festa do mexillón
O Concello de Cervo presenta unha nova edición da Festa do Mexillón de San Ciprián, que se celebrará o sábado 21 de febreiro de 2026, “consolidándose como unha das citas gastronómicas e festivas máis destacadas do inverno na Mariña na súa XXXII edición”.
O evento contará coa participación de dez establecementos hostaleiros da localidade (O Porto, Maruxaina, O Encontro, A Penúltima, Las Titas, O Faro, Bar Habana, O Noso Lar, O Trasgo e Bodega de Ana), que ofrecerán diferentes elaboracións con mexillón como protagonista, “poñendo en valor a calidade do produto e o bo facer da hostalaría local”, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “a programación completarase cun amplo abano de actividades musicais e de animación na rúa. A mediodía coas agrupacións locais Fol do Raxal e A Rebolaxe, e xa a partir das 19:00 horas coa Charanga da Carmiña e...
leer másEste sábado, día 15 de xuño, o Centro Social Xebra, de Burela, ofrece unha xornada gastronómica co mexillón como protagonista a partir das 20 horas.
A organización anuncia que “o último sábado da primavera culmina por todo o alto no centro social Xebra, situado na rúa Leandro Cucurny número 19, cunha festa do mexillón e bingo alternativo durante o serán. O local abrirá as súas portas ás 20 horas e ofrecerá racións de mexillón e cartóns para xogar a un sorteo de varios produtos de artesanía”.
A organización solicita que a xente interesada en asistir escriba ao correo electrónico xebraburela@gmail.com para reservar asento. Os fondos recadados irán destinados á asociación cultural que xestiona o centro social.




