Rutas

Etiquetas:
03/11/2023

A Mancomunidade suspende as saídas de A Mariña en Ruta previstas para esta fin de semana. 

“Debido á chegada dunha forte borrasca a partires de mañá decidimos suspender as actividades que iamos desenvolver o sábado e o domingo por Lourenzá, Mondoñedo e Trabada. Por seguridade e responsabilidade non podemos arriscarnos á hora de visitar o patrimonio natural e cultural destes concellos nin nas propias vilas nin a través dunha fraga”, explican desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña.

E engaden: “agardamos poder manter todas as rutas previstas para as vindeiras fins de semana de novembro, á vez que tentaremos buscar novas datas para as saídas que nos vemos na obriga de suspender neste momento”. 

Desde a Mancomunidade sinalan que “para mañá está prevista a chegada a Galicia de Domingos,...

leer más
Etiquetas:
31/10/2023

A Mariña en Ruta seguirá os días 4 e 5 de novembro por Lourenzá, Mondoñedo e Trabada. A andaina prevista para mañá, día 1, en Xove: De Morás a Portocelo, os cantís esculpidos polo mar, foi aprazada por mor da mala previsión meteorolóxica. 

A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Desde outubro e ata finais de novembro están programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado. 

A pasada fin de semana, os días 28 e 29 de outubro, tiveron lugar a ruta a través de San Cibrao e o seu mar e a ruta dos Fornos e Mina Consuelo na Pontenova. “Esta edición do programa de visitas e rutas guiadas pola Mariña Lucense está a ter unha boa acollida, a...

leer más
Etiquetas:
24/10/2023

O programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo ofrece esta semana 7 rutas diferentes para un total de 160 persoas que integran colectivos veciñais de Pantón, Vilalba, Lugo, As Nogais e Castro de Rei. Viaxarán polo territorio grazas a esta iniciativa de rutas gratuítas que puxo en marcha a institución provincial para entidades sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o coñecemento da provincia e favorecer tamén o turismo de proximidade.

Este martes a Asociación de Veciños de Marce, de Pantón, visita O Vicedo, Viveiro e Ourol. Logo dunha parada para coñecer o Pazo de San Marcos da man do Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, puxeron rumbo á Mariña para percorrer lugares como a área etnográfica da Insua, a praia de Covas ou a fervenza da Xestosa. Pola súa banda, o Instituto de Estudos Chairegos Pena do...

leer más
19/10/2023

A Mariña en Ruta seguirá os días 28 e 29 de outubro por Cervo e pola Pontenova. A viaxe ao pasado pola fraga da Becerreira en Trabada, prevista para o 21 de outubro, queda posposta para o 5 de novembro por mor dos lumes acontecidos a pasada ponte festiva. 

A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro están programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado. 

O pasado xoves, 12 de outubro, Sofía López guiou un percorrido por San Miguel de Reinante: comercio, indianos e fidalgos (Barreiros). O 14 de outubro con Boris Vilar os asistentes coñeceron de preto Riotorto, a terra dos ferreiros. E o 15 de outubro Carmen Delia...

leer más
Etiquetas:
10/10/2023

Éxito da nova edición de A Mariña en Ruta, que daba comezo o pasado sábado. Este proxecto está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro están programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado. 

Xa están esgotadas as prazas para as actividades que se desenvolverán os días 12 e 14 de outubro. O vindeiro xoves día 12 Sofía López guiará un percorrido por San Miguel de Reinante: comercio, indianos e fidalgos (Barreiros). E o sábado 14 de outubro con Boris Vilar e o artesán ferreiro JOMACA (José Mario Cabo) os asistentes coñecerán de preto Riotorto, a terra dos ferreiros. Xa o sábado, día 15, Carmen Delia Díaz (La Guiateca) e o artesán Daniel Caxigueiro achegarán aos participantes...

leer más
Etiquetas:
27/09/2023

O 7 de outubro arrinca a cuarta edición deste programa de outono de visitas e rutas guiadas en torno á cultura e natureza da Mariña Lucense, A Mariña en ruta, proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro desenvolveranse 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca terá un papel destacado. Será durante as fins de semana e tamén os festivos 12 de outubro e 1 de novembro. O acto de presentación tivo lugar este mediodía no Cenima, en Foz. 

