Nadal
O Concello de Trabada organiza -xunto coas entidades locais A.C. Veiguello, A.C. O Picato e o Motoclube A Cadeira- para o sábado, 20 de decembro, unha nova edición do Mercadiño de Nadal, que terá lugar na Praza do Concello entre as 11:30 e as 20:00 horas. A xornada inclúe actividades para todas as idades, música en directo, obradoiros, mostra de produtos locais e artesáns, así como propostas especialmente dirixidas ao público infantil.
O Mercadiño comezará ás 11:30 horas coa apertura oficial. Ás 12:00 horas terá lugar unha exposición fotográfica a cargo da Asociación Cultural O Veigello de Villaformán, seguida ás 12:30 horas dun obradoiro de postais de Nadal destinado aos máis pequenos e pequenas.
A música será outra das protagonistas da xornada. Ás 13:00 horas o músico Vadim Yukhnevich ofrecerá unha actuación...
leer másPista de xeo, Ribaxogo e musicais son algunhas das propostas de Ribadeo para este Nadal. A programación foi presentada este xoves.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “a programación do Nadal 2025 en Ribadeo inclúe moitas citas culturais, como Ribadeo canta ó Nadal este venres despois do acendido do alumeado navideño. Teremos Noite de Góspel, co grupo africano Aba Taano, o día 5 no auditorio; Festival de Nadal da EMMeD o día 13; concerto de panxoliñas con varias corais o 21 na igrexa parroquial e da Banda Municipal de Música de Ribadeo no auditorio o 27”.
A edil ribadense engadiu: “gozaremos dun concerto a dúo de Ughía Pedreira o 28, dentro da programación Nadal en Rede da Xunta de Galicia. E non podían faltar actividades para a picaraxada: teatro familiar con Trécola teatro o...
leer másO Parque de San Francisco acollerá unha nova edición do Mercado do Nadal de Ribadeo do 28 de novembro ao 8 de decembro.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “debido a razóns de índole técnica desde o Concello vímonos na obriga de trasladar o Mercado do Nadal ao Parque de San Francisco. Este ano tiñamos previsto que estivese situado a carón da Praza de Abastos, pero non foi posible”.
O XX Mercado do Nadal será do 28 de novembro ao 8 de decembro en horario de 11 a 14:30 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes.
O acto de inauguración terá lugar despois do acendido do alumeado de Nadal, previsto para este venres ás 19:00 horas nas Catro Calles. A clausura está prevista para o 8 de decembro a mediodía.
O Concello de Burela, a través da Concellería de Cultura, organiza os días 29 e 30 de novembro, sábado e domingo, unha nova edición do seu xa tradicional Mercadillo de Nadal, que se celebrará na carpa da Praza da Mariña en horario de 10:30 a 20:30 horas.
Este evento, “consolidado como unha cita destacada do calendario cultural e social do municipio, contará este ano con máis de 30 participantes entre persoas artesás, asociacións e profesionais procedentes tanto da Mariña como doutras zonas de Galicia. Durante toda a fin de semana, o público asistente poderá atopar artesanía, decoración de Nadal, xoguetes, produtos de elaboración propia, alimentación artesanal, así como unha zona de rastrillo de segunda man, destinada a impulsar a reutilización e o consumo responsable”, anuncia o Concello de Burela.
A Concellería...
leer másO Concello de Burela presenta o programa Burela dá Luz ao Nadal, que terá lugar o 5 de decembro, venres, con diferentes actividades para todos os públicos. Ás as 17:30 horas na Praza do Concello haberá pintacaras infantil, globoflexia e música a cargo de Festicultores Troupe. Ás 19:00 horas celebrarase unha chocolatada e ás 19:30 horas será o acendido oficial do alumeado, amenizado pola Escola de Música de Burela. A xornada rematará ás 20:00 horas na Praza da Mariña cun concerto de COVA do CAN Rock.
