Os Sendeiros

Etiquetas:
13/01/2026

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 25 de xaneiro, domingo, a ruta dos Muíños, no municipio de Abadín. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 45 euros para socios federados, 50 euros para socios non federados e 55 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o luns 19 de decembro a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo e anuncia que é unha ruta “por el cauce de un hermoso río, con molinos y una preciosa fraga”.

Etiquetas:
30/12/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, participará este domingo, día 4 de xaneiro, na andaina solidaria de Reis que se celebrará en Barreiros e organiza unha comida para ese día en Reinante. A saída desde Foz será ás 09:00 horas e ás 09:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata este xoves, 1 de xaneiro, a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta andaina, que é de dificultade baixa, a asociación Os Sendeiros recomenda  levar equipo de sendeirismo.

 

19/12/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, anuncia que este domingo, día 21 de decembro, porá o tradicional Belén de Cumes e nesta ocasión a cima elixida será o Alto do Pedrouzo, no municipio de Alfoz. Esta actividade é gratuíta e os participantes poderán levar figuriñas para o belén.

A saída será ás 09:30 horas desde Ferreira do Valadouro. E o último día para anotarse é o sábado 20 de decembro. Os interesados poden contactar cos teléfonos 606.71.84.82 (Laura) ou 670.36.90.17 (Morís).

Etiquetas:
28/11/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 7 de decembro, domingo, a ruta dos Muíños de balea, no municipio de Viveiro. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 45 euros para socios federados, 50 euros para socios non federados e 55 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 1 de decembro a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo e anuncia: “bonita ruta con varios atractivos; comenzaremos por el paseo de la rio y la bella estampa de Viveiro,...

leer más
Etiquetas:
09/11/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 16 de novembro, domingo, unha ruta por Navia e Luarca, no Occidente asturiano. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 50 euros para socios federados, 55 euros para socios non federados e 60 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 10 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo e anuncia: “nos desplazaremos hasta Asturias, iremos a Anleo (Navia), haremos una bonita ruta con unas vistas...

leer más
Etiquetas:
04/10/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 11 de outubro, sábado, unha ruta pola costa do municipio de Xove, desde Faro Roncadoira ata Morás. A saída desde Foz será ás 08:30 horas e ás 08:45 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 5 de outubro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

10/09/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha viaxe para participar na Marcha Galega de Veteráns, que se celebrará en Vila de Cruces (Pontevedra) o día 21 de setembro, domingo.

“O domingo 21 de setembro terá lugar a Marcha Galega de Veteráns no concello de Vila de Cruces e só para federados. Será pola contorna do encoro de Portodemouros, cun percorrido de 17 quilómetros e cruzaremos en ferri o encoro”, anuncia o colectivo Os Sendeiros.

A saída, o propio domingo 21, desde Foz será ás 07:o0 horas e ás 07:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

O prezo desta actividade, incluído o xantar, é de 45 euros.

O prazo para anotarse remata este venres, 12 de setembro, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico...

leer más
Etiquetas:
15/08/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta circular pola parroquia focega de Fazouro para o día 23 de agosto, sábado. A saída será ás 09:00 horas desde a área recreativa Ponte de Ferro.

“Nos desplazaremos hasta Fazouro y haremos una ruta circular muy bonita, disfrutaremos del río Ouro, pasaremos por donde la casa del conde, crestearemos y saldremos en Lousada, disfrutando de las magnificas vistas desde allí”, explican os organizadores.

O prazo para anotarse remata o 22 de agosto e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

26/07/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 9 de agosto, sábado, unha ruta desde a parroquia focega de San Martiño ata A Frouxeira. A saída será ás 09:00 horas desde a capela do Carme.

O prazo para anotarse remata o 8 de agosto e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de 15 quilómetros e con dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

Etiquetas:
16/07/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará este sábado, día 19 de xullo, a ruta Fazouro-Trasmonte. A saída desde a área recreativa Ponte de Ferro ás 09:00 horas.

O prazo para anotarse remata o venres 18 e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, con dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.