Campionato

09/01/2026

Ribadeo será escenario os días 24 e 25 de xaneiro, sábado e domingo, da primeira manga da Liga Nacional de Clubs Segunda Ouro de bádminton, que reunirá a 150 participantes.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anunciou que “serán once os equipos que se dean cita en Ribadeo os días 24 e 25 de xaneiro para conseguir os primeiros puntos da competición. Proceden de diferentes puntos da península e tamén de Canarias”.

O edil ribadense dixo que “as xornadas desenvolveranse no pavillón municipal de nove e media da mañá a seis da tarde”. E engadiu: “comezamos o 2026 con forza as fins de semana, primeiro teremos cross o dia 17 e despois bádminton. Dúas citas que serán un revulsivo para a hostalería local no inverno e que nos servirán para dar a coñecer os atractivos turísticos da nosa vila”.

... leer más
Etiquetas:
07/01/2026

Ribadeo acollerá o sábado 17 de xaneiro o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-26, que terá lugar a partir das 11:00 horas no Campamento Xuvenil da Devesa. A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou que “empezamos o ano albergando competicións deportivas en Ribadeo, que son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería. Os pasados 29 de novembro e 13 de decembro xa acollemos probas e campionatos clasificatorios na Devesa e agora temos unha nova cita o vindeiro 17 de xaneiro a partir das once da mañá”. O edil dixo: “estamos moi contentos de acoller este tipo de eventos en Ribadeo, polo que supoñen para o deporte, para a promoción turística do...

leer más
Etiquetas:
02/12/2025

Ribadeo acollerá o día 13 de decembro, sábado, o Campionato Provincial Cross Xogade 2025-26, que terá lugar a partir das 10:30 horas no Campamento Xuvenil da Devesa. A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou: “seguimos albergando competicións deportivas en Ribadeo, que son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería. O pasado 29 de novembro xa tivemos unha proba clasificatoria na Devesa e agora celebrarase o Campionato Provincial Cross Xogade 2025-26 o vindeiro 13 de decembro nas mesmas instalacións”. O edil dixo tamén: “estamos moi contentos de acoller este tipo de eventos en Ribadeo”.

Na presentación participaron o...

leer más
Etiquetas:
18/09/2025

O alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias; e Daniel Alonso, do Club de Bolos Xove, presentaron o Campionato de España Feminino Iberdrola 2025. Disputarase esta fin de semana, sábado 20 e domingo 21 de setembro, na Bolera Municipal de Sumoas.

O Concello de Xove destaca que é “unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas. Citaranse 25 xogadoras das diferentes comunidades autónomas que loitarán polo título nacional nun ambiente cheo de emoción e compañeirismo. Animádevos a vir e apoiar ás nosas deportistas nun evento que leva o nome de Xove por toda España!”.

Etiquetas:
27/06/2025

O Concello de Trabada organiza un Campionato de Balinera o día 19 de xullo, sábado, ás 19:30 horas no campo da festa de Abres.

“Este evento, dirixido a persoas de todas as idades, celebrarase nun ambiente lúdico e seguro. As balineras serán facilitadas pola organización, polo que non é necesario dispoñer dunha propia para participar. O campionato contará con premios para os tres primeiros clasificados: 1º, Carabina GAMO, valorada en 249 euros; 2º, Taladro EINHELL, valorado en 213 euros; e 3º, maletín de chaves IRIMO, valorado en 99 euros”, anuncia o Concello de Trabada.

A inscrición é gratuíta e pode realizarse previamente nas oficinas municipais ou no teléfono 982.135.011 ata o 15 de xullo, aínda que tamén será posible anotarse o mesmo día do evento.

O alcalde de Trabada, Rubén García,...

leer más
Etiquetas:
12/06/2025

O concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o  II Campionato Galego de Kung Fu e o II Interautonómico desta mesma disciplina, este próximo sábado, 14 de xuño.

A tenente de alcaldesa Mali Méndez presentou o evento acompañada do director Nacional de Kung Fu da Real Federación Española de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño do municipio.

Hai xa máis de 150 inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, País Vasco e Madrid.

A proba disputarase a partir das 10:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.

A competición depende do departamento de Kung Fu da Federación Galega de Kárate na modalidade de Taijiquan, e os participantes competirán nas modalidades de Taolu (formas ao aire) con armas e man baleira e Taishou...

leer más
21/05/2025

O Pavillón Municipal de Xove acollerá o II Preparatorio ao Campionato Provincial de Show de patinaxe artística este domingo, día 25 de maio, desde as 16:30 horas.

Participarán neste evento deportivo os clubs EDM Chantada, Campelas, ACD Xove, CP Maristas e ED Lourenzá.

06/05/2025

A sétima edición do Rallye da Mariña celebrarase esta fin de semana, desde o venres 9 ata o domingo 11 de maio. Será a cuarta proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2025.

A organización explica que “o rallye constará de catro treitos diferentes, todos eles a dobre pasada, tendo un total del 88,16 quilómetros cronometrados e un total de 286,26 quilómetros. A súa base estará no concello de Viveiro e transcorrerá tamén polos concellos de O Vicedo, Ourol, Cervo e Xove”.

05/05/2025

O evento terá lugar no pavillón da Avenida de Luarca a partir das 16:00 horas. 

A cita está organizada polo Concellería de Deportes e Mocidade, o club A Mariña Bádminton  e a Xunta de Galicia. 

As entidades participantes son: Club Monstruíños Lugo, ED Pastoriza, EDM Meira, ACD Xove, Viveiro, CPI de Friol, ED Chantada, ED Taboada, ED Portomarín e ED Paradela. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “unha fin de semana máis Ribadeo convértese no epicentro deportivo da provincia de Lugo acollendo este Campionato Escolar de Bádminton, que traerá a 120 nenos e nenas e ás súas familias á nosa vila, na que ademais da práctica deportiva poderán gozar dos atractivos turísticos deste concello”.

Na presentación do Campionato Provincial Escolar de...

leer más
Etiquetas:
19/12/2024

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado, 21 de decembro, o XV Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu.

O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo concelleiro, Adrián Arias, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.

Estímase que medio cento de competidores de toda Galicia acudirán ao Pavillón do CEIP Península da Paz para disputar a competición, desde a categoría alevín ata a sénior na madoralidade de kata individual.

Desde o Concello convidan aos veciños e visitantes a desfrutar desta actividade que se enmarca na programación de Nadal do municipio e que busca promover a importancia da actividade física e a competición deportiva.