Mostra
Desde hoxe e ata o 13 de xuño a exposición Castelao e os irmáns da liberdade pasará polos centros de ensino de Ribadeo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “hoxe e mañá a mostra estará no CIFP Porta da Auga, os días 29 e 30 de maio pasará polo IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, xa en xuño os días 2 e 3 estará no Colexio Sagrado Corazón, o 4 e 5 no Ceip Gregorio Sanz e do 6 ao 13 estará instalada na Oficina de Turismo”.
A edil ribadense sinala que “a exposición está composta por 14 paneis de 85 x 200 cms, que desenvolven cronoloxicamente a vida e a actuación política e artística de Castelao. As fotografías son de José Luis Abalo”.
Esta obra multimedia de Xan Leira tamén inclúe proxeccións de documentais e coloquios. “O 15 de xuño ás 20 horas no Salón dos Alcaldes terá...
leer másO Centro Sociocomunitario de Mondoñedo acolle durante este mes de maio a exposición titulada Universo Vizoso, comisariada por Aser Álvarez e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A mostra reúne preto dun cento de carteis e ilustracións, que amosan a evolución creativa do artista mindoniense alén da súa traxectoria como deseñador de Sargadelos, e inclúe a súa escultura San Froilán, unha peza do Museo Provincial de Lugo que sae por primeira vez desta espazo para acompañar a itinerancia da exposición.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, participou na inauguración, acto no que explicou que “a mostra xurdiu como unha proposta para recoñecer e divulgar a obra de Xosé Vizoso no marco do Día da Ilustración, que se dedicou este ano á súa obra” e sinalou “a itinerancia da mostra en Mondoñedo como un recoñecemento e homenaxe á...
leer másO Concello de Mondoñedo anuncia que este xoves, día 8 de maio, ás 17:30 horas terá lugar a inauguración da exposición Universo Vizoso no Centro Sociocomunitario mindoniense. A mostra, que versa sobre a obra do artista Xosé Vizoso, recentemente falecido, permanecerá aberta ao público durante un mes na cidade episcopal.
O Concello de Mondoñedo convida “a toda a cidadanía á asistir a este acto e a visitar a exposición deste ilustre mindoniense durante as vindeiras semanas”.
A Biblioteca Pública Municipal de Viveiro acollerá a partir do luns 28 de abril a exposición A banda de Paradela cumpre 150 anos, que organiza Egeria en colaboración coa Banda de Paradela e co patrocinio do Concello de Paradela e da Xunta de Galicia, e que estivo aberta anteriormente na Casa do Concello de Paradela e nas Bibliotecas de Lugo, A Coruña e Sarria. A exposición estará en Viveiro desde o 28 de abril ata o 8 de maio e será inaugurada o día 28 de abril ás 13:00 horas, coa presenza das alcaldesas de Viveiro e Paradela, Mariña Gueimunde e Montserrat Mulet.
A exposición está composta por 12 paneis roller de 2x1 metros, e nela faise un especial percorrido desde a fundación da Banda en 1873 ata o momento actual.
A Banda de Paradela celebrou en 2023 os seus primeiros 150 anos, con diversos actos e con...
leer másO auditorio municipal Pascual Veiga, de Mondoñedo, acolle desde este martes ata o día 25 de abril a exposición titulada Os maragatos da Porta de San Pedro. No acto de inauguración participaron Manuel Ángel Otero, alcalde de Mondoñedo; Félix Villares, deán da Catedral de Mondoñedo; e Xulio Xiz, presidente de Egeria.
A exposición, que poderá visitarse ata o 25 de abril, "está composta por doce paneis -en galego e castelán- e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e do seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entrega gratuitamente aos visitantes", explican os organizadores.
No acto de inauguración, previsto para este sábado ás 12:30 horas, participarán catro voces da música galega que interpretarán O noso canto.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, dixo que “dentro da programación do 8M deste ano, chega a nós a exposición Mulleres x Mulleres que inauguraremos este sábado 22 ás 12:30 do mediodía no Campo de San Francisco.
A edil ribadense explicou que “é una exposición que quere render homenaxe a mulleres ribadenses de nacemento ou adopción en diversos ámbitos: na ciencia, no deporte, na música, na política, na filantropía, no comercio... É unha exposición que é un principio, pero que non está pechada. Queremos visibilizar ás mulleres ribadenses para que outras que veñen detrás saiban que poden transitar por onde elas queiran, que poden abrir camiños, ou seguir os que outras...
leer másNa rúa San Roque está instalada a exposición Xeración Líder, que conmemora os mil números do suplemento deportivo de La Voz de Galicia. En sete paneis pódense ver medio milleiro de portadas da devandita publicación, que conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A mostra fai un percorrido pola historia do deporte base da provincia de Lugo, centrada en modalidades como o fútbol, o baloncesto e o fútbol sala.
A Concellería de Igualdade e o CIM convidan á cidadanía a participar o sábado nunha xornada especial no Cine Teatro, onde terá lugar unha acción enmarcada dentro do proxecto Perpetuando. Esta iniciativa revisita a historia da fotografía con perspectiva de xénero, promovendo unha relectura das imaxes icónicas a través da participación do público.
Desde o CIM explican que “as asistentes terán a oportunidade de integrarse nos fotoramas, unha proposta interactiva que transforma ao espectador en protagonista, permitindo que viva en primeira persoa escenas inspiradas en grandes referentes da fotografía. Con esta acción, Perpetuando busca xerar unha reflexión sobre a representación das mulleres na historia da imaxe e fomentar unha visión máis igualitaria do pasado e do presente”.
A cita terá lugar este sábado no Cine...
leer másAs concelleiras de Benestar Social, Cultura e Educación, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, presentaron Que no te atrapen, unha actividade organizada desde o Programa de Prevención de Adiccións en colaboración co CIM.
Ambas explicaron que “se trata dunha exposición itinerante que percorrerá os centros de ensino que teñen alumnado de ESO. Son 14 roll ups con contidos sobre as pantallas e a saúde física e mental, as redes sociais, xogos de azar, etc. Acompáñase cun caderniño para cada alumn@, no que se tratan máis profundamente os temas antes mencionados, de maneira clara e sinxela, con consellos e exercicios”.
E indicaron que “esta mostra ten como finalidade apoiar os coñecementos adquiridos polo alumnado nos obradoiros organizados polo CIM e desenvolvidos o pasado mes de novembro (Conectad@s da Asociación Aliad...
leer másA sala de exposicións do Campo de San Francisco, en Ribadeo, acolle desde hoxe, 28 de outubro, e ata o 10 de novembro unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez “Pimpelo”.
A mostra denomínase “Unha viaxe por Ribadeo”. E está aberta en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20:30 horas polas tardes.