Novela
El periodista y escritor José Luis Enríquez León presentará el día 25 de abril, sábado, en Ribadeo su segunda novela, que acaba de publicar, titulada El silencio del mar de fondo. El acto será en Gráficas Santiago a las 19:00 horas el autor estará acompañado por el profesor Roberto Rodríguez.
Ediciones Camelot anuncia que “después de la buena acogida de su primera novela, José Luis Enríquez León regresa a las librerías con El silencio del mar de fondo. En esta ocasión, los investigadores de la Unidad Central Operativa de la Guardia Civil (UCO), con el capitán Martín García y Elsa Crespo a la cabeza, se desplazan a Formentera para esclarecer el asesinato de un importante empresario y su mujer. El silencio del mar de fondo (Ediciones Camelot) invita al lector a un viaje que comienza a mediados de los años 60 a...
leer másO domingo 22 de marzo ás doce do mediodía terá lugar a presentación en Mondoñedo da cuarta novela do autor alfocés Lionel Rexes: As donas da noite. Será na Casa da Penela, na parroquia de Vilamor.
Galardoada o pasado ano co premio Balbino de Relatos, convocado por Edicións Fervenza, As donas da noite "é un texto orientado ao público xuvenil, aínda que apto para calquera tipo de lector. No seu argumento están presentes varios eixos que poñen o foco na dicotomía urbe/rural, mais, sobre todo, na incorporación ao ámbito aldeán de persoas novas e orixinarias da cidade. Do mesmo xeito, a trama incide na problemática da acollida de determinadas formas de pensamento e a comprensión da defensa de causas sociais por parte das sociedades rurais. Así, con estas premisas, desenvólvese un argumento que recrea a chegada dun grupo de...
leer másO Concello de Viveiro anuncia que “a escritora Abril Camino chega a Viveiro para presentar o seu último libro, Mulleres que viven xuntas, unha novela que fala de vínculos, convivencia e historias compartidas”. Será este venres, día 27 de febreiro, ás 19:00 horas no salón de actos da Biblioteca de Viveiro.
“Un encontro coa literatura contemporánea galega nun espazo para a reflexión e o diálogo”, explica o Concello de Viveiro.
O escritor Manuel Esteban falará da súa novela, titulada A lei do mar, en Foz, Alfoz e Barreiros o venres 20 e o sábado 21 de febreiro.
Este venres, día 20 de febreiro, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía, de Foz, o escritor Manuel Esteban, nun coloquio no que falará sobre a súa última novela: A lei do mar. Este coloquio está organizado polo Club de Lectura A carón dos libros e é aberto para todo aquel que queira asistir.
Ademais Manuel Esteban visitará o club de lectura de Alfoz, o mesmo venres 20 pola tarde, e o sábado 21 ás 12:00 horas estará no club de lectura de Barreiros, ámbolos dous actos organizados polos respectivos Concellos, anuncia Libraría Bahía, que explica: “a novela lévanos dos escenarios pandémicos en España ata a terrible realidade da xente que procura chegar ás costas europeas...
leer másO escritor Ulises Bértolo presenta este venres, 7 de novembro en Ribadeo a súa nova novela, “Exitus”
O escritor Ulises Bértolo presenta en Ribadeo a súa nova novela, titulada Exitus: la muerte nunca es el final. Será este venres, día 7 de novembro, ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho.
Ulises Bértolo García naceu en Madrid en 1967 e actualmente reside en Santiago. É escritor, avogado e profesor. Licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid, é avogado en Santiago e Madrid, profesor de Dereito e académico de número da Academia Xacobea e asesor do Instituto Internacional de Criminoloxía Aplicada.
A Librería Bahía, de Foz, acollerá este xoves, día 13 de marzo, ás 20:30 horas a presentación da novela A muller do muro, escrita polo xornalista Manuel F. Rodríguez e publicada pola editorial Bolanda.
Ademais do autor, intervirá no acto Xoán Ramón Fernández Pacios, historiador e cronista oficial de Foz.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia que “o vindeiro venres, 17 de xaneiro, ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, poderemos asistir á presentación da novela Entre a vontade e o destino (segunda parte da súa triloxía Banu Marwán: a estirpe do galego) de Xosé Henrique Costas. Presentará ao autor o noso compañeiro e amigo da ACFL Suso Fernández Acevedo (profesor de Lingua e Literatura Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo)”.
Sobre esta publicación explica que “nesta segunda entrega, Marwán, fillo de Ianes O Galego, comeza unha nova vida acollido polos xudeus de Munt Sáluti ata que emprende camiño a Mérida. Alí, grazas aos seus contactos e á súa competencia, entra ao servizo da administración amiral e vai subindo na escala ata chegar a ser nomeado valí ou gobernador dunha cidade...
leer másEste sábado, día 7 de decembro, ás 12 do mediodía, o escritor Lionel Rexes presentará en Mondoñedo a súa terceira novela, Nove lúas, galardoada co Premio Neira Vilas o pasado ano. O acto terá lugar na Casa da Penela, estabelecemento de turismo rural da parroquia de Vilamor.
O autor estará acompañado polo profesor Bernardo Penabade e o activista pola Memoria Histórica Xosé Luís Fernández Rivera.
Esta novela, publicada por Edicións Embora no verán, nace da recollida de datos do autor alfocés sobre dúas históricas construcións do barrio de Correlos, lugar da parroquia de Mor no que reside. Alí se conserva un antigo calabozo de presas políticas, onde sufriron presidio a muller e as fillas do mítico guerrilleiro Gardarríos, e tamén unha báscula de feira, instalación onde se pesaban as reses antes das...
leer másXavier Queipo gaña o VI Premio de Novela Vilar Ponte, do Concello de Viveiro, coa obra Tamarindo. Como obra finalista foi seleccionada O Terceiro Desexo, de Lionel Rexes. A entrega de premios será o venres 13 de decembro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas. Estará conducido pola xornalista Alba Porral Quintillán e contará coa actuación do Sexteto de Corda do CMUS de Viveiro.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou que “este premio é unha mostra do compromiso do noso concello coa cultura galega e co apoio ao talento literario. Tamarindo e O Terceiro Desexo son exemplos do poder creativo que caracteriza as nosas letras”.
Este xoves, día 7 de novembro, na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, será presentada a novela "Nove lúas", do mariñao Lionel Rexes.
O acto celebrarase ás 20:30 horas e participarán Farruco Graña, presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, que organiza esta presentación, e o propio autor do libro.












