O grupo de teatro A Mariña representa “A historia dun fidalgo para sempre lembrar” en Cervo este venres, 24 de outubro

Este venres, día 24 de outubro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Concello de Cervo o grupo de teatro A Mariña, da asociación Saúde Mental A Mariña, presenta a súa obra titulada A historia dun fidalgo para sempre lembrar. A entrada é libre ata completar capacidade.

“Unha proposta chea de ilusión, creatividade e moita entrega que promete emocionar a todos e todas”, anuncia o Concello de Cervo.