Nadal
Esta mañá foron sorteados os dez Soños de Nadal de Acia Foz-CCA. As persoas afortunadas recibirán en total 1.000 euros en vales de compra.
As papeletas premiadas son as seguintes: 16593, entregada en Centro Dietético Alba Vila; 25451, en Ana Fabeiro; 40303, en Xoguetería Bahía; 58914, en La Flor Abulense; 9216, en Kukadas; 5700, en Ártico; 3585, en Chinela Nenos; 45839, en Vass; 15681, en Carnicería Mercedes; e 7752, en Electricidad Núñez.
O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. A cita contou coa presenza do presidente e da xerente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo e Ana Segade.
Paleo agradeceu “a fidelidade nos negocios locais nesta pasada campaña de Nadal. Cada persoa afortunada no sorteo desta mañá recibirá 100 euros en vales de compra, que son moi ben...
leer másO Concello de Cervo anuncia que a actividade prevista para pechar a programación deste Nadal terá lugar na Praza dos Campos, de San Ciprián, este mércores, 7 de xaneiro: “alfombras de baile, para pasar un anaco ben divertido!”.
Será de 11:00 a 14:00 e de 16: 00 a 19:00 horas.
O Concello de Ribadeo organiza moitas actividades para pasar este Nadal en familia.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explica: que “hoxe, luns, e mañá, martes, na carpa instalada no parque de San Francisco teremos actividades infantís gratuítas pola mañá e pola tarde en horario de 12 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas. As nenas e os nenos que se acheguen ata alí poderán gozar de chan interactivo, obradoiros e interactive dance mats”.
A concelleira de Familia, Elena Sierra, conta que “o cine tamén está presente na programación de Nadal do Concello de Ribadeo. Hoxe teremos as proxeccións de Tom e Jerry e tamén El gran premio, a partir das 17:00 horas en Cinelandia. E mañá, martes, San Simón e Bob Esponja, tamén ás cinco da tarde. O prezo da entrada é de 2 euros”.
...
leer másO Concello de Cervo anuncia que comezan os Brincos de Nadal este sábado, día 27 de decembro, actividades para as crianzas que haberá tamén os días 2 e 3 de xaneiro, venres e sábado.
“Este sábado a diversión chega por partida dobre para as crianzas cos nosos Brincos de Nadal. Ás 12.00 horas nas Escolas Vellas de Cervo, en colaboración coa asociación Airiños do Xunco; e ás 17.00 horas na Casa da Cultura. Xogos, risas e moitos brincos para gozar do Nadal en Cervo”, explica o Concello.
A Vila de Nadal de Vilanova de Lourenzá é este ano máis grande e inclúe varias novidades. Poderá visitarse ata o día 11 de xaneiro. Ademais o Concello aumentou a decoración nas parroquias de Santo Adrao, Santo Tomé e San Xurxo.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, explica que a Vila de Nadal “empezou no 2016, cando xurdiu a idea de facer unha decoración navideña con material reciclado. A partir dese momento foise creando cada ano algunha cousiña nova e innovando ata chegar a todo o que hoxe temos aí. Ao principio eran poucas cousas e agora xa se nos queda a praza pequena e temos que ir estendéndoa a outras zonas. Nesta edición seguimos avanzando no tema dos oficios e puxemos un barbeiro e unha biblioteca. Outra das novidades é un tiovivo, para aumentar a escena que vén a representar unha festa; xa tíñamos unhas lanchiñas, uns músicos e agora...
leer másCervo celebra a súa Gala de Nadal este domingo, día 21 de decembro, desde as 19:30 horas no salón de actos do Concello.
“Un dos eventos máis agardados destas datas chega esta fin de semana. Unha tarde noite moi especial para gozar da música, das tradicións e do talento local coa participación de: A Rebolaxe, Fol do Raxal, Cordenaira (Airiños do Xunco), Milicrocas (Airiños do Xunco), Mistura Infantil, Coro de Cervo e Coral Terramar. Vive connosco a maxia do Nadal nunha gala chea de emocións, cultura e espírito festivo”, anuncia o Concello de Cervo.
O Concello de Viveiro presenta a programación especial de Nadal, con actividades que se desenvolverán ata o 5 de xaneiro. O calendario inclúe propostas culturais, musicais, deportivas e de lecer, así como actividades dirixidas á conciliación familiar, co obxectivo de ofrecer alternativas para todos os públicos.
Este venres, día 19 de decembro, abrirá o Mercado de Nadal A trastenda de Nicomedes ás 17.00 horas na Sala Multiusos da Casa do Concello. E haberá a cea de Nadal da Comisión de Festas de Viveiro no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas ás 21.30 horas.
O sábado 20 disputarase unha proba da Copa Galicia de Ciclocross en Lavandeiras (Celeiro), a partir das 11.00 horas; celebrarase o Festival de Nadal da Unidade Pastoral de Viveiro ás 17.00 horas nos Claustros de San Francisco; e haberá o concerto ...
leer másA Escola Municipal de Música de A Pontenova ofrecerá un concerto de Nadal este venres, día 19 de decembro. Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20:00 horas.
Está organizado polo Concello de A Pontenova, que anuncia: “A Escola Municipal de Música de A Pontenova convídavos a desfrutar do seu tradicional Concerto de Nadal, unha cita chea de música, ilusión e ambiente festivo. Ven compartir connosco esta velada especial e dámoslle a benvida ao Nadal coa mellor música!”.
O Motoclube A Cadeira, de Trabada, celebrará a súa II Papanoelada Moteira este sábado, día 20 de decembro.
A ruta sairá desde a gasolineira de Santirso de Abres ás 15:00 horas. Pasará por Sante e farán unha parada no Bar A Curuxeira. Esta previsto que cheguen ao Mercadiño de Nadal de Trabada ás 16:30 horas.
O Festival de Nadal de Foz, que está dedicado ás panxoliñas, será este sábado, día 20 de decembro, ás 20:00 horas na igrexa parroquial da vila.
Está organizado pola Coral Polifónica de Foz, que actuará no festival xunto ao grupo Mar Aberto e o Coro Eufonía.












