Rutas
O Concello de Burela pon en marcha unha nova edición de Burela de Ruta, o programa municipal de actividades turísticas que permitirá coñecer durante os meses de xullo, agosto e setembro algúns dos principais recursos patrimoniais, culturais, naturais e vinculados ao mar do municipio.
A programación deste ano incorpora como principal novidade as visitas guiadas ao Molde do Faro, unha estrutura metálica empregada na reconstrución do faro de Burela en 2014 e situada actualmente nas inmediacións da praia da Marosa. No seu interior pode contemplarse unha obra do artista David Catá. As visitas ao Molde do Faro desenvolveranse todos os martes ás 16.30 horas, terán unha duración aproximada de media hora e serán gratuítas. Debido á limitación de prazas, será necesario realizar unha reserva previa a través da páxina web reservasmoldedofaro....
leer másA Deputación de Lugo activa este mércores, 4 de febreiro, o sistema de reservas para solicitar praza nas rutas fluviais pola Ribeira Sacra, que comezarán a nova temporada o día 19 de marzo e prolongarase ata a ponte de decembro mantendo os dous percorridos habituais polo Canón do Sil e polo Cabo do Mundo.
As persoas interesadas en realizar estas viaxes poderán adquirir os seus billetes exclusivamente a través da páxina web reservas.rutasembalses.es, unha plataforma dispoñible as 24 horas do día que permite consultar en tempo real horarios, tarifas, dispoñibilidade de prazas e información práctica para planificar a experiencia. A través deste portal tamén se poden modificar ou cancelar reservas. Non se admiten reservas por teléfono nin por correo electrónico.
... leer másA asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo no Bierzo (León) os días 25 e 25 de outubro. O sábado farán a ruta Senda de Peñalba, que ten unha distancia de 14 quilómetros e é de dificultade baixa. E o domingo percorrerán a ruta de Hayedo de Busmayor, cunha distancia de 9 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será o sábado ás 06:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 22 de outubro chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 619.75.17.04. O prezo é de 120 euros para as persoas asociadas ao colectivo organizador e de 130 euros para as que non o son. As prazas son limitadas e o prezo inclúe desprazamento ida e volta, xantar de mediodía do sábado e o domingo, cea do sábado, pernoita da noite do sábado e almorzo do domingo (no mesmo lugar que se...
leer másA asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo en Somiedo (Asturias) desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.
A saída será o venres ás 18:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do luns 22 de setembro, chamando ao teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 145 euros para os socios do colectivo organizador e de 155 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión e as prazas son limitadas (por orde de inscrición).
O Concello de Burela está a desenvolver rutas gratuítas en kaiak “para que veciñanza e visitantes vivan o mar de preto e de xeito seguro”. As seguintes xornadas desta actividade serán os domingos 24 e 31 de agosto de 16:00 a 19:00 horas na praia do Portelo.
Os kaiaks sitúanse na area da praia, nun espazo delimitado, e o seu uso é rotatorio baixo a supervisión de monitores titulados. Cada sesión terá unha duración de tres horas.
O Concello de Burela reforza a súa oferta turística para este verán cunha programación centrada na cultura mariñeira e nos recursos naturais do municipio. As rutas turísticas, xa activas, ofrecen diferentes opcións para coñecer o territorio desde perspectivas diversas, sempre co mar como fío condutor e sinal de identidade.
Entre as propostas destacan as rutas xa consolidadas, como a Xeolóxica, que permite descubrir a riqueza xeolóxica da contorna; a Mariñeira, centrada na historia e nas tradicións vencelladas ao mar; e a do Peixe, que inclúe a visita á lonxa e a posibilidade de presenciar en directo a poxa e venda do pescado, explica o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, que a destaca como “un elemento diferencial con respecto ao resto de experiencias”.
O Concello de Burela engade que “como novidade este ano...
leer másO Concello de Barreiros organiza un ano máis un programa de roteiros para os meses de xullo e agosto, cos que pretende dar a coñecer ás persoas visitantes perspectivas diferentes do municipio, “amosando a grande diversidade que conflúe no seu territorio”.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “estas rutas están deseñadas para promocionar as partes menos coñecidas do municipio, poñendo en valor paisaxes e actividades propias do territorio e fundamentais no desenvolvemento de Barreiros. O que se pretende é que quen nos visite poida coñecer realmente a onde está vindo e a vida ambiental, social e económica que hai en Barreiros, lonxe de promocionar unha imaxe asociada puramente ao turismo tradicional de sol e praia. Así, estas andainas lévannos á costa, quizais unha parte moi coñecida, pero poñendo o foco no inmenso valor ambiental que se...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de rutas en Piornedo para esta fin de semana, desde o día 13 ata o 15 de xuño.
O colectivo explica: “imos a pola segunda fin de semana de rutas deste 2025; volvemos a Piornedo, ese pobo dos Ancares onde tan ben nos acollen sempre e no que nos sentimos coma na casa. No prezo entra: desprazamento ida e volta a Lourenzá; cea do venres; pernoita de venres a sábado; almorzo e cea do sábado; pernoita de sábado a domingo; e almorzo e xantar do mediodía do domingo. O xantar do mediodía do sábado será en ruta, cada un levará o seu”.
A saída será o venres 13 ás 18:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 10 de xuño, chamando ao teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 120 euros para...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de rutas en Sobrefoz, no municipio de Ponga (Asturias) do 16 ao 18 de maio.
O colectivo explica: “voltamos a Sobrefoz, un pequeno pobo asturiano que nos ten conquistado polo seu encanto e o acolledoras que son as súas xentes. No prezo entra desprazamento ida e volta a Lourenzá; cea do venres; pernoita de venres e sábado; almorzo e cea do sábado; pernoita de sábado e domingo ; almorzo e xantar de mediodía do domingo. O xantar de mediodía do sábado será en ruta, cada un levará o seu (non hai opción de mercar alí, polo que hai que levalo o venres)”.
A saída será o venres 16 ás 16:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 13 de maio, chamando ao teléfono 647.06.70.54 (Javier). O...
leer másA Deputación de Lugo abriu hoxe o prazo para reservar praza nas rutas fluviais pola Ribeira Sacra, unha das propostas turísticas máis destacadas da provincia e que ofrece a institución provincial. A tempada 2025 comezará o próximo 22 de marzo e prolongarase ata finais de ano.
As persoas interesadas en realizar estas viaxes poden adquirir os seus billetes a través da páxina web reservas.rutasembalses.es, onde terán acceso en tempo real a toda a información sobre horarios, tarifas e dispoñibilidade das rutas. A plataforma permite tamén modificar reservas e consultar detalles adicionais de forma sinxela e rápida, estando dispoñible as 24 horas do día. Non se aceptan reservas por teléfono nin por correo electrónico.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou o éxito...
leer más












