Síndrome de Down

02/12/2025

A mostra fotográfica titulada Tan coma ti estrearase este mércores, día 3 de decembro, ás 12.30 horas na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro. A iniciativa, organizada polo Concello de Viveiro e Down Lugo, ofrece unha mirada próxima e humana á realidade actual das persoas con síndrome de Down. A  exposición permanecerá aberta ao público até o 15 de decembro.

O Concello de Viveiro explica que “a través dunha serie de imaxes tomadas en contextos da vida cotiá, a mostra reivindica a diversidade, a inclusión e a capacidade individual de cada persoa. O obxectivo é romper estereotipos e convidar á reflexión sobre a igualdade de oportunidades. O proxecto pretende sensibilizar á sociedade e poñer en valor a identidade e o papel das persoas con síndrome de Down na comunidade”.

09/06/2025

Este xoves, día 12 de xuño, ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Burela será inaugurada a exposición fotográfica “Tan coma ti”, que trata sobre a realidade actual das persoas coa Síndrome de Down. Estará aberta ao público ata o 27 de xuño.

“Unha ollada real e emotiva á vida das persoas con síndrome de Down, contada por elas mesmas. Durante o acto lerán un manifesto pola autonomía persoal e farán a visita guiada. Vén sentir, escoitar e mirar doutra maneira!”, anuncia o Concello de Burela.