Celeiro de Mariñaos
18/08/2016
Un ano mais, a parroquia barrreirense de Celeiro de Mariñaos celebra a Romería de San Caetano. Será os vindeiros 19 e 20 de agosto a carón da capela homónima. O venres 19 a partir das 9 da noite poderanse degustar torrezmos e chourizos e disfrutar da música tradicional de CANTOS DE TABERNA, de Mondoñedo e do grupo de gaitas OS LAMBÓNS, e a partir das 11 e media actuará o grupo VERSIONS BAND, con temas dos 80 e dos 90.
O sábado 20 á 1 da tarde terá lugar a misa e a procesión en honra a San Caetano e seguidamente Sesión Vermútortilla, concurso de tortillas e degustación da Gran Tortilla de San Caetano. Ameniza a charanga VA K PINTA que actuará durante toda a tarde tamén.
Pola tarde haberá xogos...
leer más 15/09/2015
As beiras do río Masma, en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) acollerán este sábado a IV edición do Festival 'Ao Son do Masma' para reivindicar a limpeza, rexeneración e posta en valor deste río declarado Lugar de Interese Comunitario e incluído na Rede Natura pero sumido nos últimos anos nun considerable estado de abandono por parte das administracións con competencias.
O Festival, que está organizado polo Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros coa colaboración da Irmandade San Caetano, a asociación de veciños de Celeiro de Mariñaos, incluirá actividades durante todo o día, que rematarán xa pola noite cun festival de música galega cos grupos Os Milesios, Ataque Escampe e Tardepiache.