Ruta
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a ruta Muíño Río das Gándaras, en Vilasantar (A Coruña), o sábado 15 de marzo. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta fácil, con 10 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes do 13 de marzo.
Os Sendeiros de Foz continuarán así a realizar o Camiño dos Faros coa ruta prevista para o 9 de marzo. Segundo explican haberá unha ruta curta de 4 quilómetros e fácil de facer e 12 quilómetros de dificultade media. O xantar será en Corme.
A saída será ás 7 da mañá desde Foz e ás 7:15 horas desde Ferreira. O prezo para os socios federados é de 50 euros, para os non federados de 55 euros e para os socios temporais 60 euros. O xantar está incluído.
O último día para anotarse é o 4 de marzo. Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola ruta do Mazo de Meredo, no municipio asturiano de Vegadeo, para o día 22 de febreiro, sábado. A distancia a percorrer son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Piantón.
A saída será ás 08:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 15:00 horas do xoves 20 de febreiro. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta ao Chao do Pousadoiro en Ribeira de Piquín. Será o sábado, 15 de febreiro, con saída ás 8:30 horas da estación de autobuses.
Será un percorrido de 9 quilómetros, de dificultade fácil. A organización recomenda levar bastón e calzado axeitado. O prezo para os socios é de 35 euros e para os non socios de 45 euros. Inclúe autobús, xantar e seguro.
As persoas interesadas en participar poden anotarse n grupo de whatsapp da asociación ou nos teléfonos: 666 60 98 75 e 676 02 31 77 antes do xoves, 13 de febreiro.
O Concello de Trabada e a asociación Trabada paso a paso organizan a primeira ruta de sendeirismo do ano 2025 dentro do seu programa de actividades. A cita terá lugar o día 2 de marzo, domingo, e percorrerá o traxecto entre Vilapercide e Vilaformán.
O Concello de Trabada anuncia que “a ruta, cunha distancia de 10 quilómetros e unha dificultade media, incluirá visitas puntos de interese patrimonial e cultural, como a Igrexa de Vilapena e a antiga escola de mestres. Ao remate do percorrido, os participantes poderán gozar dun xantar no Teleclube de Vilaformán, en compañía dos veciños e veciñas da parroquia”.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta iniciativa: “desde o Concello apoiamos as actividades elaboradas en conxunto coas diferentes asociacións, dado que cremos que debemos manter un...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza a Ruta Fluvial do Río Parga, por Guitiriz, o vindeiro domingo, 26 de xaneiro. O percorrido, de 12 quilómetros, é de dificultade baixa. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
A saída terá lugar ás 8 da mañá desde a estación de autobuses de Burela. O prezo para os socios é de 35 euros e para os non socios de 45 euros (inclúe autobús, comida e seguro).
As persoas interesadas en participar poden anotarse no grupo de whatsapp de Pasada das Cabras, ou nos seguintes números de teléfonos: 666 60 98 75 e 676 02 31 77 antes do 23 de xaneiro.
A Guía Oficial de Turismo Ana Pena comeza o ano propoñendo novas visitas guiadas na Mariña.
A do próximo domingo, 19 de xaneiro, ás 10 horas terá lugar no concello de Ribadeo. Máis concretamente será a Senda Azul, un interesante percorrido entre o Muíño das Aceas e o Faro de Illa Pancha, que pasa por lugares de importancia como a ría de Ribadeo, a praia dos Bloques, a zona portuaria ou o parque etnográfico do Cargadoiro, entre outros.
A ruta ten unha extensión de 10 kms cunha dificultade baixa e poden asistir mascotas.
O prezo é de 10€ persoa e as reservas poden facerse no 654 99 68 57.
Os Sendeiros de Foz iniciarán as súas andainas de 1025 o vindeiro 19 de xaneiro coa Ruta da Auga, en Guitiriz.
A saída está prevista para as 8 da mañá de Foz, a carón de Cenor Belianorte, e de Ferreira ás 8:15 horas. O prazo para anotarse está aberto ata o 15 de xaneiro. As persoas interesadas poden facelo nos teléfonos: 606 71 84 82 ou 670 36 90 17 ou a través do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es
O prezo para os socios federados será de 40 euros, para os non federados de 45 euros e para os socios temporais 50 euros. Está incluído o xantar. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A dificultade da ruta, segundo a organización, é fácil.
Os Sendeiros contan coa colaboración do Concello de Foz.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola ruta da Fervenza de Toques, neste concello da provincia da Coruña, para este sábado, día 14 de decembro. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é media baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán en Melide.
A saída será ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse chamando aos teléfonos 619.82.87.84 (Pura) ou 619.37.80.29 (Lupe). O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.
A Pontenova celebrará un magosto con ruta de sendeirismo o día 16 de novembro, sábado.
As actividades comezarán ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos. Medio hora despois sairán cara ao punto de comezo da ruta, de Sanxés a Vilarxubín, de 4,6 quilómetros e dificultade media. Para as 14:00 horas está prevista a chegada á Praza dos Fornos, onde se fará un xantar a base de empanada e castañas asadas.
O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e vai incluído o transporte, o seguro RC e o xantar. A data límite para apuntarse é o xoves 14 de novembro.
Este evento está organizado polo Concello e o CIT A Pontenova.