Ruta

Etiquetas:
21/03/2026

O municipio de Cervo será o escenario da III Ruta Cabalar, que se celebrará o vindeiro domingo 5 de abril, organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira coa colaboración do Concello, que anuncia: “a saída está programada para as 10:00 horas desde o polideportivo de San Román, punto de inicio dun percorrido pensado para desfrutar da contorna natural e da afección polo mundo ecuestre. Durante a ruta, haberá un aperitivo para os participantes a metade do traxecto, nunha xornada que combinará deporte, natureza e convivencia”.

O Concello de Cervo explica tamén que “unha vez rematada a ruta a actividade continuará no polideportivo con sesión vermú e baile amenizado por Disco Móbil Conxuro. Ademais celebrarase un xantar aberto tanto ás persoas inscritas na ruta como a quen desexe asistir, con ou sen cabalo. O menú estará composto por paella,...

leer más
Etiquetas:
17/03/2026

A Asociación A Magdalena, da parroquia de Xudán (A Pontenova) organiza unha xornada de sendeirismo pola Ruta das Minas, “para gozar da natureza e da historia mineira”. Será o sábado 4 de abril con saída desde a Praza dos Fornos as 10:30 horas para facer un percorrido de 5 quilómetros e unha comida campestre no Forno do Boulloso.

O prezo desta actividade é de 10 euros, as prazas son limitadas e os tickets para participar poden recollerse en Librería Eugenia ata este venres, 20 de marzo.

12/03/2026

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 21 de Marzo, sábado, un percorrido polo municipio asturiano de Grandas de Salime. A distancia a percorrer son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán e despois visitarán o Museo Etnográfico de Grandas de Salime.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 18 de marzo. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.

Etiquetas:
11/03/2026

O Concello de Trabada pon en marcha unha nova edición das rutas de sendeirismo organizadas en colaboración coa asociación Trabada paso a paso. Contará con cinco actividades ao longo do ano 2026. A primeira das rutas terá lugar o domingo 29 de marzo e consistirá nun percorrido polo Camiño Norte de Santiago, cunha distancia aproximada de 8 quilómetros e dificultade media.

“A actividade partirá do concello veciño de A Veiga (Asturias) e rematará na parroquia da Ría de Abres, seguindo o trazado do Camiño de Santiago. A saída está prevista ás 10:00 horas desde o centro social da Ría de Abres. A inscrición é gratuíta e poderá realizarse ata o 26 de marzo nas oficinas do Concello de Trabada ou a través do teléfono 982 135 011. Desde a organización lembran tamén que será obrigatorio o uso de chaleco reflectante durante o percorrido. Ao finalizar a...

leer más
10/03/2026

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta dos Grobos, no municipio lucense de Becerreá, este domingo, día 15 de marzo. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade moderada, con 9 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 12 de marzo.

01/02/2026

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 15 de febreiro, domingo, un percorrido pola Ruta del Estraperlo, no municipio asturiano de Vegadeo. A distancia a percorrer son 13 quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán un cocido de Entroido.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 11 de febreiro. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.

Etiquetas:
27/01/2026

O día 8 de marzo, domingo, partirá de Ribadeo a quinta edición da ruta Camiño do Mar Concello a Concello. No Pazo de Ibáñez tivo lugar este martes a presentación, na que participaron o alcalde, Dani Vega; a concelleira de Turismo, Marta Saiz; o presidente da asociación de Amigos del Camino del Mar (organizadora do evento), Manuel Vicente; e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.

Manuel Vicente indicou: “eu creo que o Camiño do Mar é unha oportunidade non só para a Ribadeo, senón para a toda comarca e un pouco tamén recuperar a hospitalidade que sempre tivo Ribadeo, a hospitalidade que sempre tivo a comarca, e é invitar a toda a xente que poida a participar nesta quinta edición do Camiño do Mar Concello a Concello para recorrer os 280 quilómetros, contando coa colaboración de todos os concellos polos que pasa o Camiño do Mar. Agradecervos...

leer más
11/01/2026

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 18 de xaneiro, domingo, unha ruta no municipio coruñés de Ortigueira, concretamente polo tramo do Camiño Natural do Cantábrico desde o banco de Loiba ata o paseo marítimo de Espasante. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do xoves 15 de xaneiro. O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.

09/12/2025

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta do Muiñeiro Namorado, no municipio da Pontenova para este sábado, día 13 de decembro. A distancia a percorrer son 9 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante O Lar de Balbina.

A saída será ás 09:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 10 de decembro. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.

Etiquetas:
19/11/2025

O colectivo Pensamento e Sementeira organiza unha ruta ata as minas da Silvarosa, no municipio de Viveiro, para este sábado, día 22 de novembro.

A actividade comezará ás 10.00 horas no punto de encontro, que será no campo de fútbol das Douradas (Vieiro). A duración estimada é de 3 horas e media. É gratuíta para as socias do colectivo organizador e as persoas non socias deberán pagar 5 euros.

“Imos achegarnos ás minas da Silvarosa e coñecer a súa historia da man de Boris Vilar, de Rutas Galicia Norte. Esta ruta leváranos a percorrer uns 7 quilómetros polo patrimonio mineiro do noso concello e coñecer a historia que, co paso do tempo e o abandono progresivo da mina, foi quedando no esquecemento. Se che gusta a natureza, a historia do noso patrimonio e as andainas, esta é a túa actividade ideal para desconectar e...

leer más