Mercadiño

Etiquetas:
02/12/2025

Barreiros celebra o seu Mercadiño no Nadal este domingo, día 7 de decembro. Será na Praza do Concello e comezará ás 11:00 horas, cando abrirán os postos e actuará o grupo de gaitas da AF O Arco da Vella.

As actividades continuará ás 12 horas cun taller de Nadal sobre guirnaldas, con inscrición previa, e haberá música en directo con Two in the mirror.

De 12:30 a 14:30 horas farase unha degustación de elaboracións de porco celta (ata rematar existencias). Ás 17:00 horas comezarán uns obradoiros infantís de Nadal e dinamización infantil, ás 18:00 horas haberá Chocolatada de balde e ás 20 horas terá lugar un sorteo de cestas e pechará o mercadiño.

Durante toda a xornada haberá un posto de libros solidarios a prol da asociación Guillem Veiga Iglesias, de Barreiros.

Etiquetas:
28/11/2025

O Concello de Trabada organiza -xunto coas entidades locais A.C. Veiguello, A.C. O Picato e o Motoclube A Cadeira- para o sábado, 20 de decembro, unha nova edición do Mercadiño de Nadal, que terá lugar na Praza do Concello entre as 11:30 e as 20:00 horas. A xornada inclúe actividades para todas as idades, música en directo, obradoiros, mostra de produtos locais e artesáns, así como propostas especialmente dirixidas ao público infantil.

O Mercadiño comezará ás 11:30 horas coa apertura oficial. Ás 12:00 horas terá lugar unha exposición fotográfica a cargo da Asociación Cultural O Veigello de Villaformán, seguida ás 12:30 horas dun obradoiro de postais de Nadal destinado aos máis pequenos e pequenas.

A música será outra das protagonistas da xornada. Ás 13:00 horas o músico Vadim Yukhnevich ofrecerá unha actuación...

leer más
Etiquetas:
02/10/2025

O Concello de Barreiros organiza un ano máis o Mercadiño no Outono, unha cita tradicional que terá lugar o domingo 12 de outubro na Praza do Concello. A iniciativa conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Degustacións, obradoiros, actividades para as crianzas, música en vivo e máis actividades acompañarán a máis de 30 postos de alimentación e artesanía dende as 11 ata as 20 horas.

Como novidade desta edición realizarase un obradoiro de cestería en colaboración co Centro de Artesanía da Deputación Provincial ao cal será necesario inscribirse previamente no rexistro do Concello de Barreiros ata completar as prazas e no cal terá prioridade as persoas censadas no Concello de Barreiros.

O Mercadiño comezará ás 11 horas coa actuación do grupo de gaitas da A.F O Arco da...

leer más
Etiquetas:
06/06/2025

No Concello está aberto ata o 16 de xuño o prazo para presentar solicitudes de participación no Mercadiño de Ultramar que se celebrará o 12 de xullo, no marco do X Ribadeo Indiano. 

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Marta Saiz, explicou que “o Mercadiño de Ultramar terá lugar na Rúa San Roque durante o día 12 de xullo en horario continuo de 11:00 a mañá ata a finalización do Festival de Habaneras que será aproximadamente sobre as 22:00 horas. Poderán participar preferentemente as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan algunha actividade relacionada coa cultura indiana ou da época (finais do S.XIX e principios do S.XX)”.

A edil ribadense contou que “para a garantir a diversidade de produtos no mercado a organización asegurará a maior diversificación dentro de cada categoría de produtos...

leer más
15/05/2025

O Concello de Barreiros anuncia que se presentou na Praza do Concello de Barreiros o programa Un gusto de rural, un rural degusto, da Área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achegará ao Mercadiño na Primavera -este domingo, día 18 de maio- degustacións elaboradas con carne de razas autóctonas. Desta volta ofreceranse minihamburguesas de tenreira de raza Caldelá e croquetas de cordeiro de raza Ovella Galega. Ámbalas dúas estarán elaboradas con produtos de proximidade e procedentes de dous criadores da zona como son: Alejandro Salvatierra (A Pontenova ) e Luis Fernández (Riotorto). Ademais disto, Pastelería Obradoiro elaborará un petisco especial para a merenda das crianzas.