O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, subliñou que “tras o éxito de A Mariña en Ruta nos anos 2020, 2021 e 2022 con máis de 700 participantes nas 3 edicións celebradas, o proxecto pretende continuar neste 2023 dando a  coñecer a riqueza...

leer más
Etiquetas:
26/09/2023

O Concello de Viveiro anunciou hoxe a dixitalización de máis de 80 quilómetros de rutas de sendeirismo e paseos, dentro do programa ‘Descubre Viveiro’, para impulsar o turismo sostible e de natureza.

A presentación das rutas correu a cargo da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Turismo, Marisol Rey, e Horacio Albo, de EI Estudio de Comunicación.

“Desta maneira, foméntase un turismo desestacionalizado e respectuoso cos nosos numerosos recursos naturais, o Souto da Retorta, a ruta dos Muíños de Balea, a subida aos nosos montes máis importantes, San Roque, Castelo, Penedo do Galo, o paseo fluvial, o paseo marítimo e moitos máis, evitando deste modo as masificacións nun so lugar”, explicou a alcaldesa de Viveiro.

Marisol Rey engadiu que “os visitantes poden consultar...

leer más
Etiquetas:
12/09/2023

A Deputación de Lugo botou a andar este martes a segunda quenda de viaxes da terceira edición do programa Coñece a túa provincia.Faranse excursións gratuítas dun día os martes, mércores e venres, nas que participarán máis 1.230persoas de 55 entidades da provincia ata o 7 de novembro.

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, e o Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, foron os encargados de dar a benvida ás primeiras entidades participantes desta nova quenda de viaxes: aasociación de veciños San Cristovo de Mouricios, de Chantada, e a asociación cultural e de veciños Fumiña-Paraxes, da Pastoriza. Os chantandinos visitaron o Pazo de San Marcos e achegáronse ao municipio de Cervo, mentres que o colectivo pastoricense coñeceu o traballo que realiza a Produtora de Audiovisuais, e os...

leer más
Etiquetas:
04/08/2023

O Concello de Trabada organiza rutas de sendeirismo durante o verán. Todas elas darán comezo ás 10 horas na Oficina de Turismo cada mércores e domingo de agosto. Para participar, é preciso anotarse nos teléfonos 982-14-39-56 e 982-13-50-11 en horario de 10 a 14h ata o día antes da ruta que se desexe realizar.

A primeira ruta será o mércores 9 pola Fraga de Becerreira, que se repetirá tamén o domingo 27. Seguidamente, o 13 poderá realizarse a ruta do Monte Roxal-Teixido e o mércores 16 a ruta do Vento. Tamén, o domingo 20 está organizada a ruta da Subida ao Picato, que tamén está prevista para o domingo 30.

Etiquetas:
03/04/2023

O Concello de Ribadeo organiza 5 roteiros guiados durante esta Semana Santa. 

O mércores, 5 de abril, desenvolverase a XeoRuta dos Ollos con saída ás 10:30 horas desde a praza de Santa Catarina, en Rinlo. 

Para o xoves, 6 de abril, estará prevista unha ruta polo Ribadeo Indiano, que partirá ás 17:00 horas da Oficina de Turismo. 

O venres, día 7, será tempo para que os visitantes poidan achegarse ata o Ribadeo Ilustrado. Esta ruta sairá tamén ás cinco da tarde das inmediacións do Concello. 

O sábado, 8 de abril, terá lugar a XeoRuta da Ría con saída ás 16:30 horas da Oficina de Turismo. 

E o domingo, día 9, neste caso en horario de mañá haberá unha nova ruta polo Ribadeo Indiano. Dará comezo ás 12:00 na Oficina de Turismo, 

... leer más