Outono
O Concello de Foz preparou para este outono unha programación cultural que ocupa todas as fins de semana dos meses de outubro e novembro. Está centrada no teatro e no cine.
“A finalización do verán non foi un punto e a parte para a nosa programación, foi un punto e seguido. Cambiamos os espazos exteriores polos interiores e houbo unha moi boa aceptación do público do programa de teatro afeccionado, que se levou a cabo por Pico do Castro e Fegatea, e o novo ciclo Domingos de cine en Foz, que organiza o concello coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Academia Galega do Audiovisual”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que engade: “outubro comezou co mellor teatro galego, coa obra Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, e continuamos este venres 9 ás 20.30 horas na Sala Bahía con As Gardiás...
leer másEste domingo, 11 de outubro, a Praza do Concello de Barreiros acollerá o Mercadiño no Outono, “unha xornada de encontro veciñal con preto de 40 postos de produtos de proximidade e máxima calidade” organizada polo Concello de Barreiros coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A xornada comezará ás 11:00 horas coa apertura dos postos e a actuación do grupo de gaitas da Agrupación Folclórica O Arco da Vella. Ás 11:30 horas terá lugar o faladoiro Lambiscadas Científicas, con entrada libre, no que se abordarán as enfermidades transmitidas por carrachas en Galicia e as principais medidas de prevención.
Ás 12:00 horas, actuación musical en vivo de Lorena Doval & Manu Arroyo, que amenizarán o ambiente do mercadiño. Media hora despois, ás 12:30 horas, darán comezo as degustacións de elaboracións...
leer másO Concello de Barreiros organiza un ano máis o Mercadiño no Outono, unha cita tradicional que terá lugar o domingo 12 de outubro na Praza do Concello. A iniciativa conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Degustacións, obradoiros, actividades para as crianzas, música en vivo e máis actividades acompañarán a máis de 30 postos de alimentación e artesanía dende as 11 ata as 20 horas.
Como novidade desta edición realizarase un obradoiro de cestería en colaboración co Centro de Artesanía da Deputación Provincial ao cal será necesario inscribirse previamente no rexistro do Concello de Barreiros ata completar as prazas e no cal terá prioridade as persoas censadas no Concello de Barreiros.
O Mercadiño comezará ás 11 horas coa actuación do grupo de gaitas da A.F O Arco da...
leer másO Concello de Foz presenta a súa programación cultural de outono, que inclúe representacións teatrais, proxeccións de cine e actuacións musicais.
“O outono é tempo de castañas, de novos comezos e de cambio de espectáculos de rúa ao interior. E en Foz comeza de novo a tempada de teatro en sala, de cine e a música tamén terá o seu oco”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
“Teremos cousas para grandes e pequenos, con sorpresas”, continúa a edil: “a programación ten actividade todas as semanas dos meses de setembro, outubro, novembro e do mes de decembro só se ofrece un pequeno adianto. Ademais irán xurdindo actividades que se sumarán ás que xa se anuncian”.
Inés López Couto destaca que “como gran referente da actividade outonal está a obra de teatro Yo solo quiero irme a...
leer másCervo e Foz serán as seguintes paradas das rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón os días 26 e 27 de outubro.
Noela Feal será a encargada de guiar aos participantes a través da parroquia de Lieiro, en Cervo, onde se unen o liño e o mar. Os asistentes coñecerán a relevancia histórica na produción de liño, a orixe do seu nome, así como o proceso completo da súa elaboración e achegaranse ata o Museo do Mar, onde profundarán nesta temática. Será o vindeiro sábado, 26 de outubro.
Xa o domingo Ana Pena guiará a visita Sabor a mar por Foz, cuxa historia está intimamente ligada ao mar. Os participantes recibirán información sobre a importancia do seu porto, así coma dos astaleiros e fábricas de conservas. Ademais, a través dun paseo costeiro, poderán descubrir algunhas praias e...
leer másO concello de Barreiros foi escenario da presentación conxunta dos produtos que veciñanza e visitantes poderán degustar o vindeiro domingo no marco do Mercadiño de Outono que se celebrará na Praza do Concello.
A alcaldesa, Ana Ermida, quixo destacar a importancia de utilizar as administracións como palancas para impulsar e apoiar iniciativas de calidade e proximidade. “Con esa intención naceron no seu momento os mercadiños organizados por este Concello, desde a área de Dinamización, e nese obxectivo de poñer en valor a produción e o traballo das nosas veciñas e veciños, seguimos traendo produtos de calidade e proximidade en cada mercado.”
“Queremos amosarlle ao mundo o potencial da nosa terra e apostamos por ofrecer un escaparate aos produtos de proximidade. Ademais, nesta ocasión, teremos a oportunidade de...
leer másA vindeira fin de semana seguirán por Trabada e por Xove as rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística durante os meses de outubro e novembro.
A paisaxe fluvial e a etnografía de Trabada serán as protagonistas o vindeiro 12 de outubro. A visita será guiada por Carmen Delia. Os asistentes realizarán unha pequena visita para descubrir tradicións, a historia, o patrimonio natural e industrial de Trabada comezando polo Eo nun espectacular recuncho de Ría de Abres. Os participantes terán a posibilidade de coñecer a vía verde que vertebrou a comarca, ademais de ser parte do patrimonio industrial da Mariña, como é o caso da Sociedade Mineira de Vilaodriz....
leer másO domingo día 13 de outubro terá lugar unha nova edición dos mercadiños estacionais que organiza o Concello de Barreiros e que “volverá encher a Praza do Concello de postos e actividades nos que a veciñanza poderá disfrutar dunha xornada festiva de compras nos distintos postos de artesanía e alimentación. Tamén volveremos desfrutar das saborosas degustacións de produtos de porco celta, coas mini hamburguesas que tan bo éxito tiveron no anterior mercadiño de primavera e tamén, como novidade neste mercadiño, poderemos degustar croquetas e empanadillas que se elaboran desde fai pouco tempo en Barreiros e que se poderá acompañar doutro produto feito neste concello, a cervexa artesá Augas Santas fabricada en San Xusto”, anuncia o Concello.
Haberá actividades para todos os públicos, música en directo, as xa habituais actividades da tarde para...
leer másA vindeira fin de semana arrincan as rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística durante os meses de outubro e novembro.
As actividades desenvolveranse as fins de semana así coma os festivos do 12 de outubro e 1 de novembro. Terán unha duración de 2 a 4 horas e poderán participar nas mesmas ata un máximo de 25 persoas. O prezo será de 5 euros para individual; 8 euros para parella; 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros.
A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase a través da web de Turismo de A Mariña Lucense: https://...
leer másO próximo 5 de outubro arrinca a quinta edición do programa de rutas e visitas guiadas en torno á cultura e natureza dos 16 concellos da Mariña Lucense. Baixo o nome A Mariña. Plans con corazón. 16 rutas e visitas guiadas por 16 concellos, trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística na temporada de outono.
Esta iniciativa ven ser a continuación de A Mariña en Ruta, que agora se renova, introducindo novidades e adaptando a súa identidade á nova imaxe de marca turística da Mariña. Foron programadas un total de 16 rutas e visitas guiadas, que se realizan nos 16 concellos que conforman o xeodestino da Mariña, a partir das propostas realizadas polos guías oficiais de turismo Ana Pena, Boris Vilar, Carmen Delia e Noela Feal, coa...
leer más












