Festival

Etiquetas:
31/07/2026

Este venres, 31 de xullo, tivo lugar a presentación oficial da XII edición do festival Osa do Mar, a cita musical que se celebrará en Burela do 3 ao 6 de setembro. O cartel combina artistas consolidados e novas promesas da escena estatal e galega, con nomes como Depedro, Anxo Ferreira, Éxtasis, Fillas de Casandra, Grande Osso, The Rapants, ou Ortiga, entre outros.

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou que “o Osa do Mar é xa unha cita consolidada no noso calendario” e aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo da Asociación Cultural Fanto Fantini, organizadora do festival, “polo esforzo e a dedicación que cada ano fan posible un evento coma este que contribúe a dinamizar Burela, atraer visitantes e impulsar a música en directo”.

A deputada provincial de...

leer más
28/07/2026

O Concello de Cervo volverá apostar este próximo mes de setembro polo Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco, que celebrará a súa segunda edición, “mantendo a esencia e o formato que converteron esta proposta nun éxito entre o público”. Durante os venres do mes de setembro diferentes espazos e parroquias do municipio volverán encherse de contos, historias e tradición oral da man de destacados profesionais da narración oral galega, con sesións pensadas tanto para o público infantil -sesións regato- como para o adulto -sesións río-, rematando cunha gran gala final”.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou durante a presentación na que estivo acompañada de Carmen Conde e de Diego Gallego, en representación da compañía Tarabela Creativa, que “este festival naceu coa vontade de achegar a cultura a todos os recunchos...

leer más
Etiquetas:
22/07/2026

O primeiro Festival de Bandas organizado pola asociación cultural Ó compás do río Ouro celebrarase en Ferreira do Valadouro este domingo, 26 de xullo. Será ás 20:00 horas na praza Concepción Arenal.

“Este domingo celebramos o I Festival de Bandas de música no Valadouro. Estarán con nós a Banda Municipal de Música de Guitiriz e a Banda de Música de Foz. É todo un pracer contar con estas dúas bandas que teñen unha longa traxectoria e soan de luxo”, anuncia a asociación Ó compás do río Ouro.

 

Etiquetas:
16/07/2026

A Vicepresidencia da Deputación anuncia que colabora co festival de música electrónica Ether, que converte Viveiro en punto de encontro da escena electrónica galega. O deputado provincial de Mocidade, Daniel García participou na presentación do evento, que se celebra este venres e sábado, días 17 e 18 de xullo, en Viveiro e que conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ademais doutras colaboracións públicas e privadas.

“O festival reafirma a súa aposta no talento galego, cunha decena de artistas de distintas localidades do país no cartel - CERTAIN, DJ Swisherman, Weisheit, Mascarell, Isma B,  LKina, Alex Vigo, Tesaa , DJ Pergo e Karras Martínez-, xunto a outros nomes consolidados no circuíto internacional: Adriana Lopez (Colombia), Deetron (Suíza), Grade Dahl  (Ámsterdam), Jen Cruz, Rage e Buenri(Barcelona) e DJ Pepo (Madrid)”, destaca a...

leer más
Etiquetas:
14/07/2026

A décimo terceira edición do festival de música clásica Bal y Gay, que se celebrará do 5 ao 21 de agosto foi presentada este martes en Foz.

O deputado provincial de Recursos Sostibles e alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, participou no edificio CENIMA de Foz na presentación da décimo terceira edición do Festival Bal y Gay, “unha cita musical de referencia en toda España, que se celebrará do 5 ao 21 de agosto. A programación inclúe 14 concertos en diferentes escenarios mariñáns e unha actuación do pianista ruso Grigory Sokolov no Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo, un concerto que suporá tanto o regreso do pianista a Galicia tras dúas décadas como a estrea do Festival Bal y Gay na capital da provincia. A institución provincial fai posible este evento a través dun patrocinio económico de 12.000 euros”, anuncia a Deputación de lugo....

leer más
Etiquetas:
13/07/2026

O XXV Festival Aires do Masma, organizado pola Asociación Folclórica e Cultural A Subela, será en Foz este sábado, día 18 de xullo, ás 21:00 horas na Praza Conde de Fontao

“Volve o Festival da Subela. Volve o Festival Aires do Masma. E esta é a súa XXV edición, 25 anos divulgando a nosa cultura a través da música e do baile tradicional. Esta vez contaremos como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, que veñen do noso país veciño, de Portugal, e concretamente da localidade de Soure. Este grupo vén de intercambio”, explica a asociación A Subela, que engade: “estamos seguros de que este festival vai a ser moi especial polo que non podedes perdelo”.

01/07/2026

A asociación Mariña Patrimonio anima a participar nos dous actos do Festival Atlántica que se celebrarán este venres, día 3 de xullo de 2026, en Santo Estevo do Ermo, Barreiros, e nos que colabora ese colectivo.

As 19.00 horas terá lugar a actividade titulada O que contan as pedras e as prantas, que é un “roteiro narrado con Hugo López e Mariña Patrimonio polo sendeiro entre a ermida e a fervenza”. É para público familiar.

E ás 20.00 horas haberá un espectáculo de narración oral titulado Autoestradas e corredoiras, con Quico Cadaval, na ermida de Santo Estevo do Ermo. É unha actividade para público adulto.

Os dous actos serán en galego e con acceso libre.

“Animádevos a achegarvos a Santo Estevo do Ermo para compartir unha tarde de cultura,...

leer más
29/06/2026

Representantes da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo visitaron este luns, 29 de xuño, o recinto do festival Resurrection Fest, evento que se celebra esta semana, do mércores 1 ao sábado 4 de xullo en Viveiro.

A Deputación de Lugo explica que a presidenta, Carmela López, xunto aos socios responsables do festival, os irmáns Iván e David Méndez, e o resto de colaboradores asistiu este luns en Viveiro á presentación e visita ao recinto do Resurrection Fest, que arrinca este mércores e que se prolongará ata o sábado. A institución provincial anuncia que “renova o seu patrocinio cunha das grandes citas internacionais da música hardcore, metal e punk cunha aportación económica de 150.000 euros, consolidando así unha colaboración que se mantén desde os seus inicios. Levamos máis de 20 anos convertendo a Viveiro na capital da música hardcore...

leer más
Etiquetas:
27/06/2026

A Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia ten preparado un festival de baile e música tradicional para este domingo, día 28 de xuño. A actuación terá lugar en Burela, na Praza do Concello, ás 19:30 horas e servirá como broche final ao curso 2025/26.

Participarán tódalas seccións da escola de baile e música de Ledicia, que “amosarán o traballo calado que se realiza ao longo de todo o ano”, explica o colectivo organizador do evento.

11/06/2026

Burela ultima os preparativos para celebrar o festival De Cabo a Cabo, unha proposta impulsada pola Deputación de Lugo, o Concello de Burela, a Asociación Cultural Fanto Fantini e coa dirección creativa de Anxo Ferreira que “converterá a vila nun espazo de encontro arredor da música, o deporte, a gastronomía e a creación artística” o vindeiro luns, 15 de xuño. A programación desenvolverase en diferentes puntos do municipio, principalmente na praza da Mariña, a praia do Portelo, o parque Rosalía de Castro e a praza de Abastos.

Ao longo da tarde e da noite sucederanse os concertos, as actividades deportivas, as degustacións gastronómicas e as intervencións artísticas nunha xornada que “reunirá diferentes propostas culturais e comunitarias vinculadas á realidade multicultural de Burela”.

O Concello de Burela anuncia...

leer más