Foz
A Peña Ñasss e a comparsa As Farangullas organizan a Sardiñasss en Foz este sábado, día 11 de xullo, desde as 19:00 horas. A música será a cargo do dúo de DJ´s Grande Osso.
“Xa está aquí a Sardiñasss ‘26. O clásico dos clásicos do verán focego.
Pan, sardiñas, bolo preñado, cachelos e viño ou auga. No Paseo da Ribeira (ao lado de Portochico). E despois, queimada popular de balde.
Todo isto e moita festa co bar das Faragullas e cos inimitables Grande Osso para un sábado marabilloso”, anuncia a organización.
A parroquia de Santa Cilla, no municipio de Foz, celebrarás festas na honra da Virxe do Carme esta fin de semana, desde o venres 10 ata o domingo 12 de xullo.
As actividades comezarán o venres ás 21 horas con Churrascada e Chourizada amenizada polo grupo Lume e a orquestra Capitol.
O sábado ás 14 horas haberá sesión vermú a cargo do grupo Montreal, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo La Tremenda.
E o domingo ás 13 horas celebrarase misa solemne, procesión e sesión vermú no campo da festa a cargo do dúo Belinda, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde desde as 19 horas.
A organización dos festexos tamén anuncia que o domingo a partir das 19 horas haberá inchables gratis para os nenos, que o recinto estará cuberto con carpa e que dispoñen de amplos...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha excursión para facer un descenso en piragua polo río Sella, en Asturias, o día 26 de xullo, domingo. A saída desde Foz será ás 07:30 horas.
Os prezos desta actividade son: 90 euros para socios e 95 euros para as persoas que non pertencen ao colectivo organizador.
O prazo para anotarse remata o 14 de xullo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta actividade a organización recomenda “levar roupa para mollarse, ganas de divertirse e escarpíns”.
O Concello de Foz arranca un dos seus programas estivais por antonomasia, as Noites Alternativas: actividades deportivas e de ocio para a xuventude, en enclaves emblemáticos de Foz coma a Praia da Rapadoira e o Polideportivo do Campo da Cabana, anuncia o Concello, que engade que as actividades serán para rapaces a partir dos 10 anos os luns, martes e mércores e requiren inscrición previa ata o día anterior á actividade no correo electrónico asnoites@concellodefoz.es. A documentación e toda a información está a disposición na páxina web do Concello.
O concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández Neira, explica que “as actividades son variadas, inícianse ás 22.00 horas deste luns, co fútbol sala 3x3, ata o mércores; seguimos co lasertag o 27 e 28 de xullo; o wipeout o 3, 4 e 5 de agosto; o...
leer másO Concello de Foz presenta o cartel e o programa das festas do Carme 2026, que serán do 10 ao 16 de xullo, “unha celebración que xunta emoción, traballo unido da veciñanza e festa”.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “as alfombras florais sobre as que pisarán os porteadores da Virxe están sendo deseñadas polos veciños das rúas polas que pasa a procesión, este ano no barrio do Campo da Cabana, pola rúa do Mar e a parte de arriba da praza Rosalía de Castro. Anímamos a veciños e visitantes a achegarse o día 15 pola tarde ao percorrido no que poderán unirse na confección das floridas alfombras; tamén se o desexan poden axudar nos traballos previos de tintado do serrín, corte de flores e realización de debuxos, só teñen que chamar ao 982.140.027 extensión 3 e poñerémolos en contacto coas diferentes cuadrillas das rúas...
leer másO Concello de Foz “non para e continúa o seu traballo na área cultural. Despois dun exitoso certame de teatro afeccionado no mes de xuño, o mes de xullo tamén ven cargado de actividades”, anuncia a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que explica: “esta primeira fin de semana de xullo damos comezo ao ciclo de concertos Sons na Rúa, na que os grupos locais nos deleitarán con actuacións ás 21.00 horas nas prazas do concello. Neste caso arrancamos co grupo da Escola de Música Municipal MPlan, que tocará na Praza Rosalía de Castro. Tamén abrirá este venres a Feira Galega de Artesáns, que estará toda a fin de semana na Praza Conde de Fontao, en horario de 12 a 14 e de 18 a 23 horas”.
Inés López engade: “para quen lle apeteza unha boa cea, na Espiñera organizan a súa 4ª Torresmada Popular o sábado a partir das 20.30 horas amenizada ademais...
leer másA décimo sétima edición do Encontro Internacional de Corais Vila de Foz terá lugar na basílica de San Martiño este sábado, día 27 de xuño, ás 19:30 horas.
Será o terceiro Memorial Carmen Alonso e actuarán a Coral Real Capilla, de Aranjuez; o Orfeão da Madalena, de Vila Nova de Gaia (Portugal) e a Coral Polifónica de Foz, que é a organizadora deste evento, que patrocina o Concello de Foz.
O Concello de Foz únese á reivindicación do Día Internacional do Orgullo LGTBIQA+, “reafirmando o noso compromiso coa diversidade e a igualdade real”, anuncia a concelleira de Igualdade, Ana Rojo, que engade: “como cada ano, o Concello de Foz tingue coas cores do arco iris o balcón da Casa do Concello e do resto dos edificios institucionais, coas bandeiras identitarias, símbolo do colectivo LGTBIQA+, bandeiras que penderán das fachadas ata o remate do mes de xuño, conxuntamente co acendido das luces que iluminarán a fachada da Casa do Concello a modo de celebración e símbolo do colectivo, que se conmemora este 28 de xuño”.
Ademais Ana Rojo salienta: “queremos destacar a nosa meta de construír un concello libre de discriminacións por xénero ou por orientación sexual, onde caben todas as realidades, rompendo estereotipos culturais e sociais...
leer másEste venres, día 26 de xuño, ás 20:30 horas terá lugar na librería Bahía, de Foz, a presentación do libro titulado Mazarelos, escrito por Manuel Portas e editado por Galaxia.
Acompañando ó autor estará o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
A parroquia de Cordido, no municipio de Foz, organiza diferentes actividades o día 23 de xuño, martes, con motivo da fogueira de San Xoán.
Os actos, organizados pola asociación de veciños San Xulián de Cordido, comezarán ás 16:00 horas con colchonetas gratuítas, animación e música e actividades para os máis pequenos a cargo de Puzzle Animación. Ás 20:00 horas haberá un concerto de Acordeonistas da Mariña e desde as 21:00 horas repartirán racións de churrasco, panceta, chourizo, pan e viño ou auga a 10 euros.
As actividades continuarán ás 22:00 horas con animación a cargo de Puzzle e ás 00:00 horas será o acendido da fogueira de San Xoán.












