Premio
O vindeiro domingo, 12 de abril, terá lugar o I Premio Escolas Vila de Ribadeo de ciclismo, que reunirá a 200 participantes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “as saídas das diferentes categorías produciranse entre as 15:30 e as 17:30 horas. Son alevín, infantil, promesa, principiante e cadete. Ademais haberá unha xincana que se realizará paralelamente, mentres estean correndo os cadetes, si o xurado técnico así o acorda”.
O edil ribadense dixo que “o domingo haberá diferentes restricións e modificacións do tráfico rodado en Ribadeo, xa que a proba discorre polas rúas da nosa vila. O aparcamento do porto permanecerá pechado durante o desenrolo da carreira”.
Silvent engadiu: “agardamos que o I Premio Escolas Vila de Ribadeo sexa un éxito e que as familias que...
leer másAcia Foz-CCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 12 locais hostaleiros. Esta campaña especial denominada "O teu café ten premio" enmárcase no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se vai celebrar no IES de Foz a vindeira semana.
Aquelas persoas que tomen o café en A Rambla-Pachán, Anduriña, Bar 78, Cafetería Leyton, Coffee Urban Roasters Foz, Dandy, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte, Xoíña Pizzería e Xoyma entre o 23 de febreiro e o 1 de marzo participarán no sorteo dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café. O sorteo terá lugar en Radio Foz o día 6 de marzo.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, indica que “O teu café ten premio tivo unha boa acollida en 2024 e 2025 e neste ano agardamos repetir. Os...
leer másO Concello de Viveiro acollerá o venres 28 de novembro ás 20.30 horas o acto de entrega do VII Premio de Novela Vilar Ponte. A cerimonia, aberta ao público, terá lugar na Sala Multiusos do consistorio.
O galardón, “impulsado para poñer en valor a creación literaria en lingua galega e a figura dos irmáns Vilar Ponte, reúne cada ano a autores e autoras de referencia no panorama narrativo actual”, destaca o Concello de Viveiro.
Nesta edición, a novela gañadora é a titulada A dous pasos do Edén, de Pura Salceda Carballeda, mentres que Ignacio Vidal Portabales foi seleccionado como finalista polo xurado.
A entrega estará amenizada cunha actuación musical a cargo do grupo de corda do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro (CMUS). O Concello convida á cidadanía a asistir a esta...
leer másO salón de plenos do Concello de Mondoñedo acolleu a presentación da segunda edición do Premio Álvaro Cunqueiro de Novela, promovido polo propio Concello en colaboración coa Casa Museo Álvaro Cunqueiro e coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Esta convocatoria pretende honrar a memoria e a obra do escritor mindoniense, ao mesmo tempo que procura incentivar a creación literaria en galego e contribuír á súa visibilidade. O premio está dotado con 5.000 euros, que se concederán integramente á obra que resulte gañadora. As persoas aspirantes deberán entregar seis copias impresas do orixinal, en formato de letra Arial 12, a espazo e medio, numeradas e encadernadas en rizo. A documentación terá que presentarse antes do 31 de outubro de 2025 no Rexistro do Concello de Mondoñedo (Praza do Concello, 1, 27740 Mondoñedo, Lugo).
O Concello de...
leer másAcisa Ribadeo ven de ser recoñecida pola súa excelencia comercial por parte da Xunta. Este galardón apórtalle á entidade un importe histórico de preto de 100.000 euros para actividades de dinamización comercial.
Os 99.450,01 euros proveñen en primeiro lugar da subvención ordinaria para os CCA, na que Acisa Ribadeo recibe 49.500,01 euros, o máximo para o seu tramo, e en segundo lugar percibe 49.950 euros, como premio á excelencia da entidade para unha actividade excepcional por ser un dos 5 mellores proxectos presentados en toda Galicia.
Fai unhos dias, os xerentes das asociacións galardoadas reuníronse co conselleiro de Emprego, Comercio e Migración, co director xeral de Comercio e o seu equipo.
O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez Prada, explicou que “dende Acisa Ribadeo estamos...
leer másMerluza D& Burela cerró este martes la jornada de actividades en el Salón Gourmets siendo protagonista del «Merluza del Pincho Challenge, by Xunta de Galicia do Mar», que congregó a chefs de toda España.
Cada uno de los 6 finalistas contó con una merluza que tuvieron que limpiar y utilizar para elaborar en 45 minutos una receta de creación propia. El resto de los ingredientes eran de libre elección, aunque al menos dos de ellos debían ser productos avalados con el sello de Calidad Diferenciada de Galicia.
El jurado profesional lo tuvo difícil para decidir entre propuestas que destacaron por el sabor, la originalidad, la técnica, la presentación y, por supuesto, por dar todo el protagonismo a la calidad, sabor y frescura de la Merluza de Pincho.
Adrián García de Moonlight Experimental...
leer másAciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta campaña especial denominada O teu café ten premio enmárcase no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se vai celebrar no IES de Foz a vindeira semana.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que tomen o café en Anduriña, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte, Coffee Urban Roasters Foz, Xoíña Pizzería e Xoyma entre os días 17 e 23 de febreiro participarán no sorteo dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 26 de febreiro.
Paleo indica que “O teu café ten premio tivo unha boa acollida o ano pasado e neste 2025 agardamos repetir. Os amantes do café teñen unha boa...
leer másRamón Fernández López-Leitón, de Foz, é o gañador da fin de semana en Casa Castiñeira, en Muxía, sorteada por Pastelería Anduriña.
Entraron no sorteo todas aquelas persoas que compraron roscóns de reis en Anduriña desde finais do pasado mes de decembro ata o 12 de xaneiro.
O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz. E a continuación foi entregado en Pastelería Anduriña o agasallo ao afortunado, que gozará de dúas noites de aloxamento para dúas persoas en habitación dobre, con almorzo caseiro e detalle de benvida.
Desde Anduriña Mara, Mari e Moncho felicitan a Ramón Fernández e agradecen “a toda a fiel clientela que apostasen pola nosa pastelería un ano máis para saborear os nosos roscóns de reis. A campaña este ano volveu funcionar moi ben”.
Xavier Queipo gaña o VI Premio de Novela Vilar Ponte, do Concello de Viveiro, coa obra Tamarindo. Como obra finalista foi seleccionada O Terceiro Desexo, de Lionel Rexes. A entrega de premios será o venres 13 de decembro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas. Estará conducido pola xornalista Alba Porral Quintillán e contará coa actuación do Sexteto de Corda do CMUS de Viveiro.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou que “este premio é unha mostra do compromiso do noso concello coa cultura galega e co apoio ao talento literario. Tamarindo e O Terceiro Desexo son exemplos do poder creativo que caracteriza as nosas letras”.
O Concello de Viveiro publica as bases da nova edición do seu xa tradicional Premio de Novela Vilar Ponte. Unha cita destacada na axenda cultural da vila que naceu co dobre obxectivo de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e promover a literatura en galego.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, anima a "calquera escritor ou escritora en lingua galega, de calquera idade ou nacionalidade, a inscribirse no concurso, que xa conta cunha traxectoria moi salientable de promoción e reivindicación da literatura na nosa lingua".
Como en anos anteriores, as bases recollen que todas as obras que se presenten a esta VI edición do concurso deben ser orixinais e inéditas e estar escritas en galego. A extensión e a temática da obra serán de libre elección.
Presentaranse catro copias en...
leer más












