Coral

Etiquetas:
01/09/2025

O Teatro de Ribadeo acollerá este xoves, día 4 de setembro, ás 20:30 horas, un concerto coral solidario para a loita contra o cancro.

O Concello ribadense anuncia que “a Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá o concerto: Cancións de hoxe e de sempre, coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. O xoves 4 de setembro ás 20:30 horas no Teatro de Ribadeo. O prezo da entrada solidaria é de 5 euros e a taquilla estará aberta o mesmo día de 12:00 a 13:30 e dende as 19:00 horas. Todo o recadado irá destinado á Asociación Española contra o Cancro”.

Etiquetas:
13/08/2025

O vindeiro domingo, 17 de agosto, a Praza da Mariña converterase nun punto de encontro para a gastronomía e a música coa celebración da Churrascanta, organizada pola Coral Polifónica de Burela.

A xornada comezará ás 11:00 horas con xogos tradicionais e música en directo a cargo de Arume Burela. Ás 14:00 horas serviranse as racións de churrasco con sardiñas, pan, sobremesa e bebida, que se poderán degustar na propia praza ou levar para comer onde cadaquén prefira. 

O prezo da ración é de 15 euros e os tíckets poden mercarse o día da churrascada ou por adiantado en Foto Mariló, Terra Animal, O Bazar de Tere e Peluquería A Tu Estilo- Vanesa Míguez.

A Churrascanta conta coa colaboración do Concello de Burela, Arume, Os Asadores Burela e a Sociedade Cultural  Recreativa Ledicia. Promete ser...

leer más
27/07/2025

A Coral Polifónica de Ribadeo celebrará o seu 70º aniversario cun concerto colaborativo que se levará a cabo o día 1 de agosto, venres. Será ás 21:00 horas na igrexa parroquial ribadense de Santa María do Campo.

“Este ano toca celebrar o 70° aniversario da Coral. O 1 de agosto faremos un concerto colaborativo no que participarán excoralistas de todas as etapas. Moitas grazas a todos/as eles/elas! Desexamos que gocedes deste acto único que nos fará viaxar no tempo a través da música”, anuncia a Coral Polifónica de Ribadeo.

 

26/12/2024

A Coral Polifónica de Ribadeo, que dirixe Mari Carmen Rodríguez Cancelo, ofrecerá un concerto de panxoliñas polas rúas da vila ribadense este venres, día 27 de decembro, a partir das 20:00 horas.

Empezará o percorrido no Quiosco da Música e seguirá pola igrexa da Orde Terceira, a rúa Ramón González, a Praza de San Roque, a Praza 8 de marzo e As Catro Calles.

03/09/2024

A Coral Polifónica de Ribadeo, coa colaboración do Coro Sagrado Corazón, ofrece un concerto solidario a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Será este mércores, día 4 de setembro, ás 20:30 horas no Teatro ribadense.

O prezo da entrada solidaria é de 5 euros e a taquilla estará aberta o mesmo día do concerto de 12:00 a 13:30 horas e desde as 19:00 horas.

A Coral Polifónica de Ribadeo, que con esta actuación conmemora o centenario do falecemento do poeta ribadense El Viejo Pancho, explica: “un ano máis queremos poñer o noso gran de area na loita contra o cancro cun concerto solidario, neste caso coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. Desexamos vervos a todos e todas acompañándonos por unha boa causa!”.

Etiquetas:
06/08/2024

A trixésimo oitava edición do Festival de Música Coral de Viveiro celebrarase este sábado, día 10 de agosto, ás 21:30 horas na Praza Maior.

Está organizado pola Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, que actuará no festival xunto á coral A Barcarola, de Pontecesures, a Coral Polifónica de Cariño, a soprano Anna Melikhova e a pianista Marta Blanco Pérez.

Etiquetas:
18/07/2024

A Coral Polifónica de Foz celebrará o seu trixésimo noveno aniversario cunha misa concerto que terá lugar na igrexa parroquial este sábado, 20 de xullo ás 20:00 horas.

Nesta actividade colabora o Concello e a Unidade Pastoral de Foz.

Etiquetas:
26/02/2024

A Coral Polifónica de Burela está buscando novas voces. Os ensaios son os luns e xoves de 21:30 a 23:00 horas.

“Se queres aprender canto coral ou xa tes experiencia, queres mellorar a túa voz, gústache traballar en equipo e adoras a música … este é o teu lugar. Ven e proba o canto coral durante un mes sen compromiso”, din desde a Coral Polifónica de Burela, coa que se pode contactar a través do teléfono 608.25.25.88 ou do correo electrónico coralpolifonicadeburela@gmail.com.

 

Etiquetas:
17/02/2024

Dentro das actividades anuais programadas pola Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, o sábado 24 de febreiro ás 20:00 horas haberá un concerto coral a cargo da agrupación Polifónica Coruñesa Canticorum.

Será no auditorio Pascual Veiga, de Mondoñedo, con entrada libre.

 

Etiquetas:
25/12/2023

A música tradicional de bandas e corais, enmarcada no programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, chega este martes día 26 a Viveiro coa actuación da Coral Polifónica Alborada, que percorrerá as rúas do casco da cidade do Landro a partir das sete da tarde. 

Tradigalu programou mais de 150 actuacións polas comarcas luguesas en colaboración con asociacións e concellos. Neste caso a Área de Cultura da institución provincial conta coa axuda do Concello de Viveiro.