Foz
O Concello de Foz continúa mellorando os servizos culturais, neste caso da súa biblioteca e sala de estudos. No ano 2021 a biblioteca municipal aumentou o seu horario ás tardes de luns a xoves, “servizo moi necesario e demandado. Agora configurase un novo horario que aumenta e mellora o servizo”, anuncia a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que explica: “o novo horario de biblioteca será de luns a venres pola mañá de 8.30 a 14.00 e pola tarde de 15.00 a 20.00 horas, o que supón a nova apertura no horario do venres pola tarde. Esta semana xa estará aberta. Ademais o horario da sala de estudos tamén terá unha mellora: será de luns a venres de 8.30 da mañá a 8 da tarde de forma ininterrompida”.
Inés López destaca que “a boa acollida da apertura, no pasado mes de novembro, da sala de estudos da biblioteca de Foz demostra que é unha...
leer másAcia Foz-CCA sorteará o 24 de marzo 500 euros en vales de compra na campaña do día do pai, que arrincou o 10 deste mes e que se prolongará ata este mércores, día 19.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou na presentación que “aquelas persoas que fagan as súas compras, entre os días 10 e 19 deste mes, por importes superiores a 10 euros nos comercios do CCA están a recibir papeletas para participar no sorteo de 500 euros en vales de compra, que realizaremos o 24 de marzo en Radio Foz. En xogo poñeremos 5 premios de 100 euros cada un deles”.
Paleo lembrou que “no comercio de Foz van poder atopar todo o que precisan para agasallar aos papás, aos Pepes e ás Pepitas. E toca celebrar esta xornada na hostalería local, en familia e cos amigos”.
O director xeral de Comercio,...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza este venres, 21 de marzo, ás 20:30 horas na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz unha palestra de Alba Díaz Geada sobre as mudanzas históricas na Mariña e na Galiza na segunda metade do século XX.
Alba Díaz Geada, profesora de historia na Universidade de Santiago de Compostela e veciña de Nois, ven de publicar un libro titulado Unha historia pequena da Galiza rural (1939-1982), onde analiza os cambios no rural galego, con referencias ao acontecido na Mariña e en Foz.
O Club Baloncesto Celtas, de Foz, organiza unha comida baile para o día 12 de abril, sábado.
Será no restaurante O Rincón do Mis e o prezo é de 35 euros por persoa. As entradas pódense reservar por whatsapp nos números 690.81.38.64 ou 692.578. 762 ou a calquera compoñente da directiva do CB Celtas.
O Concello de Foz organiza un obradoiro gratuíto titulado Coñece o teu solo pelviano. Será o día 17 de marzo, luns, de 18 a 20 horas no salón de conferencias do CENIΜΑ.
Esta actividade está dirixida a mulleres de todas as idades do concello de Foz e será impartido por María González Cociña, matrona e directora de Centro M Burela.
A asociación veciñal O Torques, de Marzán (Foz), celebrará a vixésimo quinta edición da súa cea baile de irmandade o día 22 de marzo, sábado, a partir das 21:30 horas no restaurante O Rincón do Mis. Haberá música en directo, a cargo do dúo Epo-K e sorteo de agasallos.
As prazas son limitadas e o último día de venda de tarxetas será o luns 17 de marzo.
O grupo musical Acordeonistas da Mariña, de Burela, actuará no Centro Social de Cangas de Foz este domingo, día 16 de marzo, ás 19:00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo.
É unha actividade incluída no ciclo Música de Primavera, que organiza a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo, de Cangas de Foz.
Acia Foz-CCA sorteará o 24 de marzo 500 euros en vales de compra na campaña do día do pai, que arrincou o 10 deste mes e que se prolongará ata o 19.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou na presentación que “aquelas persoas que fagan as súas compras, entre os días 10 e 19 deste mes, por importes superiores a 10 euros nos comercios do CCA recibirán papeletas para participar no sorteo de 500 euros en vales de compra, que realizaremos o 24 de marzo en Radio Foz. En xogo poñeremos 5 premios de 100 euros cada un deles”.
Paleo lembrou que “no comercio de Foz van poder atopar todo o que precisan para agasallar aos papás e tamén aos Pepes e ás Pepitas. E toca celebrar esta xornada na hostalería local, en familia e cos amigos”.
Na presentación da campaña do día o pai de Acia...
leer másO Concello de Foz e o Centro Dramático Galego únense para ofrecer a posibilidade de acudir o domingo 23 de marzo ao Salón Teatro, de Santiago, para ver de forma gratuíta a obra de teatro A burra, a mesa e o pau, que esta compañía (CDG) está estreando.
O Centro Dramático Galego pon a disposición 27 prazas nun autobús que sairá ás 14.45 horas do porto de Foz para ver ás 18.00 horas a función. O autobús sairá de novo ás 20.00 horas de volta a Foz. O Concello de Foz financiará o prezo da entrada dos asistentes (5 euros). “Estamos moi contentos de poder participar nesta actividade e ver unha nova creación do Centro Dramático Galego”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
As reservas poderanse facer ata o día 20 de marzo no teléfono 982.140.027 extensión 3, no mail...
leer másA Librería Bahía, de Foz, acollerá este xoves, día 13 de marzo, ás 20:30 horas a presentación da novela A muller do muro, escrita polo xornalista Manuel F. Rodríguez e publicada pola editorial Bolanda.
Ademais do autor, intervirá no acto Xoán Ramón Fernández Pacios, historiador e cronista oficial de Foz.