Rapa das bestas
Este domingo, 4 de agosto, celebrarase a Rapa das Bestas en Santo Tomé, en O Valadouro.
Dende primeiras horas da mañá procederase á baixada dos cabalos para o curro e entrarán no recinto sobre as 11:00 horas, tamén baixará o gando vacún. Despois terá lugar a rapa tradicional.
A partir das 12:00 horas e ata as 16:00 horas será o prazo para anotarse ás carreiras, ao tiro á corda e arrolamento de rolos. Haberá sesión vermú co Dúo Estrellas. Ademais desde as 12:00 ata as 15:00 horas poderán degustarse gratuitamente hamburguesas e chourizo de poldro, organizado por PuRaGa e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Pola tarde celebraranse os concursos con premios para as carreiras de galope con cabalos do país e con cabalos cruzados. Os primeiros de cada modalidade recibirán 90 euros...
leer másEste fin de semana, días 6 e 7 de xullo, celébrase a rapa das bestas, declarada de interese turístico, do curro de Candaoso nos montes de Buio e Lerín, en Boimente (Viveiro).
O sábado 6 ás 20:00 horas haberá unha degustación gratuíta de chourizos e minihamburguesas de poldro, cortesía de PURAGA. Á noite terá lugar a verbena amenizada polo grupo Fenix e a disco móbil Decibelios.
O domingo 7 ás 10:00 horas terá lugar a baixada do gando e peche do curro. Ás 12:00 h haberá unha degustación gratuíta de chourizos e minihamburguesas de poldro, e ao mediodía celebrarase unha sesión vermú co grupo Fenix. Entre as 15:30 e as 17:00 h., faranse as inscricións no circuíto das carreiras, e ás 17:30 h. darán comezo as carreiras e competicións. Ao finalizar as probas será a entrega de premios no campo da festa.
... leer más