Concerto
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o sábado 21 de novembro o concerto titulado Os soños na gaiola, unha proposta musical colaborativa na que 144 nenas e nenos de sete centros educativos da contorna compartirán escenario coa Banda de Música O Landro. Anúnciao o Concello de Viveiro, que ademais explica: “o espectáculo, que forma parte da programación de Santa Icía, contará con dúas funcións, ás 18:30 e ás 20:30 horas, e constitúe a penúltima cita de Camiños Sonoros, a temporada 2026 da formación musical viveirense.
Os soños na gaiola pon música aos versos do escritor Manuel María a través das composicións de Antón Alcalde e Suso Vaamonde. A iniciativa é o resultado dun traballo desenvolvido nas aulas de música desde o inicio do curso, coa implicación do profesorado dos centros participantes e en...
leer másA Coral Polifónica de Burela organiza un concerto de outono para este sábado, 24 de outubro, ás 20:00 horas. Será no auditorio da Casa de Cultura burelá e, ademais da agrupación anfitrioa, participarán o coro Son Astur, de Oviedo, e o Coro dos Castros, de Cangas de Foz.
O Concello de Burela, que colabora nesta actividade, destaca que é “unha oportunidade para gozar da música e compartir unha tarde de cultura”.
A parroquia de Couxela, no concello de Ribadeo, acollerá este sábado, día 26 de setembro, unha nova etapa de O Camiño de Vieiras Amarelas, o proxecto cultural de Antonio Barros e iAlma que está percorrendo diferentes puntos de Galicia cunha proposta que “conecta música, territorio, memoria e identidade”. O concerto terá lugar ás 13:30 horas.
O Camiño de Vieiras Amarelas “nace da unión de dous símbolos: a vieira que identifica o Camiño de Santiago e o camiño de baldosas amarelas de O Mago de Oz. A partir desta idea, Antonio Barros e iAlma propoñen unha viaxe musical por Galicia que tamén se converte nunha viaxe interior a través das emocións, das lembranzas e da propia identidade. O proxecto está deseñado para adaptarse aos diferentes lugares polos que pasa e busca establecer unha relación directa entre a música e o...
leer másO Concello de Ribadeo anuncia que o vindeiro martes, día 1 de setembro, ás 20:30 horas o Teatro ribadense acollerá “unha noite moi especial da man da Coral Polifónica de Ribadeo, coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. Un concerto no que a música e o cine se unen cun fin solidario: a recadación será a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro”.
O prezo da entrada solidaria é de 6 euros e a taquilla estará aberta o mesmo día de 12:00 a 13:30 horas e desde as 19:00 horas.
A presidenta da Coral Polifónica de Ribadeo, Gloria Rodríguez Saavedra, explica que as persoas que non poden asistir ao concerto pero queren colaborar “teñen á súa disposición unha Fila 0 na que se poderán ingresar os donativos, se así o desexan: Asociación Española Contra el Cáncer (número de conta ES53 0049 0091 0526 1534 5101)”.
O Concello de Cervo anuncia que este próximo sábado, 29 de agosto, ás 22:30 horas a Praza dos Campos, en San Ciprián, acollerá unha nova cita musical dentro do ciclo de Concertos do Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, coa actuación de Óscar Ibáñez & Tribo. A entrada é libre.
O público “poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión. Unha mestura de tradición e modernidade, cun marcado carácter atlántico e celta”, explica o Concello de Cervo, que engade: “unha noite para desfrutar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio”.
O Auditorio Municipal de Burela acollerá este venres, día 21 de agosto, ás 20:00 horas, o concerto solidario do grupo ugandés Aba Taano, “unha das formacións de góspel africano con maior recoñecemento internacional. A actuación, organizada a beneficio da ONG Música para Salvar Vidas, combinará música, solidariedade e compromiso social nunha proposta cultural de gran nivel”, anuncia o Concello de Burela, que engade: “a través das súas voces, da súa enerxía e da música tradicional africana, Aba Taano ofrecerá un espectáculo cheo de ritmo, emoción e esperanza, no que o público poderá coñecer de primeira man un proxecto no que a música se converte nunha ferramenta de transformación social. Os cinco integrantes da formación forman parte da ONG Música para Salvar Vidas, unha iniciativa que traballa para ofrecer educación, formación e oportunidades de futuro a nenos e...
leer másO Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O venres 14 de agosto ás 20.30 horas o Auditorio da Casa da Cultura acollerá un concerto da man do tenor Santiago Ballerini, a soprano Berna Perles e o pianista Javier Carmena.
O programa estará dividido en dúas partes: a primeira reunirá unha selección de pezas de Mozart, Donizetti, Verdi e Puccini, coas obras Idomeneo, Le nozze di Figaro, Don Giovanni, L'elisir d'amore, La forza del destino e La bohème.
Na segunda parte interpretaranse pezas de Amadeo Vives, Pablo Sorozábal, Manuel Fernández Caballero, Javier Carmena e Federico Moreno Torroba, con fragmentos de Doña Francisquita, La del manojo de rosas, El dúo de la Africana, El orgullo de quererte e Luisa...
leer másA Orquesta Mondragón e Fórmula V encherán Ribadeo de ritmo este sábado, 8 de agosto, co Gran Guateque do Xacobeo.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explicou que “este sábado, 8 de agosto, terá lugar o Gran Guateque do Xacobeo, a partir das dez da noite na Praza de España, coa participación en directo da Orquesta Mondragón, con Javier Gurruchaga ó fronte e Fórmula V co incombustible Paco Pastor. Disfrutaremos dun concerto gratuíto e será unha noite para recordar, cantar e bailar temas que todos coñecemos como Viaje con nosotros, Soy yo tu lobo ou Lola, entre outros moitos éxitos da Orquesta Mondragón e os inesquecibles temas de Fórmula V como Cuéntame, Eva María ou Vacaciones de Verano”.
A edil ribadense anima a acudir ao Gran Guateque este sábado, 8 de agosto: “convidámosvos a pasar unha noite...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo estará acompañada por gaitas no concerto do Día da Patria que ofrecerá este sábado, día 25 de xullo ás 20:30 horas no Campo de San Francisco.
O director da formación, David Ballester Martínez, anunciou que “o repertorio será moi variado e mesturaremos obras de temática galega con pezas doutros estilos. Como novidade este ano imos estrear algunhas obras que vai ser a primeira vez que estean enriba dos atrís da Banda Municipal e nelas haberá música de gaitas”.
David Ballester anima á xente a que se achegue mañá, sábado, ás oito e media da tarde ao Campo de San Francisco “para desfrutar deste concerto. Esperamos que nos acompañe o tempo, pero en caso de que non sexa así trasladarémolo ao auditorio Hernán Naval”.
Esta semana está tendo lugar na Escola Municipal de Música de Burela un curso de iniciación ao jazz que se está a desenvolver ata este venres, 3 de xullo, en horario de tarde. Trátase dun curso gratuíto aberto á cidadanía, centrado na aprendizaxe, a improvisación e o traballo en grupo. A actividade concluirá cun concerto final para celebrar o remate do curso este venres, día 3 de xullo, ás 20:30 horas, na praza do Concello de Burela.
O tenente de alcaldesa de Burela e responsable da Escola de Música, Mario Pillado, destacou a importancia de promover actividades que acheguen a música á veciñanza e explicou que este curso “é unha oportunidade para que persoas con interese polo jazz poidan achegarse a este estilo musical nun ambiente de aprendizaxe e colaboración”. Tamén animou á veciñanza a acudir ao concerto final, que “permitirá compartir...
leer más












