Viaxe a México
O Ribadeo Indiano remata este domingo, 12 de xullo, co sorteo dunha viaxe a México para dúas persoas
O Ribadeo Indiano 2026 concluirá o vindeiro domingo, 12 de xullo, co sorteo dunha viaxe a México para dúas persoas. Acisa reparte 180.000 papeletas entre os clientes dos locais asociados desde o pasado 19 de xuño.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “o sorteo, ante notario, será o domingo ao remate do concerto de Estrellas de Buena Vista y Más. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa nas edicións pasadas e consideramos que non podía faltar este ano. Será a sexta vez que desde Acisa enviemos ás Américas a unha parella no mes de setembro. Dende a nosa asociación estamos a traballar para premiar e fidelizar as compras na nosa vila nunha época na que estamos de rebaixas e aumenta a afluencia turística e sen dúbida este sorteo é unha axuda moi importante e unha cita moi agardada tanto polos negocios locais asociados como pola súa...



