Rallye da Mariña
06/05/2025
A sétima edición do Rallye da Mariña celebrarase esta fin de semana, desde o venres 9 ata o domingo 11 de maio. Será a cuarta proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2025.
A organización explica que “o rallye constará de catro treitos diferentes, todos eles a dobre pasada, tendo un total del 88,16 quilómetros cronometrados e un total de 286,26 quilómetros. A súa base estará no concello de Viveiro e transcorrerá tamén polos concellos de O Vicedo, Ourol, Cervo e Xove”.