Cómico
12/01/2025
O cómico Miguel Miguel presentará o seu novo show, titulado ¡Acojonado!, o venres 24 de xaneiro ás 21:00 horas no auditorio municipal de Burela. As entradas están á venda en Ataquilla.com.
O Concello de Burela anuncia que “Acojonado! é o novo show de Miguel Miguel, no que recupera todas as súas experiencias vividas en todos estes anos. É unha mestura do vivido, o que estamos a vivir, o que nos queda por vivir despois dos corenta e as principais consecuencias desta idade. Fala da mala sorte, dos problemas que ten agora a xente e os que tiña antes. Ser o pequeno de catro irmáns axudou moito a Miguel Miguel para sobrevivir cal ñu cruzando o Amazonas. Miguel Miguel está acolloado, e ti? Humor, risas, chistes e mesmo maxia dentro dun mesmo”.
16/01/2017
A Concellería de Cultura ven de presentar a a axenda de actividades para este primeiro trimestre do ano na que destacan a celebración de charlas con escritores en centros de ensino, o ciclo de cine Proxecto-R, concertos de música, os actos do Entroido e a actuación de Leo Bassi o vindeiro 4 de febreiro.
O edil Farruco Graña anunciou que “temos no plano literario algúns actos discretos, pero ben importantes para nós, porque seguimos insistindo en achegar o mundo das letras aos centro de ensino. Mañá mesmo María Solar estará no IES de Ribadeo para falar da súa obra As horas roubadas. Máis adiante tamén nos visitará María Reimóndez nun acto ao que asistirán os dous centros educativos, tanto o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo como o Sagrado Corazón”.