Camiño Norte
O Concello de Trabada abre o prazo de inscrición para unha nova ruta de sendeirismo, que terá lugar o domingo 19 de abril, baixo o título Trabada e o Camiño Norte, organizada en colaboración coa Asociación Paso a Paso.
A actividade consistirá nun percorrido a pé dende a Ría de Abres ata Trabada, seguindo o trazado do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio. A ruta contará cunha distancia aproximada de 10 quilómetros e un nivel de dificultade media, sendo unha proposta accesible para aquelas persoas afeccionadas ao sendeirismo. A saída terá lugar ás 10:00 horas dende a Praza do Concello, e ao finalizar o percorrido celebrarase unha comida no pavillón municipal.
O prezo da inscrición é de 8 euros e poderá realizarse ata o 15 de abril nas oficinas municipais ou a través do teléfono 982.135.011. A...
leer másO Concello de Trabada pon en marcha unha nova edición das rutas de sendeirismo organizadas en colaboración coa asociación Trabada paso a paso. Contará con cinco actividades ao longo do ano 2026. A primeira das rutas terá lugar o domingo 29 de marzo e consistirá nun percorrido polo Camiño Norte de Santiago, cunha distancia aproximada de 8 quilómetros e dificultade media.
“A actividade partirá do concello veciño de A Veiga (Asturias) e rematará na parroquia da Ría de Abres, seguindo o trazado do Camiño de Santiago. A saída está prevista ás 10:00 horas desde o centro social da Ría de Abres. A inscrición é gratuíta e poderá realizarse ata o 26 de marzo nas oficinas do Concello de Trabada ou a través do teléfono 982 135 011. Desde a organización lembran tamén que será obrigatorio o uso de chaleco reflectante durante o percorrido. Ao finalizar a...
leer másO Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, participou este luns, na Casa Habanera de Guitiriz, na presentación das XII Xornadas do PeregrinoAbrindo Camiño nas comarcas de A Mariña e a Terra Chá. No marco desta iniciativa, impulsada pola Asociación de Amigos do Camiño do Norte Abrindo Camiño e na que colaboran a Deputación e os concellos de Lourenzá, Mondoñedo, Foz, Barreiros e Guitiriz, realizaranse catro andainas no mes de xuño para impulsar o Camiño do Norte ao seu paso pola provincia de Lugo.
As tres primeiras rutas serán os días 16, 23 e 29 de xuño e discorrerán pola variante marítima do Camiño do Norte, polos municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz, Lourenzá e Mondoñedo. A cuarta andaina será o 30 de xuño polo Camiño do Norte ao seu paso polas localidades de Baamonde,en Begonte, e Parga, en Guitiriz.
... leer másO Concello de Mondoñedo asistirá este ano ao II Fórum do Camiño de Santiago ‘Fairway’, que se celebrará do 12 ao 14 de novembro no Palacio de Congreso e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela. Neste espazo, no que se aborda o fenómeno do Camiño en toda a súa amplitude, a alcaldesa da localidade, Elena Candia, presentará unha guía cos recursos que ofrece Mondoñedo ao peregrino co obxectivo de posicionar a cidade como final de etapa do Camiño Norte.
Ademais dunha guía cos recursos cos que conta a localidade, Elena Candia tamén adianta que neste escaparate, punto de encontro entre empresas, institucións e destinos; dende o Concello de Mondoñedo presentarán unha proposta centrada naposta en valor do potencial turístico e da unión entre as dúas catedrais do Camiño Norte, dende Mondoñedo a Santiago de Compostela.
... leer másO salón de actos do Concello de Lourenzá acolleu hoxe a presentación da iniciativa denominada Trouleando polo Camiño Norte, que organizan os concellos de Vegadeo,Trabada, Lourenzá e Mondoñedo e as asociacións Asturgalaica e Abrindo Camiño. No acto participaron as alcaldesas de Trabada e de Lourenzá, Mayra García Bermúdez e Rocío López García; o alcalde de Vegadeo, César Álvarez Fernández; a concelleira mindoniense Ángeles Rodríguez Rico; os presidentes dos colectivos que están na organización desta actividade, Luis Fernández Ansedes e Manuel Méndez Vázquez, e outros representantes destas asociacións.
A iniciativa consiste nun recorrido a pé “de promoción do histórico e orixinal trazado” desde Salave, en Tapia de Casariego, ata Mondoñedo, pasando por Vegadeo, Trabada e o Val de Lourenzá.
Estes itinerarios...
leer más












