Magosto

27/11/2025

A asociación ribadense Amigos da Gaita Galega organiza un magosto en Ribadeo para este sábado, día 29 de novembro. Será na rúa Rodríguez Murias desde as 12:30 horas.

Se queres desfrutar dunha xornada chea de música tradicional e sabor de outono, garda a data! Haberá música en directo, castañas asadas, boa compañía e barra con bebidas a prezos populares para que non falte de nada”, anuncia Amigos da Gaita.
 

20/11/2025

Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, celebrará un magosto este domingo, día 23 de novembro.

As actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú coa actuación musical da formación Dous de copas. A comida será ás 14:00 horas e haberá bolo preñado, empanada, xamón cocido, castañas asadas e sobremesa. Ás 17:30 horas farase unha chocolatada con música en directo.

Organiza esta actividade o colectivo Irmandade San Caetano.

 

Etiquetas:
18/11/2025

Alfoz terá un magosto organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo este sábado, día 22 de novembro, desde as 21:00 horas.

“Voltamos co magosto do concello de Alfoz. Celebrarémolo no pavillón municipal o día 22 de novembro ás 21:00 horas. Haberá boliños preñados, tortilla, castañas, viño e auga, café... E todo isto acompañado dunha actuación musical”, anuncia a asociación O Castelo.

É gratuíto para os/as socios/as da Asociación Cultural e Xuvenil o Castelo e o prezo é de 8 euros para as persoas que non pertencen ao colectivo organizador. O prazo de reserva está aberto ata o 19 de novembro.

Etiquetas:
14/11/2025

A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, no municipio de Cervo, organiza un magosto que terá lugar no seu local social este sábado, día 15 de novembro, desde as 19:30 horas.

Degustaranse castañas e panceta. E a partir das 22:30 horas haberá música a cargo de AD Music, con Andrea Gutiérrez & Dibal Music, cantantes da orquestra Suavecito. Esta actuación está incluída no programa Guateque de Arruguiñas, organizado polo Concello de Cervo.

Etiquetas:
14/11/2025

A asociación ribadense As Vacas Fracas organiza un magosto en Cedofeita, no municipio de Ribadeo, para este sábado, día 15 de novembro.

“Este ano vimos cun feixe de propostas que nos quentan o corazón e nos poñen ben contentas e, por suposto, non faltarán as castañas”, anuncia o colectivo As Vacas Fracas.

As actividades comezarán ás 16:30 horas cun taller de percusión con instrumentos cotiáns da man de Miguel Barbazán. Os participantes experimentarán coa percusión tradicional en latas de pemento, tixolas, cunchas e culleres. Ás 17:00 haberá un obradoiro familiar con O Recuncho das Argalladas para aprender a construír un xoguete tradicional.

“Broche de ouro coa actuación de Saíñas, de Xove, dentro do programa Tradigalu, organizado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de...

leer más
Etiquetas:
10/11/2025

Este domingo, día 16 de novembro, a Praza dos Fornos, na Pontenova, acollerá un magosto con ruta de sendeirismo. A actividade está organizada polo Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT).

As actividades comezarán ás 10:00 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, ás 10:15 sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta e para as 14:00 horas está prevista a chegada á Praza dos Fornos, onde se fará o xantar con empanada e castañas asadas

Para participar hai que apuntarse previamente. O prezo é de 7 euros por persoa (inclúe transporte, seguro e xantar). A data límite de inscrición é o xoves 13 de novembro.

“Ven desfrutar dunha xornada de outono chea de sabor, natureza e boa compañía!”, din os organizadores do evento.

07/11/2025

Na Praza do Concello de Mondoñedo celebrarase un magosto tradicional este sábado, día 8 de novembro. Haberá castañas, viño e chocolate.

As actividades comezarán ás 18:00 horas con Truco ou trato de Samaín polas rúas do centro e desde as 19:30 horas farase o magosto tradicional coa música a cargo do grupo de pandereteiras María Raxeta.

Etiquetas:
06/11/2025

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes a participar no magosto organizado pola comisión de festas de Santa Isabel de Lieiro, que terá lugar este sábado, día 8 de novembro, a partir das 18:00 horas na Casa do Mar de San Ciprián.

Durante a celebración, que foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o concelleiro Adrián Arias, e por membros da asociación organizadora, poderanse degustar castañas asadas, bocadillos de panceta e chourizo, empanadillas, ademais de desfrutar do servizo de bar.

“A música e a animación estarán garantidas coa presenza do DJ Tomás, que será o encargado de poñer ritmo ao primeiro Guateque de Arruguiñas da tempada, que promete unha tardiña chea de diversión e bo ambiente”, anuncia o Concello de Cervo, que anima “a todos os veciños e visitantes a achegarse a San...

leer más
05/11/2025

A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza un magosto para este sábado, día 8 de novembro, desde as 14:00 horas.

Haberá empanada, costela ó forno, sobremesa, castañas, café, chupito e queimada popular.

Para participar nesta actividade hai que anotarse previamente e o prazo remata este mércores, 5 de novembro.

Etiquetas:
02/11/2025

A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un magosto para o día 7 de novembro, venres. Será na Praza do Concello desde as 21:00 horas

“Non vos esquezades de mercar os vosos tickets de callos, pastelón e lacón ata o 4 de novembro en Librería Aenlle ou no Spar Express. Teremos música en directo a cargo de Luis Rey, e a continuación tocará Dj Billy. Contaremos tamén coa colaboración do Motoclube A Cadeira, que será o encargado de poñer a barra”, anuncia  asociación cultural O Picato.