Rutas
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia, organiza as II Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que se desenvolverán as fins de semana do 9 ao 18 de outubro. Nesta ocasión estarán destinadas aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, das axencias de viaxes e dos centros educativos de Galicia.
Desde a Mancomunidade o seu presidente, Fran Cajoto, lembra que “se trata de xornadas con actividades gratuítas que o ano pasado estiveron dirixidas ao público en xeral e que este ano o ente supramunicipal xunto aos artesáns decidiu dedicar especialmente aos profesionais do turismo, hostalaría e comercio locais, axencias de viaxes e centros educativos. Co obxectivo por un lado, de que os profesionais do territorio e en contacto co turista podan...
leer másA Mancomunidade fai unha valoración moi positiva do programa A Mariña en Ruta, que se desenvolveu durante os meses de agosto e setembro. 327 persoas gozaron da oferta de rutas ofrecidas e amosáronse partidarios de volver repetir a experiencia e consideran que debería ter continuidade. O ente supramunicipal anunciará ao longo dos vindeiros días o calendario de roteiros programados para este outono.
O pasado 26 de setembro remataban os roteiros programados para agosto e setembro de A Mariña en Ruta, que contaron cunha moi boa acollida. O proxecto, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, e coordinado pola empresa de ecoturismo Maremasma, puxo en valor o rico patrimonio cultural e natural da Mariña Lucense con 21 roteiros únicos durante este atípico verán 2020 marcado...
leer másA Fraga da Furna, na Serra do Xistral, e Mondoñedo serán as seguintes paradas de A Mariña en Ruta, os roteiros que organizou a Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense durante os meses de agosto e setembro.
Mañá, día 12, terá lugar a ruta á Fraga da Furna, que guiará Óscar Chao. A Fraga de Furna é unha ruta de interpretación de ecosistemas característicos da Serra do Xistral. Pretende ser unha iniciación á procura e interpretación de indicios de presenza de fauna silvestre (pegadas, excrementos, depredacións…). A ruta discorre por unha das fragas mellor conservadas do norte galego, onde os asistentes terán a oportunidade de analizar a súa orixe xeolóxica, a súa fauna e flora asociadas, e comprobarán o contraste cos ecosistemas de altura e turbeiras de cobertor, así como a presenza de diferentes especies animais, normalmente esquivas...
leer másDo 8 ao 10 de setembro seguirán os roteiros de A Mariña en Ruta por paraxes de O Vicedo, Cervo e Xove. Esta iniciativa da Mancomunidade está a ter moi boa acollida entre os asistentes.
O vindeiro martes, día 8, terá un lugar un paseo entre volcáns, en O Vicedo, que será guiado por Francisco Canosa. Os participantes nesta ruta poderán descubrir unhas rocas que hai millóns de anos formaban parte dun conxunto de volcáns de máis de 600 quilómetros de lonxitude. Tamén visitarán lugares onde as rocas falan do pasado xeolóxico desta parte da Mariña lucense, de qué cambios se foron producindo nelas ata chegar ao aspecto que teñen na actualidade.
Municipio: O Vicedo.
Data: 8 de setembro do 2020.
Hora de inicio: 10:00 horas.
Duración: 3 horas.
Lugar de início: Restaurante Area Grande (Praia de San...
O luns, día 24, terá lugar un roteiro pola Fraga da Vilapena, en Trabada, que será guiado por Óscar Chao. Trátase dunha ruta de interpretación dun bosque húmido cantábrico. Será unha iniciación á busca e interpretación de indicios de presenza de fauna silvestre (pegadas, excrementos, depredación, etc). Durante a ruta os asistentes poderán observar a flora atlántica característica dun bosque húmido, así como comprobar a presenza de diferentes especies animais, normalmente esquivas e de hábitos nocturnos, a través de cámaras de foto-trampeo.
Municipio: Trabada.
Data: 24 de agosto do 2020.
Hora de inicio: 10:00 horas.
Duración: 2 horas e media.
Lugar de inicio: Vilapena (Trabada). Coordenadas: 43.408785, -7.219400
Dificultade: Media.
Observacións: A organización recomenda levar auga, crema solar e repelente...
