Festa do Bacallau

05/12/2025

A Xunta de Galicia anuncia que apoia a I Festa do Bacallau organizada pola asociación Bispo Santo, de Foz, que se celebrará este domingo, día 7 de decembro, na área recreativa do Bispo Santo, en Forxán.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este venres na presentación da cita, que incluirá unha cea a partir das 21:00 horas, na que o bacallau será o prato principal. A continuación actuará a orquestra París de Noia. A celebración comezará ás 14:00 horas coa animación dun DJ. Todas as actividades desenvolveranse baixo unha carpa.

Arias destacou que as festas gastronómicas “xogan un papel relevante á hora de dinamizar as parroquias e fomentar a cohesión veciñal”. Nese sentido, afirmou que “a Xunta colabora co tecido asociativo da provincia para impulsar actividades lúdicas, culturais e...

leer más