Burela
O grupo Trípode Teatro representará este venres, día 30 de outubro, ás 21:00 horas a obra titulada Desequilibrados, escrita por Pepe Peinó, no marco da axenda cultural do ciclo de outono da Casa da Cultura de Burela.
O Concello de Burela explica que “a proposta aborda, dende a comedia, a importancia de ser diferentes e de enriquecer a sociedade a través das distintas personalidades dos seus cidadáns. Unha obra invita a reflexionar sobre o valor da diversidade e sobre a achega que cada persoa realiza á sociedade desde a súa propia maneira de ser. A actividade está dirixida a todos os públicos, con entrada libre e está organizada polo Concello de Burela e conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Desde o Concello de Burela animan á veciñanza a achegarse á Casa da Cultura “para gozar...
leer másA Mancomunidade da Mariña anuncia que os Plans con corazón ofertan, unha semana máis, “unhas interesantes actividades coas que coñecer un pouco máis os espazos que habitamos ou que visitamos. Neste caso serán os municipios de Viveiro e Burela os grandes protagonistas, con actividades centradas no seu patrimonio natural e cultural”. Desenvolveranse os días 31 de outubro e 1 de novembro, respectivamente.
O guía Boris Vilar liderará o plan Montes do Buio, as turbeiras de Viveiro, unha ruta polo bosque das Saimas e o Curro do Candaoso; mentres que Noela Feal fará un percorrido polas pinturas en Burela do século XV ao XXI baixo o título Burela é pintadiña en..., un plan que abarca desde as pinturas medievais da igrexa da Vila do Medio ata as máis actuais, localizadas nas proximidades da Confraría de Pescadores de Burela. Aínda quedan...
leer másA Coral Polifónica de Burela organiza un concerto de outono para este sábado, 24 de outubro, ás 20:00 horas. Será no auditorio da Casa de Cultura burelá e, ademais da agrupación anfitrioa, participarán o coro Son Astur, de Oviedo, e o Coro dos Castros, de Cangas de Foz.
O Concello de Burela, que colabora nesta actividade, destaca que é “unha oportunidade para gozar da música e compartir unha tarde de cultura”.
Este venres, día 23 de outubro, a Casa Consistorial de Burela acollerá a formación titulada Autocuidado do profesional: o teu sistema nervioso como guía para unha práctica sostible con nenos, nenas e adolescentes, organizada pola asociación Alborada e impartida por Alba Burundarena, psicóloga sanitaria.
Será de 9:30 a 13:30 horas no salón de plenos do Concello de Burela.
O Concello de Burela tamén anuncia que a inscrición é gratuíta e hai que facela a través da web...
leer másO actor Xosé Antonio Touriñán chega á Casa da Cultura de Burela con Moi animal, “un monólogo cómico sobre a nosa peculiar relación co resto das especies”, explica o Concello, que engade: “querémolos, protexémolos, humanizámolos e mesmo lles poñemos roupa, pero a nosa relación con eles está chea de paradoxos. Desde os animais de compañía ata os lobos, pasando polos vexetarianos e os therians, Touriñán convídanos a rirnos da nosa propia maneira de entender o mundo animal”. Será o sábado 28 de novembro con dúas funcións: ás 18:30 e ás 21:00 horas.
As entradas están á venda en ataquilla.com.
O Concello de Burela abre o prazo de inscrición para participar no Mercado e Rastro de Nadal 2026, que se celebrará os días 28 e 29 de novembro na carpa da praza da Mariña, en horario de 10:30 a 20:30 horas.
“A iniciativa busca fomentar o comercio local, dar visibilidade á artesanía e á creación propia e promover a reutilización de produtos a través dun espazo dedicado aos artigos de segunda man”, explica o Concello de Burela, que engade: “o mercado organizarase en dúas zonas diferenciadas: a primeira estará destinada á artesanía, incluíndo decoración e artigos de Nadal, xoguetes e outros produtos de elaboración propia, tamén de alimentación. A segunda corresponderá ao rastro de segunda man, no que se poderán ofrecer artigos usados en bo estado, como roupa, complementos, libros ou xogos”.
O Concello de Burela...
leer másContinúa o Ciclo de Outono na Casa da Cultura de Burela coa obra para público adulto titulada Bio Construción, de Ibuprofeno Teatro. Será este venres, día 23 de outubro, ás 21:00 horas.
O Concello de Burela explica que é “unha proposta dirixida e interpretada por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, con música en directo de Macarena Montesinos. Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. O que comeza como un soño cheo de ilusión convértese en trinta anos de traballo e compromiso, lonxe do mundo”.
O prezo das entradas é de 5 euros e estarán á venda no despacho de billetes a partir das 20:00 horas.
O Concello de Burela continúa coa axenda cultural de outono da Casa da Cultura, unha proposta que reúne diferentes disciplinas artísticas e ofrece alternativas para públicos de todas as idades ata decembro.
“A programación de outubro arrancou o pasado venres co espectáculo O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger, de Tarabela Creativa, e Os descontacontos, de Galitoon, ademais do obradoiro de monicreques de calcetín”, explica o Concello de Burela, que engade: “de aquí en diante este ciclo de outono dará cabida ao teatro da man de compañías como Ibuprufeno Teatro, Trípode Teatro, Elefante Elegante, Neboa Events ou o grupo de teatro Ardora; ademáis do monólogo Moi Animal, de Touriñán, ou a proxección do documental Prisciliano e a Gallaecia”.
Tamén anuncia que “a música...
leer másCon motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama o Concello de Burela convida a toda a veciñanza a participar no lazo humano solidario organizado pola Asociación Española Contra o Cancro en colaboración co Concello. Será o luns 19 de outubro ás 11:00 horas na Praza do Concello.
O Concello de Burela explica que é “un xesto colectivo para compartir un momento de solidariedade e apoio a todas as persoas que viven de preto esta realidade. Porque acompañar, estar e sumar tamén importa”.
O Concello de Burela celebrará do 19 ao 23 de outubro a II Semana da Infancia e Adolescencia, unha iniciativa impulsada polas áreas de Educación e Mocidade “para conmemorar os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, dar visibilidade ao recoñecemento de Burela como Cidade Amiga da Infancia e continuar traballando na renovación desta distinción”.
“A proposta dá continuidade á iniciativa posta en marcha en 2025 na Mesa Técnica da Infancia, que promove a celebración dunha semana ao ano dedicada aos dereitos da infancia e da adolescencia. A programación inclúe obradoiros e actividades arredor do bo trato, a igualdade, a saúde, a diversidade e o xogo, ademais de formacións e encontros dirixidos a diferentes públicos”, anuncia o Concello de Burela, que agradece “a implicación do persoal municipal de distintas áreas, en especial a Noelia Legazpi...
leer más












