Breason
O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou esta mediodía na presentación do festival Breason, que se celebrará o 8 de novembro, sábado, en Mondoñedo.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa Asociación Cultural Xoldra na organización do festival, con actuacións de Biznaga, Grande Amore, 9Louro, Malvela, Señora DJ, Femfarria, María Raxeta e Meniñ@s da Mariña, formada pol@s alumn@s da escola da Asociación de Música de Baile Tradicional Gaita Escola de Mondoñedo.
Daniel García expresou “o apoio da Vicepresidencia da Deputación a este festival, que conta co impulso da Asociación Cultural Xoldra e da mocidade mindoniense comprometida coa música e a cultura en galego, como reflicte o cartel desta segunda edición que reúne algunhas das bandas e artistas máis recoñecidos da música...
leer másA Asociación Xuvenil Xoldra, de Mondoñedo organiza este sábado, 20 de setembro, coa colaboración de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, As Vesperas, unha xornada festiva con música, sorteos e unha degustación de produtos de porco celta, que servirá de aperitivo ao Festival Breason, que celebrarán o 7 e o 8 de novembro.
O deputado provincial de Rural, Daniel García, acompañado por integrantes da asociación presentaron esta xornada, que se desenvolverá a partir das 20.00 horas na Praza do Concello. O responsable provincial loubou o traballo de Xoldra, que “ademais de ampliar a axenda musical do outono cun festival que xa está nos calendarios de mocidade de toda Galiza, converteron a organización do Breason nunha oportunidade de encontro e de dinamismo a nivel local ao longo do ano con iniciativas coma esta".
... leer másA asociación xuvenil Xoldra, de Mondoñedo, anuncia o cartel completo da terceira edición do festival Breason, que se celebrará na Praza da Catedral mindoniense o día 9 de novembro, sábado, con entrada de balde.
Actuarán Ortiga, De Ninghures, Cool Nenas, Terbutalina, Brassica Rapa, Meniñ@s da Mariña e La Duendeneta.
Haberá acampada interior, carpa, sesión vermú, foliada, after, magosto, xogos populares e obradoiros de artesanía.





