Circuíto
O Concello de Trabada vén de rematar as obras de construción do novo circuíto de pump track, unha instalación deportiva que supuxo un investimento de máis de 50.000 euros grazas ao convenio asinado coa Deputación de Lugo. Este novo espazo intégrase no complexo deportivo municipal, que xa conta cunha pista de pádel, unha pista multideporte, un campo de bolos tradicional, unha tirolina e un tobogán, “consolidando así a área como un punto de referencia para o lecer e a práctica deportiva no concello”.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a boa acollida desta infraestrutura: “desde o primeiro día no que se remataron as obras, o circuíto de pump track recibiu visitantes e usuarios diariamente. É unha satisfacción comprobar que este investimento responde a unha demanda real e que a veciñanza xa o está desfrutando.”...
leer másEn Barreiros foi presentada a 3ª edición do circuíto +kmsBarreiros pola alcaldesa, Ana Ermida, o concelleiro, Dani García, xunto con integrantes das asociacións colaboradoras, Praias de Comado, Augas Santas e Ollomao.
Dentro do marco do circuíto séguense a englobar 6 probas que son: a Carreira Solidaria de Reis este domingo, 7 de xaneiro, a Carreira das Praias en marzo, a ½ km vertical Monte Comado en xullo, a Benquerencia Terra-Mar en agosto, os Trails Monte Comado en outubro e pecha, a carreira popular Ao Son do Masma en novembro.
O circuíto deste ano trae novidades que buscan fomentar a actividade física e o deporte:
Categoría por equipos
Categoría por colexios/institutos
Maior contía nos premios. 1000€ en metálico + trofeos +...
leer másBurela acollerá os días 15 e 16 de abril unha proba de Enduro puntuable para a Copa Galicia. A celebración deste evento deportivo ocasionará importantes cortes de tráfico en varias rúas da vila desde este xoves, segundo deu a coñecer o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández.
O edil burelés relatou que “os días 15 e 16 contaremos coa celebración dunha proba de Enduro puntuable para a Copa Galicia, que se vai celebrar aquí no Monte Castelo, en Burela, e ademais vai ter unha peculiaridade que nunca se fixo aquí, que é un descenso urbano que percorrerá as rúas da nosa vila, o que nos vai obrigar a facer cortes de tráfico importantes”.
Fernández Rey sinalou que “a realización desta proba é unha iniciativa que parte da Acia de Burela xunto co club Cerezo Bikes e que evidentemente o Concello apoia e vai estar...
leer másO mercado comarcal gandeiro de Lourenzá acollerá un circuíto de educación viaria este venres, día 9, de seis a oito da tarde. Esta actividade gratuíta organizada polo Concello está dirixida a nenos, nenas, rapaces e rapazas de 3 a 16 anos de idade.
Os interesados en participar deben apuntarse na biblioteca municipal e o prazo remata mañá, xoves, día 8.
O concelleiro de Xuventude, Francisco Dasilva, destaca a importancia que teñen as actividades deste tipo e explica que “en circuítos deste tipo os nenos e nenas asumen o papel de peóns, de pasaxeiros e de condutores e aprenden normas de comportamento responsable relacionadas coa educación viaria. Non esquezamos que os nenos e nenas de hoxe serán os adultos de mañá e por tanto é fundamental promover comportamentos e actitudes responsables e cívicas dos máis pequenos...
leer más