Nadal
O alcalde, Dani Vega, anima á veciñanza a achegarse ao parque de San Francisco ás sete da tarde. Tamén se inicia o Mercado do Nadal, que se prolongará ata o día 10 na contorna da praza de abastos.
O rexedor dixo que “mañá, venres, inauguramos o Nadal. Acenderemos o alumeado a partir das sete da tarde, despois inauguraremos o Mercado do Nadal e a continuación o photocall de Acisa para promocionar a nosa vila. E a partir de aí serán todas as actividades”.
Vega subliñou que “todos os días hai algo en Ribadeo. Sempre hai unha disculpa para vir visitar Ribadeo e os veciños e as veciñas teñen todos os días unha actividade arredor do Nadal”.
O alcalde convida a asistir: “mañá convidamos a todos os que queiran acompañarnos no parque de San Francisco ao acendido do alumeado de Nadal”.
...
O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o día 20 de decembro, mércores, ás 14:30 horas.
O comida será servida por Mesón O Sarredo e o menú inclúe empanadillas, callos, costela con patacas fritas, sobremesa e café. E actuará o dúo Estrellas. O prezo é de 25 euros por persoa.
Para participar hai que apuntarse nos Centros Veciñais ou no Concello antes do 17 de decembro.
O Concello de Xove convoca a quinta edición do concurso escaparates de Nadal “ao obxecto contribuír á promoción do comercio local, promover a creatividade dos establecementos e incentivar que os establecementos comerciais de Xove decoren os seus escaparates con motivos de Nadal de cara ás próximas festas, de maneira que sexan máis atractivos para a veciñanza e clientela á vez que contribúan a crear un especial ambiente festivo na rúa”.
Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos situados en Xove e que teñan unha vitrina, independentemente do produto que oferten ao público: locais comerciais, perruquerías, centros estéticos, establecementos de hostalaría, despachos de oficinas, centros formativos, etcétera. A folla de inscrición deberá presentarse no Rexistro de Entrada do Concello de Xove (presencialmente ou en liña:...
leer másO Concello de Foz ten preparada unha programación para as vindeiras semanas cargada de actividades. Para esta primeira semana de decembro o protagonismo é para o acendido do alumeado de Nadal, que se fará este venres, 1 de decembro.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “este venres, 1 de decembro, ás 18.30 horas na praza Conde de Fontao prenderemos o botón de acendido das luces de Nadal. Este é o primeiro evento dun Nadal cargado de actividades para os máis pequenos e para os maiores. Estaremos acompañados pola Banda de Música de Foz, que comezará a súa tempada de concertos de Nadal; agradecémoslles sempre a súa boa disposición a participar nos eventos do concello”.
O alcalde, Fran Cajoto, explica: “será un día cheo de sorpresas e ilusión para os máis pequenos. E ao longo do mes iremos colocando...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo representará O Quebranoces o 1 de decembro no auditorio municipal Hernán Naval.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “este venres, 1 de decembro, a sección de Danza da EMMeD de Ribadeo porá en escena O Quebranoces, como adianto do Nadal. Será para 500 escolares de Primaria e tamén para as usuarias e usuarios do centro de día”. As sesións serán ás 10 e ás 11:30 horas.
A edil ribadense indicou que “servirá para achegar a danza a un público quizais non acostumado a este tipo de espectáculos”.
Sanjurjo engadiu: “agradecemos ao alumnado e ao profesorado da Escola de Música e Danza o esforzo para levar a cabo dúas funcións na mañá deste venres. Grazas de corazón”.
A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido do alumeado e coa inauguración do Mercado do Nadal. Os festivais, que se desenvolverán en decembro, serán no Cantón. A pista de xeo e Ribaxogo estarán situados na avenida Rosalía de Castro. E o Mercado do Nadal na contorna da praza de abastos. O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, foron os encargados de presentar o programa de actividades.
O rexedor sinalou que “presentamos este Nadal cheo de actividades e quero darlles as grazas tanto aos técnicos como aos concelleiros e tamén a Acisa por este traballo coordinado e planificado”.
Vega dixo que “con isto queremos dinamizar ao noso pobo desde un punto de vista social, cultural e tamén económico. É un Nadal cheo de actividades porque temos o...
leer másO Concello de Alfoz organiza un Concerto de Nadal para o día 9 de decembro ás 19:00 horas no salón de actos da Casa de Cultura.
Os asistentes poderán gozar do repertorio de Nadal da Banda de Música de Lourenzá.
A entrada é libre e de balde.
A Biblioteca Municipal de Foz convoca a décimo novena edición do Concurso de Postais de Nadal. Hai tres categorías (Educación Infantil, de 1º a 3º de Primaria, e de 4 a 6º de Primaria) e establécense tres premios en cada unha delas.
A postal gañadora entre todas as categorías será reproducida como felicitación oficial do Concello de Foz para o Nadal de 2023.
Os traballos deben entregarse na Biblioteca Municipal de Foz e o prazo rematará o día 12 de decembro ás 20:00 horas.
No mes de decembro a programación da Delegación de Cultura comezará co Concerto de Nadal a cargo da Banda de Música de Lourenzá o sábado 9 ás 19:00 horas no Salón de Actos. No mesmo lugar, tamén ás 19:00 horas, o día 17 poderase desfrutar do espectáculo de música e teatro para todos os públicos "Zona en Obras", con Brais das Hortas, e ao rematar farase a entrega dos premios do XXI Concurso de Postais de Nadal, no que ademais dos 3 premiados/as nas categorías de Infantil, 1º ciclo de Primaria e 2º ciclo de Primaria do CEIP Castro de Ouro, todos os participantes recibirán un diploma e un agasallo polas súas obras.
Rematará a programación cultural do mes en Alfoz con dúas tardes de festa para os nenos e nenas, de 17:30 a 20:30 horas no Pavillón Municipal os días 29 e 30 de decembro. Haberá inchables, pintacaras, música, xogos...e moitas...
leer másO Concello de Cervo convoca un Concurso de Postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
Os traballos terán que presentarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou no Consistorio e o prazo remata o 11 de decembro
Entre as tres postais finalistas o xurado elixirá unha coa que o Concello felicitará o Nadal a outros organismos e institucións.
O Concello de Cervo vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
As obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.
Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre...
leer más