Bicicleta
Xove celebrará o Día da Bicicleta o día 22 de setembro, domingo, desde as 11:00 horas.
A organización do evento anuncia: “o día 22 de setembro de 2024 ás 11 da mañá vamos celebrar o Día da Bici en Xove. As inscricións serán antes da saída e todos os menores de idade necesitarán unha autorización paterna. Para os máis maiores será un percorrido duns 10 quilómetros e para os pequenos farase unha pequena ruta circular. Tamén contaremos con estruturas de pump track na Praza do Concello antes da ruta e haberá un avituallamento ó rematar a ruta e un sorteo”.
O evento foi presentado esta mañá co Campo de San Francisco con asistencia do alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o xefe comercial de La Voz de Galicia en A Mariña e Ferrol, Luis García, o técnico municipal de Deportes, Iván López, así como representantes das empresas colaboradoras.
A concentración dos participantes está prevista para as 10:30 horas das inmediacións da Casa do Concello. E a saída está prevista para as 11 da mañá. Haberá camisetas de regalo para todos os participantes, así como outros agasallos doados por BeOne, Decathlon, Deportes Docobo, La Moda Sport, Cerezo Bikes, Pillabikes, Club Ciclista Eo e Hola Ola.
O Día da Bicicleta conta co patrocinio de Vegalsa. A xornada está promovida por La Voz de Galicia e RadioVoz.
Desde a Concellería...
leer másA Delegación de Deportes do Concello do Valadouro organiza o II Día da Bicicleta, que se desenvolverá o 17 de agosto.
A saída está prevista para as 17:00 horas A recepción de inscritos e de camisetas de 16:00 a 17:00 horas.
Haberá unha ruta familiar, para nen@s menores de 12 anos, acompañados dun adulto responsable.
Desde a Delegación de Deportes explican: “local social Concepción Arenal (antigo Matadoiro) e explanada para a saída da ruta. Avituallamento a metade de ruta. Sorteo de material deportivo ao final da Ruta”.
Inscrición previa nas oficinas da Casa da Cultura de 9:00 a 13:30 ata o venres 16 de agosto.
O próximo 19 de novembro terá lugar a II Ruta BTT A.D. Augas Santas, unha proba non competitiva de bicicleta de montaña organizada pola Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros e que conta coa colaboración do Concello de Barreiros, da Área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e de varios patrocinadores máis.
O evento foi presentado este domingo coa presenza de Marta Castrillón, presidenta do clube organizador, Pablo Castrillón e Diego Carregal, membros da directiva, Dani García, deputado provincial e concelleiro de deportes do Concello de Barreiros, e ManuelOtero, xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia.
A proba contará cun percorrido de 34 km.e un desnivel positivo de 1100 m. Dentro das novidades deste ano engádese a opción de...
leer másA Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz organiza a Festa da Bicicleta Solidaria este domingo, 24 de setembro.
A actividade empezará ás 11:30 horas no parque municipal de tráfico. Haberá agasallos para todas e todos os participantes e sortearanse tres vales de 200 euros.
Para participar hai que aportar un quilo de alimentos. A inscrición está aberta ata o 22 de setembro a través do correo electrónico bici@concellodefoz.es.
Desde a organización explican que “o dia 24 de setembro as 11 da mañá vamos celebrar o dia da bici en Xove, invitámosvos a todos os que queirades a pasar unha boa mañá de bici”.
As inscricións serán antes da saída (todos os menores de idade necesitarán unha autorización paterna).
Para os mais maiores será unha ruta circular duns 10 quilómetros e para os pequenos contaremos cunha estrutura na praza do Concello.
Haberá un avituallamento ao rematar a ruta e un sorteo.
Organiza o evento o Club Ciclista Komando Xoviético coa colaboración de Xove Costa Trail, Concello de Xove e ACD Xove.
O 3 de setembro terá lugar o Día da Bicicleta en Ribadeo. O evento foi presentado no Concello.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “estamos moi contentos de volver recuperar este evento deportivo tras a pandemia da covid, debido á paixón que hai pola bicicleta en Ribadeo. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia que promova de novo a celebración deste día no que agardamos reunir a unhas 200 ou 300 persoas”.
O edil contou que “nos concentraremos o 3 de setembro ás 10:30 horas diante do Concello, desde onde sairemos ás 11 da mañá. Os participantes percorrerán as rúas do casco urbano ata o Faro para retornar despois ao punto de partida. Aquí a carón do Pazo de Ibáñez realizaremos un sorteo de agasallos, entre os que contaremos cunha bicicleta. Animamos ás familias a acudir a esta cita na que estou convencido...
leer másO 3 de setembro en Riotorto terá lugar a tercera edición da ruta de cicloturismo “Desafío do ferro”.
O 3 de setembro en Riotorto celebrarase a terceira edición da ruta pola montaña en bicicleta “Desafío do ferro”, organizada pola asociación do mesmo nome. O circuíto comeza e remata en Riotorto, pasando pola Pontenova. Queda á elección de cada participante a distancia do desafío, a escoller entre dúas opcións: 50 km ou 29 km.
As inscricións poderán realizarse antes do 29 de agosto na páxina web...
leer másComo é percorrer 10.000 millas en bici pola cidade repartindo comida a domicilio? Que acontece con esa experiencia en mans de quen ten capacidade de facer con ela literatura? Que nos aprende de nos e do noso entorno?
Este venres, 12 de maio, ás oito e media da tarde, estará na Librería Bahía, de Foz, Xabier Cid para falar de todos estes temas presentes no seu libro “10.000 millas de andar na bici”.
Trátase dunha actividade enmarcada no programa do club de lectura A carón dos libros, que é aberta para todo o público.
O 9 de xullo celebrarase o I Día da Bicicleta no Valadouro. Será unha ruta de 14 quilómetros. Desde o Concello sinalan: “lembrámosvos a celebración o 9 de xullo do I Día da Bicicleta, que organiza a Delegación de Deportes do Concello do Valadouro dirixida polo concelleiro Eliseo Teijeiro”. E engaden: “trátase dunha actividade de lecer para disfrutar con toda a familia e amigos, que consistirá nunha ruta sinxela de 14 quilómetros con avituallamento e sorteos de lotes de produtos entre todos os participantes”.
A inscrición de balde pódese efectuar nas oficinas da Casa da Cultura ata o 2 de xullo de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. A retirada de camisetas e dorsais será o mesmo día 9 de xullo a partir das 16:00 horas no Local Social do Parque Concepción Arenal.