Por Barreiros e polo Valadouro discorrerán os vindeiros roteiros de A Mariña en Ruta os días 19 e 22 de agosto.
Ecosistemas da Praia de Arealonga (Barreiros) é un roteiro interpretativo dos ecosistemas dunha praia no que se analizará a orixe xeolóxica do areal e a existencia de turbeiras e solos fósiles. Será o vindeiro mércores, 19 de agosto. Comprobarase o funcionamento das mareas no mar Cantábrico e poderase observar a fauna e a flora do ecosistema dunar. Na zona intermareal estudaranse as adaptacións de diferentes especies ante as duras condicións ás que se ven sometidas durante os ciclos de mareas, identificando os principais grupos de algas e animais.
Esta ruta será guiada por Óscar Chao, que é Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Posúe un Máster en Xestión de Sistemas...
leer másA Concellaría de Economía, Turismo e Desenvolvemento Local organiza seis percorridos guiados polo seu patrimonio natural e cultural, que se desenvolverán durante os meses de agosto e setembro.
Segundo explican desde Turismo: “dende o punto de vista natural darase unha ampla visión do importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral, que vai dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ata a maior estrutura xeolóxica da Mariña lucense”.
Deste xeito organízase a Xeoruta dos Pregues para descubrir o gran pregue que se estende dende a Ría de Foz á de Ribadeo e que terá lugar os días 11, 18 e 25 de agosto, e 1 e 10 de setembro, sendo o punto de encontro a área recreativa da Areosa (Piñeira). Trátase dunha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense
... leer másO Concello de Burela reanuda o vindeiro martes, 4 de agosto, as súas Rutas Xeolóxicas e as visitas ao barco museo Reina del Carmen, que foron suspendidas cando se produciu o brote de COVID na comarca. E volven con límite de aforo: 20 persoas como máximo para as rutas e 8 para as visitas ao barco museo.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, explicou que “desde a Delegación de Turismo queremos anunciar que vamos a reactivar as actividades turísticas que tíñamos suspendidas polo rebrote que tivemos aquí na Mariña e máis concretamente en Burela. Con isto anunciamos que volvemos a retomar o que son as Rutas Xeolóxicas. Vaise empezar a facer a primeira deste ano o martes, 4 de agosto, e vai ser a ruta de O Perdouro. E teremos tamén rutas o dia 6 e o dia 8. O dia 6 temos a do Cantiño e o día 8 o da Marosa.”
...
leer másAs Concellerías de Turismo e Medio Ambiente suspenden as rutas xeolóxicas da vindeira semana, debido ao confinamento da comarca da Mariña que vai decretar a Xunta desde a media noite.
Ramiro Fernández comentou esta tarde que “para estes días estaban previstas dúas rutas, a do Perdouro mañá, día 6, e a do Cantiño o mércores, 8 de xullo. Estas quedan canceladas, debido á situación na que nos atopamos. E despois teremos que decidir en función dos acontecementos”.
O concelleiro de Turismo fixo unha chamada á responsabilidade cidadá: “ou somos conscientes da gravidade desta pandemia e actuamos con responsabilidade ou imos pasar unha grande parte do verán confinados. E esa sería unha moi mala noticia para Burela e para a comarca da Mariña. Vimos de pasar unha primavera moi dura, de vivir unha situación sen precedentes...
leer másO Concello presentou unha nova edición das Xeorutas que terán lugar este verán. Son as de A Marosa, O Perdouro e O Cantiño. Ademais, como novidade este 2019 inclúe unha Xeoruta Circular por Burela, cunha duración de seis horas e que está prevista para os días 18 de xullo e 28 de agosto. Esta fai un percorrido polas tres rutas xeolóxicas de Burela, ademais de visitar as praias, os paseos marítimos e a subida ao Monte Castelo.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, anunciou que “desde o Concello de Burela, a Delegación de Turismo e a de Medio Ambiente, vimos de presentar unha nova edición das Rutas Xeolóxicas para este verán 2019. Vanse desenvolver os meses de xullo, agosto e setembro”.
O edil burelés salientou que “como novidade este ano incluímos unha Xeoruta Circular, que vai ter unha duración aproximada...
leer más