A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta por Cudillero para o 15 de febreiro

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 15 de febreiro, domingo, a ruta Acantilados de Vidio, no municipio asturiano de Cudillero. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o luns 9 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo e anuncia que é unha ruta por “una bonita ruta costera, desde el Cabo de Vidio hasta la playa del Silencio, en Cudillero; hermosos acantilados y vistas espectaculares desde Burela hasta el Cabo de Peñas”.