Cabicivai
23/10/2025
Coincidindo co Día das Bibliotecas, este venres, día 24 de outubro Alfoz acollerá a actuación de Pablísimo coa súa nova proposta: Cabicivai, “un espectáculo sobre rodas cheo de maxia, contos e imaxinación”, anuncia o Concello de Alfoz. Será ás 15:00 horas na Casa da Cultura.
“Unha bicicleta, un kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa … Unha historia para deixar voar a imaxinación de pequenos e maiores!”, explica o Concello de Alfoz.