Coros

Etiquetas:
10/02/2025

Burela acollerá esta fin de semana o II Encontro de Coros Infantís e Xuvenís da Mariña Lucense MariñaEnCanto. O encontro, organizado pola Fundación Xesús Bal y Gay, desenvolverase o sábado 15 e o domingo 16 de febreiro.

O Concello de Burela explica que “participarán máis de 230 rapazas e rapaces de Burela, Ribadeo, Foz, Viveiro e O Valadouro, así como de Mañón, Ourense e Luanco (Asturias). O propio domingo terá lugar, no auditorio de Burela, o concerto de clausura do encontro ás 12:30 horas”.

O Concello amosa o seu agradecemento á fundación por ter elixido unha vez máis a Burela para acoller o evento.

Etiquetas:
16/04/2024

Burela acolle o I Encontro de Coros Infantís e Xuvenís da Mariña Lucense "MariñaEnCanto", organizado pola Fundación Bal y Gay. Desenvolverase do venres 19 ó domingo 21 de abril: o sábado celebrarase o ensaio xeral e o domingo ás 12:30 horas o Auditorio de Burela acollerá o concerto de clausura, aberto ó público.

Participarán entre 200 e 250 alumnos de centros de Burela, Viveiro, Foz e Ribadeo.