IA
O venres 6 de xuño ás cinco e media da tarde a Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo El Viejo Pancho acollerá o evento titulado Soberanía Dixital V: A IA. Posibilidades e perigos.
“Unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e comprensión dunha ferramenta cada vez máis ubicua, de uso cada vez máis xeneralizado tanto a nivel persoas como empresas ou institucións, e abranguendo cada vez máis actividades. Nesta ocasión o evento de amarinha.gal terá un formato de debate entre os enxeñeiros Mario Penelo e José Manuel Ventoso, ambos movéndose con familiaridade no entorno da IA. O debate será moderado pola escritora Lucía Ferro. Asemade haberá tempo para un pequeno coloquio posterior”, explica o grupo amarinha.gal, que engade: “esta é a quinta actividade do ciclo que se desenvolverá ó longo de...
leer másO Vicedo acollerá este venres, día 22 de novembro, un curso de Intelixencia Artificial. Será de 16:30 a 18:00 horas na Aula CeMIT, que anuncia: “a través deste curso gratuíto farase unha introdución a conceptos básicos da Intelixencia Artificial mediante exemplos prácticos e algunhas aplicacións da IA no día a día”.
As inscricións están abertas e as prazas son limitadas.
Para máis información as persoas interesadas poden contactar coa Aula CeMIT na Casa da Cultura do Vicedo, a través dos correos electrónicos cemit.ovicedo@gmail.com ou cemit.ovicedo@xunta.es ou do teléfono 982.59.01.95.