Nadal

Etiquetas:
09/12/2025

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebrará este sábado, 13 de decembro, ás 11:30 e ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional Festival de Nadal. A sesión matinal contará coa participación do alumnado máis pequeno, mentres que na quenda da tarde actuarán as grandes agrupacións das distintas especialidades instrumentais e de danza.

O programa incluirá panxoliñas e outras pezas de música moderna e tradicional. Desde a dirección destacan que “o Festival de Nadal é, xunto co de fin de curso, o que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público, por iso cada ano apostamos por incorporar novidades no repertorio e na posta en escena”.

“Un ano máis, o evento terá unha importante dimensión solidaria. Entre este martes, día 9, e o sábado a Escola recollerá...

leer más
Etiquetas:
08/12/2025

Ribadeo acolle ata o día 6 de xaneiro, martes, un Rastrillo de Nadal, organizado pola Asociación Española Contra o Cancro.

Está situado na Rúa Viejo Pancho, número 1, baixo, no casco vello da vila ribadense.

Etiquetas:
07/12/2025

O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa Cervo Concilia, que dará comezo o 22 de decembro. Estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 7 de xaneiro, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

“Este programa, que está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias”, explica o Concello de Cervo.

As inscricións estarán a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello a partir deste martes, día 9 de decembro. O prazo para anotarse remata o 17 de decembro e as prazas son limitadas.

Etiquetas:
06/12/2025

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Cultura, María Dolores Meitín, veñen de presentar a programación de actividades culturais de Nadal, “deseñada para ofrecer diversión e maxia a toda a veciñanza que queira acercarse a desfrutar nestas datas tan entrañables. O programa cultural para este Nadal desenvolverase ata o 5 de xaneiro e inclúe unha ampla variedade de propostas que combinan tradición e entretemento e pensando sempre en tódalas idades”.

O Concello de Xove anuncia ademais que “relevantes son tamén as actividades propostas dende o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local para este Nadal coa organización da VII Gala do Emprendemento Local, un cabaret guiado por Dani Ríos para tódolos públicos, e do mercado de Nadal O faio de Generosa, que a maiores nos deleitará coa participación do grupo...

leer más
Etiquetas:
05/12/2025

O Concello de Cervo vén de presentar o seu programa de Nadal, unha proposta “ampla e diversa que combina tradición, cultura, deporte e diversión para todos os públicos”.

Na presentación, celebrada na Plaza do Concello, participaron a alcaldesa, membros do equipo de goberno e representantes das asociacións que colaboran na organización das numerosas actividades previstas, “reforzando unha vez máis o carácter participativo e comunitario que define ao noso concello”.

A alcaldesa destacou: “trátase dun programa variado, pensado para que todas as persoas, independentemente da súa idade, poidan atopar propostas para gozar destas festas. É tamén unha forma de dinamizar o noso concello, promover a convivencia e apoiar ao comercio e ao asociacionismo local, que son fundamentais para que Cervo siga medrando con forza”....

leer más
05/12/2025

Mondoñedo anuncia unha programación de Nadal que “chega do esforzo conxunto do Concello e o tecido asociativo: un total de 25 eventos que se desenvolverán entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro”.

Este sábado, 6 decembro, ás 21:30 horas haberá unha cea solidaria co grupo de góspel Aba Taano na Finca San Antonio.

O venres 12 de decembro ás 18:00 horas inaugurarase a exposición de fotos antigas do mindoniense Pepe Pernas, pertencente ao fondo do Arquivo Provincial da Xunta de Galicia en Lugo; será na sala de conferencias do Pazo de San Tomé. Ás 19:45 terá lugar a inauguración das XXV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía, no Pazo de San Tomé.

O xoves 18 ás 20:30 horas haberá o Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música O Pallarego, no auditorio municipal.

O...

leer más
04/12/2025

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove un ano máis a presenza de tradición propias nas datas de Nadal co espectáculo A Apalpadora, que se representará en 40 localidades ao longo deste mes de decembro. Na Mariña estará en Viveiro, Cervo, Ribadeo, O Valadouro, Foz, O Vicedo e A Pontenova.

É un espectáculo de narración oral e música en directo no que Antía Vázquez -a filla do Apalpador- e o musico André Espiñeira contan ás crianzas a historia deste personaxe do Nadal, “transmitida a través da tradición oral, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán,  e revitalizada na última década grazas ao impulso de asociacións e colectivos culturais de todo o país”.

A deputada provincial Iria Castro explicou que “se trata dunha programación que poñemos en marcha por sexto ano consecutivo desde a...

leer más
03/12/2025

O Concello de Mondoñedo convocou a sétima edición do Concurso de Decoración de Nadal.

“O Nadal xa se achega e queremos que Mondoñedo volva lucir con toda a maxia e a creatividade da nosa veciñanza”, anuncia o Concello.

Poden participar persoas empadroadas en Mondoñedo, propietarios de inmobles ou establecementos no municipio, tanto de forma individual como colectiva.

As categorías son: vivendas particulares; establecementos e negocios; decoración colectiva en rúas ou prazas do casco urbano; e decoración colectiva nas parroquias ou barrios do rural.

As inscricións están abertas ata o 5 de decembro na Oficina de Turismo ou a través do teléfono 982.50.71.77. Será necesario enviar unha fotografía da decoración para a valoración do xurado.

Os...

leer más
Etiquetas:
03/12/2025

O Concello de Alfoz organiza actividades para todos os públicos os días 13, 19, 20, 27, 28 e 29 de decembro

“O mes de decembro chega cargado de teatro, música, literatura e festas infantís para desfrutar en familia. Un programa pensado para todos os públicos, con actividades que nos acompañarán ata o final do ano. Algúns dos destacados son: teatro e música infantil con O Castiñeiro do Apalpador, entrega de premios do concurso Balbino de Relatos, concertos de Nadal e de Fin de Ano, Gran Festa de Nadal, para nenos e nenas con inchables, xogos, wipe out, tatoos, chapas e moitas sorpresas!”, anuncia o Concello de Alfoz.

Etiquetas:
02/12/2025

O Concello de Cervo vén de presentar o tradicional Calendario de Nadal, que un ano máis chegará a todos os fogares do municipio e que nesta ocasión está protagonizado mes a mes polas persoas usuarias do programa municipal de envellecemento activo Arruguiñas. Editáronse máis de 2.000 exemplares, que se distribuirán nos próximos días en cada vivenda do municipio.

O calendario deste ano destaca polo seu deseño “moi noso, cheo de identidade, que reflicte o espírito do programa e o valor de manterse activos e vinculados á comunidade. Cada mes recolle imaxes das diferentes actividades que realizan as persoas participantes, amosando o seu entusiasmo e compromiso”.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou durante a presentación, na que tamén participaron o edil Adrián Arias, e as concelleiras Mali Méndez e...

leer más