Forxán
09/08/2025
A parroquia de Forxán, en Foz, acollerá a terceira edición da Festa do Mexillón, que terá lugar o vindeiro 15 de agosto ás 14:00 horas na área recreativa do Bispo Santo.
Por só 15 euros, o público poderá gozar dun completo menú composto por unha ración de mexillóns, empanada, bebida (auga ou viño), requeixo e café. Ademais haberá carpa e servizo de bar.
O evento contará cunha actuación musical en directo, DJ e colchonetas infantís gratuítas, converténdose nun plan perfecto para desfrutar en familia ou con amigos.
Os tíckets xa están á venda nos bares O Candil (San Martiño), Escairo (Marzán) e Pachán (Foz), ademais de Mercacartuchos (Foz). Para máis información cómpre chamar ao 982 877 446.