
O Concello de Cervo anuncia que este próximo sábado, 29 de agosto, ás 22:30 horas a Praza dos Campos, en San Ciprián, acollerá unha nova cita musical dentro do ciclo de Concertos do Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, coa actuación de Óscar Ibáñez & Tribo. A entrada é libre.
O público “poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión. Unha mestura de tradición e modernidade, cun marcado carácter atlántico e celta”, explica o Concello de Cervo, que engade: “unha noite para desfrutar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio”.


