A Mariña

Etiquetas:
09/11/2026

O programa de actividades Plans con corazón chega ao seu fin a vindeira fin de semana con dúas actividades programadas nos concellos de Cervo e O Vicedo, coas que coñecer un pouco máis estes municipios mariñáns. O sábado, 14 de novembro, O Vicedo acollerá o plan Entre dunas e volcáns, co guía experto en xeoloxía Iván Rodríguez, que liderará unha ruta xeolóxica pola praia de San Román– Arealonga (para esta actividade xa se esgotaron todas as prazas). Ese mesmo día os alumnos do grao de Turismo da UDC, Anxo García e Juan Fernandes, guiarán a actividade San Cibrao, o ciclo vital da madeira, na que descubrirán esta vila mariñeira a través dos seus oficios tradicionais vinculados ao mar e á madeira.

Aínda é posible reservar praza para a actividade en Cervo a través do enlace: ...

leer más
02/11/2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense vén de abrir novas datas para participar nos Obradoiros con Corazón en Mondoñedo, Ribadeo, Trabada e Viveiro, logo de que se esgotaran todas as prazas ás poucas horas de abrirse a inscrición.

Esta proposta de lecer, que chega este ano á súa terceira edición “cun gran éxito de participación, desenvólvese no contexto do produto turístico A Mariña Artesá que ten como principal obxectivo coñecer o xeodestino e poñer en valor a súa actividade artesanal a través de experiencias artesás inmersivas”.

A iniciativa, promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, ten como principal novidade deste ano a colaboración na organización da Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña Lucense.

... leer más
28/10/2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense mantivo este mércores en Mondoñedo unha reunión de traballo coas empresas adheridas ao programa de Sostibilidade, Intelixencia e Calidade Turística no Ecosistema do Destino (SICTED). O encontro serviu “para revisar o traballo realizado no que vai de ano, compartir impresións arredor dos fitos máis salientables e plantexar novas accións que repercutan no beneficio das entidades adheridas. No decurso da xuntanza informouse ao sector sobre o programa formativo para o sector turístico da Mariña que se desenvolverá nas vindeiras semanas no marco dos convenios asinados coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo baixo o título Empresas turísticas más rendibles, sostibles e innovadoras. Esta acción, totalmente gratuíta, é unha formación de carácter práctico orientada a facilitar a súa implantación no negocio. As tres xornadas...

leer más
21/10/2026

A Mariña acollerá do 24 de outubro ao 15 de novembro a terceira edición do programa Obradoiros con corazón, unha proposta de lecer no contexto do produto turístico A Mariña Artesá que ten como principal obxectivo coñecer o xeodestino e poñer en valor a súa actividade artesanal a través de experiencias artesás inmersivas. A iniciativa, promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, ten como principal novidade deste ano a colaboración na organización da Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña Lucense.

A presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López, presentou esta iniciativa nun acto celebrado en Viveiro e no que tamén participaron a alcaldesa deste municipio, Mariña Gueimunde; o presidente da Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña...

leer más
Etiquetas:
20/10/2026

O Concello de Xove anuncia que a Asociación Cultural Saíñas organiza este sábado, 24 de outubro, a XVII Foliada da Mariña, “unha cita imprescindible para os amantes da música e do baile tradicional galego. A celebración terá lugar a partir das 17:00 horas na praza do Concello de Xove, onde os asistentes poderán gozar dunha tarde e noite cheas de música, baile e tradición”.

A foliada contará con diversas actuacións que amenizarán a xornada e que “converterán Xove nun punto de encontro para todas aquelas persoas que desfrutan do noso folclore e das nosas tradicións”, explica o Concello, que engade: “a maiores da participación dos distintos grupos de bailadores, gaiteiros e pandereteiras da A.C Saíñas a partir das 17:00 horas tamén serán participes desta foliada O Arco da Vella, Gamelas e Anduriñas e Pensamento e Sementeira. Pola noite, a partir das 21:00 horas contarán coa...

leer más
19/10/2026

Rematou á viaxe á Mariña lucense do coñecido escritor e xornalista José Ribagorda, que este pasado domingo, 18 de outubro, visitou varios comercios en Ribadeo e na Pontenova dentro da campaña De compras pola Mariña, da FCAM. Ribagorda estivo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, xunto ao que percorreu as rúas ribadenses máis comerciais. Con eles estiveron o xerente de Acisa, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. José Luis Balseiro, presidente da Asociación de Comerciantes da Pontenova, mantivo tamén un encontro con Gabriel Alén e con José Ribagorda.

A campaña De compras pola Mariña chegará a través de varios vídeos ás redes sociais e á plataforma De las cosas del comer, de José Ribagorda, que pasou estes días por Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, onde se...

leer más
17/10/2026

A campaña da FCAM De Compras pola Mariña conta estes días co escritor e xornalista José Ribagorda, que está visitando o comercio local desta comarca “nunha defensa e aposta polos negocios dos nosos pobos, que son os que enchen de luz e de vida as rúas mariñás”.

Da man da FCAM (Federación de Comercio A Mariña) Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais históricos, algúns que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen.

A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño, en Foz. e o Centro de Interpretación da Faba, en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá durante esta fin de semana, sábado e domingo.

Etiquetas:
29/09/2026
Últimas prazas para os Plans con corazón da vindeira fin de semana en Trabada e A Pontenova. A visita a Trabada do sábado, 3 de outubro, descubrirá o seu valioso legado natural, mentres que A Pontenova seguirá coa ruta do Muiñeiro Namorado o domingo, 4 de outubro.
Segue aberta a inscrición do exitoso programa de actividades Plans con corazón, unha iniciativa para dar a coñecer entre a poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen o xeodestino. Para as actividades da vindeira fin de semana, que terán lugar en Trabada e na Pontenova, quedan xa as últimas prazas, polo que é recomendable anotarse o antes posible se se desexa participar.
Todas as persoas interesadas poder formalizar a inscrición a través do enlace:...
leer más
22/09/2026

Esta fin de semana dará comezo a sétima edición do programa de actividades Plans con Corazón, unha iniciativa para dar a coñecer entre a poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen o xeodestino. Son 16 plans que se desenvolverán do 26 de setembro ao 14 de novembro nos concellos mariñáns “da man de guías locais, expertos coñecedores do territorio, que liderarán unha variada proposta de rutas e visitas guiadas”.

A Mancomunidade de Concellos da Mariña promove este programa de actividades no marco dos convenios de colaboración anuais coa Axencia de Turismo de Galicia e coa Deputación de Lugo, “co obxectivo de ofrecer actividades de lecer singulares que poñan en valor o territorio, permitan á poboación coñecer e gozar do territorio e contribúan á desestacionalización do turismo neste destino”.

... leer más
10/09/2026

A Mariña prepárase para acoller a sétima edición do programa de actividades Plans con corazón, unha iniciativa para dar a coñecer entre a poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen o xeodestino. Trátase de 16 plans que se desenvolverán do 26 de setembro ao 14 de novembro nos concellos mariñáns da man de guías locais, expertos coñecedores do territorio, que liderarán unha variada proposta de rutas e visitas guiadas.

A Mancomunidade de Concellos da Mariña promove este programa de actividades no marco dos convenios de colaboración anuais coa Axencia de Turismo de Galicia e coa Deputación de Lugo, co obxectivo de ofrecer actividades de lecer singulares que poñan en valor o territorio, permitan á poboación coñecer e gozar do territorio e contribúan á desestacionalización do turismo neste destino...

leer más