Burela
Burela acollerá os días 12 e 13 de abril a quinta edición do Enduro Monte Castelo, que se estrea no calendario da Copa de España reforzando a súa proxección como proba de referencia nesta modalidade.
O deputado de Mocidade, Daniel García, participou este venres na
presentación do evento, organizado polo Club Cerezo Bikes co apoio da
Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Burela.
No acto, no que participaron a alcaldesa de Burela, Carmela López, o
tenente de alcaldesa, Mario Pillado, e o concelleiro de Deportes, Carlos
Madar, destacouse a singularidade do circuíto que combina tramos no
monte con tramos urbano, que permiten achegar o evento ao conxunto da
veciñanza.
Daniel Garcia subliñou “a importancia deste tipo de eventos para darlle
visibilidade a esta modalidade deportiva e abrir o abano de
...
Burela acollerá un ciclo de concertos, titulado Maraxes da Osa, que empezará o día 11 de abril, venres, coa actuación da cantante canaria Marilia Monzón.
Os organizadores explican que “Maraxes quere converterse nunha brisa suave que entre na Mariña de Lugo disfrazada de ciclo de concertos.
Damos inicio ao primeiro coa cantante e compositora Marilia Monzón”. Será o venres 11 de abril ás 21:00 horas (apertura de portas ás 20:30) na Casa da Cultura.
A segunda actuación do ciclo será da cantante e compositora Mercedes Cañas o sábado 10 de maio ás 21:00 horas (apertura de portas ás 20:30), tamén na Casa da Cultura de Burela.
As entradas para estes dous concertos están á venda na web www.wegow.com.
O Concello de Burela organiza un encontro entre empresas e axentes de emprego o vindeiro mércores, día 19 de marzo, ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello. O obxectivo é mellorar as oportunidades laborais na zona e facilitar a contratación de profesionais cualificados.
Neste evento as empresas locais poderán coñecer os servizos que ofrece a Orientadora Laboral do Concello de Burela, un servizo subvencionado con fondos autonómicos, así como as propostas formativas dispoñibles no Centro de Formación Ocupacional.
O Concello de Burela explica que a xornada “tamén contará coa participación de representantes da Cofradía de Pescadores, Cruz Roja e do Centro de Refuxiados de Burela da ONG Rescate Internacional. Durante o evento as empresas poderán obter información sobre os perfís profesionais demandados no mercado...
leer másEste sábado, día 15 de marzo, Burela converterase na sede da I Fase Norte do VII Torneo Interescolas, unha competición que reunirá preto de 700 ximnastas procedentes das provincias de Lugo e A Coruña e da comunidade asturiana.
Nesta primeira etapa as participantes competirán co obxectivo de acadar as mellores puntuacións de cara á II Fase, que se celebrará o 17 de maio en Negreira. E os equipos mellor cualificados en ambas fases obterán a clasificación para a final, que terá lugar en Ourense o 28 de xuño.
O evento está organizado pola Escola Porta Norte, club local que competirá cun total de 50 ximnastas na modalidade de conxuntos, e conta coa colaboración do Concello de Burela.
A xornada de competición iniciarase pola mañá ás 9:30 horas e continuará pola tarde a partir das 16:30 horas,...
leer másO martes 11 de marzo terá lugar o obradoiro titulado Coñece a túa peri/menopausia no salón de conferencias, da antiga biblioteca municipal de Burela, de 18:00 a 20:00 horas.
Está dirixido a mulleres de 40 a 70 anos e impartirao María González Cociña, matrona e directora do Centro M Burela, no marco da programación polo 8M organizada polo Concello de Burela.
A entrada é libre sen inscrición previa.
As festas patronais de Burela celebraranse desde o día 23 de maio ata o 3 de xuño.
Os organizadores anuncian: “as Patronais de Burela 2025 xa están en marcha! Este ano a Asociación de Hostelería de Burela levará a organización das festas, contando coa colaboración de todas as entidades que veñen participando dende hai anos: ACIA, Arume, Dambara, Ledicia, Encaixeiras, Burela Floral, Coral, Representante de porteadores, ademais do Concello de Burela e a Cofradía de Pescadores. As festas son de todos e todas, así que se algunha entidades ou persoa quere colaborar, pode poñerse en contacto con nós”.
O conxunto feminino do Burela FS volveuse a enfrontar ao Ence Marín Futsal tres días despois do partido de liga da xornada 22, nesta ocasión, no encontro da semifinal da XVIII Copa de Galicia, celebrada ás 21.00h da tarde de onte no pavillón municipal A Raña de Marín. Tras sufrir tres baixas de última hora, Dinha, Caridad e Cami, sumándose ás baixas xa previstas (Carolina Pedreira e Irene Samper), o conxunto mariñán dominou o encontro non dando tregua ás locais e indo ao descanso cun 1-3 nunha primeira parte na que o Marín perde máis que gaña xogando de cinco durante os segundos 10 minutos. Segunda parte con moita posesión do balón para o Burela aínda que menos goles.
Arrinca cun xogo máis igualado e manténdose o marcador durante os primeiros 10 minutos. Téntao o conxunto de More con xogo de 5 para catro, con Miriam de porteira-xogadora,...
leer másO Concello de Burela organiza dous obradoiros de solo pelviano que se desenvolverán este venres, día 7 de marzo, e o luns 10, na Praza de Abastos.
“Se es muller e queres coidar da túa saúde pelviana este obradoiro é para ti. Lara Bello, fisioterapeuta especializada en pelviperineoloxía, acompañarate nunha sesión teórico práctica para coñecer e traballar esta parte tan importante do corpo. As datas a elixir son o venres 7 de 10:00 a 12:30 horas ou o luns 10 de 17:00 a 19:30 horas”, anuncia o Concello de Burela.
As prazas son limitadas e para participar hai que inscribirse previamente na Casa do Concello.
Teatro dos Ghazafelhos presentará na Casa de Cultura de Burela a obra titulada As pitas baixo a choiva. Será o día 8 de marzo, sábado, ás 18:00 horas.
É o peza teatral para público familiar de Pepablo Patinho baseada nun relato de Ricardo Carvalho Calero.
O prezo da entrada é de 3 euros.
O Concello de Burela conmemorará o 8M, Día da Muller, con diferentes actividades que comezarán o día 7 de marzo, venres.
Ese día terá lugar ás 13:00 horas na praza do Concello a lectura do manifesto institucional por esta data. Tamén será a proxección do filme galego ‘O Corno’ ás 20:30 na Casa da Cultura.
Así mesmo, o 7 de marzo comezarán os obradoiros “Solo pelviano” na Praza de Abastos de 10:00 a 12:30. A cita repetirase o 10 de marzo de 17:00 a 19:30. En ambos casos o taller estará impartido pola fisioterapeuta especialista en pelviperineoloxía Lara Bello.
Ao día seguinte, o 11 de marzo, será o obradoiro “Coñece a túa peri/menopausia” de 18:00 a 20:00 no salón de conferencias. Impartirá María González Cociña, directora do centro M.
Ambos talleres serán de...
leer más