquia de San Andrés de Boimente, no concello de Viveiro, celebra a festa na honra a Corpus Christi este sábado, día 24 de maio.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará a verbena xunto a El Combo Dominicano.
O campo da festa estará cuberto con carpa.




