Wáter-polo
A Piscina Municipal de Lieiro converterase esta fin de semana no epicentro do wáter-polo galego coa celebración do Campionato Galego Alevín-Benxamín Mixto de Verán, que reunirá en Cervo a preto dun cento de deportistas procedentes de diferentes puntos de Galicia.
A competición foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e polo presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, que destacaron “a importancia deste evento deportivo tanto para a promoción do deporte base como para a dinamización do municipio”.
O Concello de Cervo anuncia que a categoría alevín disputarase os días 6 e 7 de xuño. O sábado os encontros comezarán ás 11:00 horas pola mañá e ás 16:00 horas pola tarde, mentres que o domingo arrancarán ás 10:30 horas e continuarán ás 15:30 horas. O sistema de competición desenvolverase en formato de liguiña, cuartos de...
leer másA piscina municipal de Cervo será o escenario esta fin de semana, días 24 e 25 de xaneiro, da Copa Galega absoluta de Wáter-polo masculina e feminina, unha das citas máis destacadas do calendario autonómico desta disciplina deportiva, organizada pola Federación Galega de Natación (FEGAN) coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Cervo.
O evento foi presentado oficialmente nun acto no que participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o presidente da FEGAN, Juan Carlos Brión, que puxeron en valor “a relevancia dunha competición deste nivel para o municipio e para o conxunto do deporte galego”.
Durante a presentación, a alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que “para Cervo é unha satisfacción poder acoller un evento deportivo autonómico desta categoría, que amosa a capacidade das...
leer más