As degustacións serán entre as 12:30 e as 14:30 horas e os vales para catar estes bocados repartiranse nos postos do mercadiño coas compras...

leer más
13/05/2025

O Concello de Barreiros organiza para este domingo, día 18 de maio, unha nova edición do Mercadiño na Primavera, que terá lugar na Praza do Concello e “contará cun programa cheo de actividades e propostas que inclúen música en directo, obradoiros, degustacións e actividades infantís. O mercadiño desenvolverase entre as 11 e as 20 horas e contará cunha ampla variedade de postos nos que se poderán mercar produtos locais, de proximidade, artesáns e outras variedades pensadas para todos os gustos”.

O programa é o seguinte: ás 11:00 horas, apertura do mercado, amenizada pola actuación do grupo de gaitas do A.F O Arco da Vella; ás 12:00 horas, concerto de Dous en punto (grupo formado por Carlos Bau e Hugo Torreiro que ofrecerá música en directo coas súas mellores versións); de 12:30 a 14:30 horas, degustacións de elaboracións con razas...

leer más
Etiquetas:
03/12/2024

O Mercadiño no Nadal de Barreiros, que se celebrará este domingo, día 8 de decembro, de 11h a 20 horas inclúe numerosas actividades, como actuacións musicais, degustación, obradoiros e sorteos.

O Concello anuncia o programa de actividades: “ás 11:00 horas apertura dos postos coa actuación do grupo de gaitas da A.F. O Arco da Vella; ás 12:00 horas o grupo Condensadores de fluzo seguirá co fío musical do Mercadiño; de 12:00 a 14:30 horas contaremos cunha food truck da Federación de razas autóctonas de Galicia (Boaga), na que degustaremos distintas elaboracións realizadas con produtos de produtores locais (Faba de Lourenzá con Galiña de Mos, croqueta de cordeiro de raza Ovella Galega e hamburguesa de poldro de Pura Raza Galega); será de balde previa compra nalgún dos postos do mercadiño; ás 16:00 horas será o taller de coroas de Nadal...

leer más
Etiquetas:
27/11/2024

O domingo 8 de decembro daranse cita na Praza do Concello de Barreiros unha trintena de postos acompañados de diversas actividades relacionadas co Nadal, nos que a veciñanza e visitantes poderán gozar dunha xornada festiva de 11 a 20 horas.

O evento contará con carpa e realizaranse diversas degustacións ao longo do día.

Estará organizado pola Concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros contando co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
11/11/2024

O Concello de Trabada, coa colaboración do Motoclube A Cadeira e a asociación cultural O Picato, organiza o sábado 21 de decembro un Mercadiño de Nadal con actuacións musicais e actividades para os nenos e nenas. “Queremos que o deste ano sexa un mercadiño especial, un lugar de encontro da veciñanza e os que nos visitan para dar comezo ao Nadal”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García, que presentou o cartel coa tenente de alcalde, Julia María Barcia, e representantes do Motoclube A Cadeira e a asociación O Picato.

O mercado, que será de 12:00 a 20:00 horas na praza do Concello, terá produtos locais e artesanais de proximidade, a actuación da Coral Entre Ríos, Papanoelada moteira con chocolate e biscoito gratis e a visita de Papá Noel e o Apalpador. Ademais os nenos e nenas terán inchables gratis durante toda a xornada e pintacaras. O...

leer más
Etiquetas:
11/10/2024

O concello de Barreiros foi escenario da presentación conxunta dos produtos que veciñanza e visitantes poderán degustar o vindeiro domingo no marco do Mercadiño de Outono que se celebrará na Praza do Concello. 

A alcaldesa, Ana Ermida, quixo destacar a importancia de utilizar as administracións como palancas para impulsar e apoiar iniciativas de calidade e proximidade. “Con esa intención naceron no seu momento os mercadiños organizados por este Concello, desde a área de Dinamización, e nese obxectivo de poñer en valor a produción e o traballo das nosas veciñas e veciños, seguimos traendo produtos de calidade e proximidade en cada mercado.”

“Queremos amosarlle ao mundo o potencial da nosa terra e apostamos por ofrecer un escaparate aos produtos de proximidade. Ademais, nesta ocasión, teremos a oportunidade de...

leer más