A concelleira de Festexos, Patricia Eijo, destacou: “este ano apostamos por un Nadal vivo, participativo e pensado para que as familias gocen da rúa. Queremos que Burela se encha de luz, música e ilusión dende o primeiro día”. Engadiu que “o acendido do alumeado é un momento moi especial para a veciñanza, e por iso preparamos unha...
leer másO Concello de Burela presenta o Concurso de Postais e o Certame de Poesía Infantil Nadal 2025, dúas iniciativas para a cativada impulsadas pola Biblioteca Municipal.
O Concurso de Postais está aberto a nenos e nenas en idade escolar e o prazo de inscrición remata o 12 de decembro ás 20:00 horas. As postais estarán expostas na Casa da Cultura do 26 de decembro de 2025 ao 30 de xaneiro de 2026.
O Certame de Poesía Infantil estará aberto ata o 19 de decembro e está dirixido a cativada e mocidade ata os dezaseis anos. Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Máis información e as bases están na Biblioteca Pública Municipal e na web do Concello de...
leer másO Concello de Burela, a través da súa área de Cultura, organiza unha nova edición do Mercado e Rastro de Nadal, que converterá a Praza da Mariña nun punto de encontro para veciños, visitantes e expositores durante a fin de semana do 29 e 30 de novembro cun horario de 10:30 a 20:30 horas
O evento, de acceso libre e participación gratuíta, busca “apoiar o comercio de proximidade, a creación artesanal e a reutilización responsable, nun ambiente cheo de espírito navideño. Para facilitar a organización, o mercado dividirase en dúas zonas diferenciadas: a Zona A, dedicada ao mercado artesanal e creativo, acollerá expositores que ofrezan produtos elaborados por eles mesmos ou de carácter artístico; e a Zona B, destinada ao rastro de segunda man, reunirá postos con libros, roupa, complementos ou xogos usados en bo estado, apostando pola...
leer másRibadeo vístese de Nadal coa instalación do alumeado ornamental destas datas.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “onte deu comezo a instalación en Ribadeo das luces de Nadal con antelación suficiente á súa inauguración para facelo con calma e sen atropelos de última hora”.
A edil ribadense sinala que “queremos telo alumeado listo para inauguralo coincidindo coa celebración do XX Mercado do Nadal, que terá lugar do 28 de novembro ao 8 de decembro na contorna da Praza de Abastos de Ribadeo, en horario de 11 a 14:30 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes”.
Saiz engade: “o traballo segue pasiño a pasiño e nuns días presentaremos a programación deseñada para o vindeiro Nadal, con actividades para todos os públicos, pícaros e adultos. Agardamos que todo no...
leer másAta o 20 de outubro está aberto o prazo de inscrición no XX Mercado do Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 28 de novembro ao 8 de decembro. As bases poden consultarse na web do Concello.
A concelleira de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, Marta Saiz, subliña que “o Mercado do Nadal quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e co deseño e unha plataforma na que se visualice o seu traballo e o talento creativo e innovador”.
A edil ribadense explica que “nesta tradicional cita, que chega á súa vinte edición, poderán participar artesás con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal, sempre e cando sexan de autoría propia; tamén produtos de gastronomía artesanal; e creadores, artistas e deseñadores como...
leer másAciaFozCCA fixo realidade hoxe os dez desexos de Nadal. Esta mañá, en Radio Foz, tivo lugar o sorteo de 10 vales de compra por importe de 100 euros cada un. Os números afortunados e los locais nos que foron entregados son os seguintes:
3419 - Koquetas Moda
47084 - Decoraciones Pura
41854 - Lencería Esther
29393 - Dermoterapia centro estética
6033 - Ferretería Fuente
32846 - Vas’s Outlet
27326 - Cenor Belianorte
34051 - Koquetas Moda
1914 - Pastelería Xoyma
14590 – Ofifoz
As persoas afortunadas poden poñerse en contacto con AciaFozCCA para reclamar os seus premios chamando ao 982 132 751.
AciaFozCCA contou para a campaña de Nadal coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.












