Ornitoloxía
Gozar de experiencias de calidade e conectar co destino dunha maneira máis profunda, pero tamén máis respectuosa e sostible, en calquera época do ano e superando o concepto tradicional do turismo. Ese é o obxectivo que se marca a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e no que traballa a diario para posicionar o territorio como un destino que ofrece, máis que actividades, experiencias. Nesta liña, o xeoturismo e o turismo ornitolóxico están a converterse en alternativas singulares na Mariña Lucense, captando o interese por parte das persoas que nos visitan.
Con este potencial está a traballar para estruturar un catálogo de produtos e experiencias enriquecedor tanto para as persoas que nos visitan, como para aquelas que viven aquí. “Concibimos o turismo como unha actividade que xera valor, non só económico, senón tamén para a...
leer más